Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!


01 diciembre 2013

Ensaio 1 de decembro 2013, máis fotos.

Hoxe domingo 1 de decembro, xustamente unha semana antes do esperado concerto-reunión, sacamos moitas fotos durante o tempo de ensaio para compartir con todos vós neste blog. Este empeño e dedicación por parte de todos nós merece ser mencionado e a ver se así somos a inspiración e motivación para que outra xente tome exemplo. QUERER É PODER, amigos!

Comentar tamén que invitamos a tocar con nós ós fillos de antigos compoñentes, que hoxe tamén son músicos, e é un grande orgullo adoptalos como parte desta mítica familia musical.




No hay comentarios:

Publicar un comentario