tag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post7526611876369420717..comments2022-05-26T22:38:42.325+02:00Comments on Blog da Banda de música infantil de Taragoña: COMENTARIOadministradorhttp://www.blogger.com/profile/11013546077536067791noreply@blogger.comBlogger135125tag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-73703137501459946572010-07-02T22:58:14.587+02:002010-07-02T22:58:14.587+02:00Aquí de novo para anunciar que xa puxen un novo ví...Aquí de novo para anunciar que xa puxen un novo vídeo en youTube. Pani, se queres podes poñer o enlace ou, xa sabedes, ides directo a Chanyland.
Chao...!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-56931004951882399662010-07-02T22:20:20.107+02:002010-07-02T22:20:20.107+02:00¿Que tal?
!Sorpresa! Hoxe por 1ª vez escribo neste...¿Que tal?
!Sorpresa! Hoxe por 1ª vez escribo neste blog desde Taragoña; pois si, aquí cheguei o Martes 29 despois dun longo voo desde terras estadounidenses. Aínda non tiven ocasión de ver a moita xente pero a algúns dos nosos compañeiros xa os reencontrei e espero ir vendo máis caras coñecidas pouco a pouco.
Pois anúnciovos que andiven a remexer nalgúns caixóns hoxe mesmo e non vos podedes imaxinar a de cousas que atopei, entre algunhas fotos máis daquela nosa era como as que sacáramos para a propaganda da orquesta Amalgama, conservos uns cantos afiches (creo que así lles chamaban) e teño moitas follas que nos daba o Centro Cultural co estado de contas onde indican o que se cobraba polos concertos, os gastos que había,… e o mellor de todo, o nome dos diversos pobos ós que fomos actuar ¡hai que ver como son eu! Conservando papeliños e montóns de cousas que ó cabo dos anos moito gusto e emoción me dou velos. Ata atopei unha foto ca que me rin un pouco que me sacaran na escola cun fondo de tela con “Heidi e Pedro”, aqueles personaxes dos debuxos animados que creo nos marcaron a moitos e dos que non nos perdiamos capítulo. ¡Cantos recordos tan emocinais! ¡Non vos dades unha idea!
Ben, pois pouco a pouco gustaríame compartir con todos vós algunhas destas reliquias pero ando algo liada estes días e necesito algún tempo para traballar no asunto. Os días son moi longos aquí, sen embargo parece que non me chegan a nada.
A ver se vou atopando algo máis e xa vos poñerei ó día. Xa me vou por hoxe e mando unha aperta para todos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-19392312520448661532010-06-20T02:40:20.297+02:002010-06-20T02:40:20.297+02:00¿Que tal, todos?
Pois aquí só un instatiño para sa...¿Que tal, todos?
Pois aquí só un instatiño para saúdar porque non vos podedes imaxinar o liada que levo desde hai polo menos 1 mes e sigo uns días máis.
En realidade teño un novo vídeo desde xa hai un tempo pero aínda non tiven oportunidade de subilo en youTube, a ver se lle toca un día destes.
Pois decir tamén que non sei se alguén se asomou polo blog de Tubío; se así foi, xa veríades as súas pinturas e esperemos que nos deleite con moitas máis, aínda que xa imaxino que cada cadro leva o seu tempo, sobre todo se un sólo lle dedica os momentos de ocio.
Ben, eu xa vos deixo por hoxe, xa teredes novas un pouco máis para diante.
¡Unha aperta!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-84751261892599621162010-06-19T17:32:08.179+02:002010-06-19T17:32:08.179+02:00Aquí non escribe ninguén... Agardo q non sexa por ...Aquí non escribe ninguén... Agardo q non sexa por ter interferido os maiores (jajaja). Para información de todos, os albumes de fotos foron devoltos novamente ó arquivo do centro polo noso administrador José A. (Pani para os amigos).J.B. Tubiohttps://www.blogger.com/profile/02046403409103068244noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-91194919215312366802010-05-11T13:53:06.149+02:002010-05-11T13:53:06.149+02:00Ocorreume que por problemas co ordenador, houbo q ...Ocorreume que por problemas co ordenador, houbo q formatear o disco duro. Logo tiven q configurar de novo a conta de Googel, porque non me recoñecía e as mensaxes aparecían como anónimo. Bueno... debido a ese lío, agora aparezo por partida dobre. Se me lee o Admin, a ver se pode arreglalo.J.B. Tubiohttps://www.blogger.com/profile/02046403409103068244noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-753292715237721692010-05-09T00:52:43.246+02:002010-05-09T00:52:43.246+02:00¿Que tal?
Pois alégrome ver que hai algún comentar...¿Que tal?
Pois alégrome ver que hai algún comentario novo e a impresión que recollo é que andades na búsqueda do vídeo da TV de Galicia; sería unha boa idea collelo se dan esta oportunidade.
Tubío, ¿que pasou? ¿Agora apareces 2 veces de seguidor ou que? Por un instante quedei un pouco confundida e pensei que se engadira Tubío o de Cespón, o que tamén fora profesor noso de música, pero parece que non é así.
Direivos que as fotos que saen aquí téñoas todas descargadas no meu ordenador como xa vos podedes imaxinar, do contrario ¿como podería facer os vídeos se nos as tivese? Sigo e explico que algunhas das últimas fotos están en moi malas condicións e tratei de restauralas un pouco cun programa que teño e obtiven algún éxito. Este programiña é moi caseiro, moi cutre e hai que ter moita paciencia porque, eso si, leva un montón de tempo facer as correcións. Pois nada, aquí as vou conservar, que sepades que mando CD´s para a casa para que eles teñan tamén unha copia e tamén fixen copias dalgunhas fotos e xa llas mandei por correo hai tempo. Que conste que eu aquí sempre tiven unha foto colocadiña nun marco, que é xustamente a que estamos na aula de cultura mentres fala Ramón Piñeiro. Trouxen conmigo a revista que había polo Centro e daí fixen o escaneo para imprimir a foto. Agora xa puxen outras novas das que saen neste blog.
É todo o que se me ocurre por hoxe, ¡ala! para que non me botedes de menos, je,je!
¡Vaia! decir tamén que finalmente aprendín que se pode escribir e logo copiar o texto no blog, o cal é fantástico. Vou evolucionando pouco a pouco, coma nos comentarios do principio que aínda non sabía configurar o teclado do portátil para o idioma español e hai que ver como quedaron de mal escritos…argggg!! eses acentos tan extraños….Mil disculpas.
!Sen máis, saúdos a todos!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-31678799034665010082010-05-06T20:12:44.009+02:002010-05-06T20:12:44.009+02:00Ola de novo:
Agradecerlle o comentario a “profeman...Ola de novo:
Agradecerlle o comentario a “profemanolo”. E que perdoe o despiste porque non sei con certeza quen me escribe. Adiviño si será Manuel Angel de Paradela, antigo bombardino da Banda e profe actual no proxecto de Banda de Música da Pobra. Se me equivoco... perdoade.J.B. Tubiohttps://www.blogger.com/profile/02046403409103068244noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-27202324478029522112010-05-06T11:58:30.946+02:002010-05-06T11:58:30.946+02:00A propósito de tema, acabo de recibir esta mensaxe...A propósito de tema, acabo de recibir esta mensaxe no correo_e, sobre o asunto "Palcos da Música". Sorprendeume que haxa q pagar 40 € e que sexa por un tempo limitado de un ano. Non sei que opinión vos merece. Xunto copia do texto recibido.

Ola bos días:
A petición das imáxes solicitadas teñen un prezo de 40€, tarifa mínima para as ímáxes vía (blog e web). Temos un impreso de cesión o distribución das imáxes solicitadas, por un ano. Selección de 5 minuto (5´).

Esperando contestación.

Grazas.
Un saúdo.

Fernando Mitchell Esclusa
Explotación Arquivo CRTVG
Servizo de Documentación e Arquivo
+34981540842
empresas.documentacion@crtvg.es
fernando.mitchell@crtvg.esJ.B. Tubiohttps://www.blogger.com/profile/02046403409103068244noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-68874723230424386662010-05-05T00:20:38.927+02:002010-05-05T00:20:38.927+02:00Ola Tubío:
Efectivamente,o programa do que falas e...Ola Tubío:
Efectivamente,o programa do que falas era "O palco da música" e si, soñei quince días co de "prevenidos".Xa levo anos detrás dese vídeo e díxome Gayoso que habería que escribirlle unha cartiña á Dirección da TVG solicitando o material. Díxome tamén que, ao mellor, non se podería conseguir polo tempo que pasou, pero que, en todo caso, ese era o camiño.
Dunha volta faleille del a Xosé Luís, pero debeu esquecelo.
Recibe unha agarimosa aperta.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-28030047893299164112010-05-01T13:27:11.655+02:002010-05-01T13:27:11.655+02:00Ola...
Debido a unha nova configuración do ordena...Ola...
Debido a unha nova configuración do ordenador e para identificarme máis facilmente, o último comentario é de TubioJ.B. Tubiohttps://www.blogger.com/profile/02046403409103068244noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-86658613157248916552010-05-01T13:13:39.501+02:002010-05-01T13:13:39.501+02:00Ola a tod@s.
A pereza por escribir parece que está...Ola a tod@s.
A pereza por escribir parece que está condicionando o funcionamento desta páxina. No último comentario de Charo percíbese unha certa desilusión por este motivo. Para animala direille que son máis as visitas que os participantes e que continúe escribindo xa que son moitos os que len. Para os que estades máis lonxe infórmovos dalgunha nova. O noso equipo de fútbol masculino (porque tamén hai un feminino), logrou manter a categoría en segunda rexional con bastantes apuros, para a próxima temporada estrea unhas instalacións remozadas, pero esta vez non estará a Banda Infantil para animar o acontecemento, coma a última vez. O pintor Raúl Burés ven realizando un importante traballo artístico. Acadou numerosos premios en diversos certames que mostran a calidade deste taragoñés. Imparte clases a moitos alumnos e os sábados faino no Centro Cultural para un grupo maiormente de adultos, entre os que me encontro. Hoxe, primeiro de maio, andan todos coas flores amarelas nos coches, nas portas das casas..., en Rianxo estase celebrando os tradicionais actos de misa e ofrenda floral ós mariñeiros falecidos no mar (todo moi conservador... jajaja). Que alguén conte algo máis... Chao.J.B. Tubiohttps://www.blogger.com/profile/02046403409103068244noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-33638591444778852732010-04-22T00:23:47.962+02:002010-04-22T00:23:47.962+02:00¡Sáudos!
Unhas cantas palabras, que xa anticipo va...¡Sáudos!
Unhas cantas palabras, que xa anticipo van ser reiterativas, para expresar que foi un inmenso deleite navegar polo historia desta nosa banda a través desde blog e reconectar despois de tantos anos con tanta xente que formou parte das nosas vidas e do noso entorno.
Aquí nos quedan algunhas das nosas anécdotas e comentarios que seguro nos trouxeron a todos moi entrañables recordos. Para min personalmente foi un pracer participar no blog e puxen todo da miña parte para deixar o meu grao de area. Só quería decir eso básicamente dado que xa non teño moito máis que engadir. Gracias a todos por estar aí e aquí me tendes se necesitades unha man amiga.
!Unha aperta a todos!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-12173271802232962352010-04-01T16:01:38.080+02:002010-04-01T16:01:38.080+02:00¡Saúdos a todos!
Xa fai uns días que non asomo por...¡Saúdos a todos!
Xa fai uns días que non asomo por aquí e xa vexo que ninguén escribiu desde aquela.
Ben, pois desexarvos que pasedes unhas boas vacacións de semana santa; xa me imaxino que está España paralizada estes días de ocio.
Agora probablemente sexa o turno de calquera manda de música existente nestes días de participar naquelas procesións tan multitudinarias e inacabables que se celebran por todo Galicia.
Estaría ben ir ata Fisterra saber quen son os pringadiños de turno, ja ja ja!, se é que aínda seguen aquela tradición...
Eu tamén vou aproveitar estes días para disfrutar un pouco e o mesmo vos desexo.
Unha aperta.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-43232308310925446992010-03-19T23:49:38.209+01:002010-03-19T23:49:38.209+01:00¿Que tal?
Pois ante todo felicitar a tódolos "...¿Que tal?
Pois ante todo felicitar a tódolos "Josés" e para ti, María José, dobles felicidades.
Agora vou facer referencia ó comentario de Tubío sobre o tema da TVG. Eu recordo de ir Ana e máis eu invitadas á grabación dun programa en San Marcos, pero creo que fora ca orquesta Amalgama, pois nolas dúas xa non tocábamos, daí que estivéramos detrás do telón. Recordo de estar nos camerinos mentras se mudaban e maquillaban as rapazas e logo no público durante a grabación xa que o programa non era en directo; do que non me acordo é do nome de dito programa para nada. Pois como ti dis, Tubío, imaxino que tera que haber algún récord desta grabación; sería interesante averiguar.
Ben, xa vos deixo polo momento para seguir cas miñas cousas.
Unha aperta.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-79273617036802515472010-03-18T16:46:42.174+01:002010-03-18T16:46:42.174+01:00Falando de recuperar vídeos, lembreime dunha actua...Falando de recuperar vídeos, lembreime dunha actuación da Banda na TVGA. Coido que o programa se chamaba Palcos da Música. Tocárame a acompañarvos a realizar a gravación ós estudios de San Marcos en Santiago. Non sabería precisar en que ano tivo lugar, só me lembro de algúns detalles como os problemas técnicos da televisión a hora de gravar. Despois de varios intentos, escoitando a orde de “prevenidos”, os equipos non funcionaban e volta a esperar... Ante tal situación, pedímoslles uns momentos de pausa para relaxamento dos músicos e tomar uns refrescos. Logo todo funcionou correctamente e puido realizarse a gravación. Seguramente algún membro da Banda poderá aportar máis información. Agora tocaría recuperar esas imaxes para poñelas a disposición de todos nesta páxina.José Tubíohttps://www.blogger.com/profile/05903897581681786114noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-69959404966216335082010-03-16T16:41:18.943+01:002010-03-16T16:41:18.943+01:00¡Ola de novo!
Pois decirvos que estiven a preparar...¡Ola de novo!
Pois decirvos que estiven a preparar un novo vídeo e levoume o seu tempo. Esta vez o tema é exclusivamente o festival de "ZARZUELA" que tivo lugar naquel Xuño de 1980 no CCD. Intentei recrear o espectáculo e espero que lle desperte bos recordos a todo o mundo.
Unha vez máis, no seguinte canal é onde o podedes ver: www.youtube.com/chanyland
Pani, mira o e-mail para máis referencia antes de poñer o enlace.
Ben, apuntar que me acordaba de ver polo centro algunhas fotos da banda de cornetas e alegreime tamén de ver as que desfilan polo colexio de Rianxo, onde fixen os meus cursos de 5º a 8º de EXB e coñecín a cantidade de rapaces de todo o axuntamento e imaxino que o mesmo vos pasaría a moitos de vós.
Xa me vou indo. Ata o próximo comentario.
Saúdos a todos e gracias Tubío polo comentado arriba.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-48916048838172289042010-03-13T20:07:19.375+01:002010-03-13T20:07:19.375+01:00Ola a tod@s:
Acabo de chegar dunha viaxe cultural ...Ola a tod@s:
Acabo de chegar dunha viaxe cultural por Granada e alégrome de ver novas fotos e de poder ler algúns novos comentarios. Dicirvos que levamos prestados tres álbums de fotos que quedamos de devolver ó Centro, á medida en que se vai rematando de colgar as imaxes. Comparto a idea de Esperante para poñer o maior coidado en conservar todo este material. Para adquirir unhas vitrinas habería que falar co actual presidente e ver que posibilidades hai para levar a cabo esta proposta. Entre tanto, volveremos a depositar este material no Centro. O feito de poñelas nesta páxina axuda a que non se perdan. As placas e o Método de solfeo de Teresita quitámoslle unhas fotos e deixámolas onde estaban. Para rematar, saúdos a todos, especialmente para Charo, polos seus comentarios e por manter as raíces culturais.José Tubíohttps://www.blogger.com/profile/05903897581681786114noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-7926862742355724222010-03-11T19:20:42.193+01:002010-03-11T19:20:42.193+01:00Hai que ver que cantidade de fotos da ZARZUELA ¡ca...Hai que ver que cantidade de fotos da ZARZUELA ¡cantos recordos! Tamé se nos ve a nós, os da orquesta, pendentes do espectáculo no descanso entre nota e nota.
Ben, xa con tanto material novo me animei a empezar con outra vídeo montaxe ¡my pleasure!
Teredes que esperar uns días, a ver se entretanto se van engadindo máis cousas. Xa me ides chamar a dos vídeos, pero por se aínda nos vos destes conta, as foto montaxes e vídeos son o meu hobby; dedícolle horas e nunca me canso, ás veces xa me choran os ollos de tanta addición.
Cabe expresar e agradecer a dedicación de Pani, Tubío e Juan no rescate que efectuaron, que non o mencionei antes.
Tamén igual considerades esaxerada a miña alegría, pero hai uns anos cando cheguei a este país, tiven un mestre que nos dixera que un, non importa a onde queira que vaia, non debe esquecer nunca as súas raíces e debe levar con orgullo o seu pasado e se pudera ser, compartilo co resto do mundo. Esto comentárao a raíz de que algunha xente se quería "americanizar" a toda costa, e o importante é ADAPTARSE a unha nova cultura ou forma de vida, pero sen nunca esquecer a propia.
¡Vaia discurso que vos dei! Así que xa vos deixo por agora.
Bicos.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-8673129311005357022010-03-10T01:37:32.104+01:002010-03-10T01:37:32.104+01:00¿Que tal?
Pois comentar que estou totalmente dacor...¿Que tal?
Pois comentar que estou totalmente dacordo en que se debe gardar coidadosamente este material, pero non sei que decir, pois no centro aí nos tiñan arrinconados, sen moito afán por recuperar nada dos vellos tempos. Estaría ben a idea sempre e cando Pani- diría eu, xa que foi o cerebro que se aventurou a reunirnos a todos neste blog- se encargase personalmente de supervisar e se facer responsable polas nosas pertenencias, xa que nós somos os principais interesados e debémolas protexer a toda costa. Dado que en Taragoña non temos ningún museo (que eu sepa), haberá que atopar algún sitio ideal, solo espero que elixades ben e responsablemente.
Xa vexo que se puxeron estas fotos en Campos de Pazos, ¡que vida lle dábamos nós á vella praza e ós arredores! ¿Non si? Pois claro, coma nós non haberá outros. Atrévome a decir que fomos uns rapaces do máis felices, todos sen excepción.
Ben, xa vos deixo que me estou a poñer moi nostálxica.
Unha forte aperta!!!!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-54666213647212502562010-03-09T23:06:03.186+01:002010-03-09T23:06:03.186+01:00Hola a todos de novo. Estou totalmente dacordo co ...Hola a todos de novo. Estou totalmente dacordo co que dis Esperante, o material todo da banda debe permanecer no Centro e en ningún outro sitio nin nas mans de ninguén alleo. Estaría ó alcance de calquera para poder velo. E o mellor lugar e creo que todo o mundo estará dacordo con eso. Un saúdo. María José.Unknownhttps://www.blogger.com/profile/12183073041321246740noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-89706310625848178472010-03-09T19:35:45.204+01:002010-03-09T19:35:45.204+01:00Case dous meses sin "a Banda"... i a rel...Case dous meses sin "a Banda"... i a releer todolos vosos comentarios. A mais dos de sempre (Charo, Teresa, Tubío, María José...), outros novos. Benvidos todos.
Un comentario de Tubío (do 3 de Febreiro), acerca dunha postal que se recibeu no Centro sin mais dirección que BANDA DE MJUSICA INFANTIL DE TARAGOÑA... prendeu a mecha para que Charo puxera en revolución a todo o mundo: había que conseguir canto material fora posible r4especto da Banda... e os resultados están ahí. Nora boa os "sabuesos investigadores". As primeiras mostras xá noas colgou inmediatamente Pani.
E seguindo con esto, pregúntome ¿qué se vai facer con todo o material físico?. Albumes, fotos, placas diversas, partituras, métodos de solfeo, carteis, programas...etc.etc.?.
Sin pensar moito mais, coido que o millor lugar podería ser o propio Centro Cultural. Xá sei que alí xá está... pero de qué maneira. Penso que podería deseñar e facedr unha boa vitrina de madiera e cristal, cn varias repisas e cas medidas suficientes para expoñer todo o material
e documentación que se conseguira.
É unha idea que me veu a cachola sin mais. Non sei que opinaredes vos. Eu estou vendo na mesma vitrina un bo letreiro que poña BANDA INFANTIL DE MUSICA DE TARAGOÑA (1.978 - ), e ademais dos habituales visitantes do Centro, faría por levar cada curso, A TODOLOS ALUMNOS DO CAMPO DE MANEIRO...a que a coñeceran.
Cariñosa aperta para todos.Unknownhttps://www.blogger.com/profile/14904453694811052386noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-37116321108202089892010-03-09T01:17:25.257+01:002010-03-09T01:17:25.257+01:00¡Aquí me tendes novamente! Decir que hai un par de...¡Aquí me tendes novamente! Decir que hai un par de fotos nas que me encanta como me vexo. Unha é a que estamos de pé no Liceo de Noia e eu como que avistei a cámara e quedou unha instántanea fabulosa. Pero comentar que , eso si, estamos todos cunha seriedade pasmosa, parece que non nos permitiran sorir. A outra é na que está Esperante ó micro e tamén se ve un bo plano da miña querida irmán e máis eu e tamén estamos dun serio...
Que boa cousa que aparecese este novo material para facernos viaxar pola historia unha vez máis.
Ben, xa me vou por hoxe e sigo agardando por máis novedades.
Unha aperta.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-20422281605122768592010-03-07T23:09:16.714+01:002010-03-07T23:09:16.714+01:00Hola a todos, nos vindeiros días iredes vendo nova...Hola a todos, nos vindeiros días iredes vendo novas fotos "inéditas" atopadas nos arquivos do Centro. Xa vos daredes conta de que algunhas están bastante deterioradas polo paso do tempo, pero penso que é máis importante poder recuperalas que a calidade da imaxe en sí.
Xa se sabe que o noso blog é unha especie de museo, unha viaxe no tempo, unha volta ó pasado a través destes recordos que nos quedan.
Se ó ver as fotos vos veñen á cabeza fechas, lugares ou calquer tipo de dato interesante non dubidedes en compartilo con todos a través dalgún comentario.
Saúdos.administradorhttps://www.blogger.com/profile/11013546077536067791noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-45543915713674220062010-03-06T21:54:15.654+01:002010-03-06T21:54:15.654+01:00¿Que tal todos?
Pois xa me imaxinaba eu que algo t...¿Que tal todos?
Pois xa me imaxinaba eu que algo tería que aparecer, cando se busca disque sempre se atopa. Agora haberá que facer todo o posible para a conservación e mantenimento destas reliquias e deixalas para que as xeneracións futuras as poidan disfrutar. Serán os nosos grandes tesouros, quizáis pequenos para o resto do mundo, pero inmensamente importantes para nós, pois recrean aquela parte das nosas vidas tan particular e que tanto nos marcou.
Pani, empeza a poñer mans ó obra e deléitanos con esas adicións nestas páxinas canto antes. A ver, se como di Tubío, despertan algún recordo máis nas nosas mentes, é moi posible que si.
Non me fai falta decir que me alegro enormemente de escoitar estas boas novas e xa me vou indo por agora.
¡Unha aperta a todos!Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-592760233722159550.post-7815696908818049962010-03-06T17:31:04.808+01:002010-03-06T17:31:04.808+01:00Tal como quedamos, onte venres 5 de marzo, fomos ó...Tal como quedamos, onte venres 5 de marzo, fomos ó rescate das lembranzas da Banda Infantil. Comparecemos os tres voluntarios: Pani, Juan e Tubio. Recollemos as chaves na casa do actual presidente, José Carou, e comezamos as pesquisas. O primeiro encontro foi cun Método de solfeo do Progreso Musical (4ª Parte) de Teresa Lorenzo. Juan fixo o comentario: quen dominaba esta parte xa controlaba... Tamén atopamos unhas cantas placas conmemorativas que lembraban a Presentación da banda, do 8 de decembro de 1977, outra de Concertos Culturales do Colexio Peleteiro de Santiago, do 30 de Novembro do 1979. E varias do Certame de Bandas de Cangas do Morrazo dos anos 1985/1986 e 1988. Logo e máis importante atopamos cuns albuns de fotos con material xa esquecido e que farán lembrar momentos importantes a moita xente que participou no proxecto da Banda e do Centro. Xa vos irá presentado todo José Antonio (Pani) que ten agora o traballo máis duro para escanear as fotos e colgalas nesta páxina, en pequenas doses para darlle máis emoción. Coido que haberá sorpresas agradables... Para colaborar nos aspectos técnicos tamén se ofreceu Raúl Burés (O noso profe de pintura) co obxecto de mellorar a calidade das fotografías. E aínda quedou para outra ocasión a visita ó faiado, debido a que non puidemos abrir a porta.José Tubíohttps://www.blogger.com/profile/05903897581681786114noreply@blogger.com