Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



BO NADAL!

 

Un saúdo navideño para toda a familia musical e para os seguidores do noso blog.

Que haxa armonía e benestar nas vidas da xente, moita paz e igualdade para toda a humanidade. E por suposto, que nunca falte música nas nosas vidas!

 



Bo Nadal e feliz ano 2026.

 

Charo T.


48º aniversario

 

Saúdos a todos!

Hoxe recordamos que é o 48º aniversario da banda infantil.


“A música é unha forma de soñar xuntos e de ir a outra dimensión”.

Cecilia Bartoli, mezzosoprano

 

Grazas por visitar o noso blog.


Charo T.

Bo día dos músicos

 Hoxe recordamos unha actuación en Portosín nos anos 80 para celebrar o día dos músicos.



Un saúdo a todos os que seguen o noso blog. Grazas pola visita.


Charo T.



47º aniversario

 

Boas a todos os nosos seguidores no 47º aniversario da nosa banda infantil.

Que fermoso capítulo da vida o noso paso pola banda!

Para cada un de nós foi unha experiencia única e penso que embarcarse

 nesta aventura resultou ser do máis positivo e beneficioso

 para as nosas vidas.


Para rematar por hoxe, aquí deixo unha cita sobre os recordos

 e a música:

“Os nosos recordos da infancia son a miúdo

 fragmentos, breves momentos ou encontros, que

xuntos forman o álbum de recortes da nosa vida”.

Edith Eger


“En ocasións a música ten o poder de revivir os recordos con tal intensidade

 que a un ata lle doe o corazón”.

Haruki Murakami



Grazas por visitar o noso blog.


Charo T.



Día dos músicos

 Bo día da patrona dos músicos.

Hoxe volvemos ó pasado con esta foto de pasarrúas en Campos de Pazos. Había que ver canta vida lle dabamos a este currucho de Taragoña con aquel vai e ben de rapazada acudindo a diario ós nosos ensaios! Canta nostalxia...!


Un saúdo ós nosos seguidores. Grazas por visistar o noso blog.


Charo T.


46º Aniversario

Un saúdo a todos os nosos seguidores. Volvemos para recordar.

Temos na memoria aquel 8 de decembro do 78, a presentación da nosa banda. Aqueles foron anos marabillosos que son recordados con moita nostalxia. O vello cine era o noso punto de reunión para os ensaios; eu recordo chegar da escola, merendar e coller o estuche co clarinete e saír disparada para Campos de Pazos, apenas paraba na casa!  Eu creo que para todos nós naqueles anos a vida xiraba principalmente en torno a aquel local e todos tiñamos unha ansia enorme de chegar alí canto antes para estar xuntos tanto para xogar como nas leccións de solfeo e logo no ensaio xeral, con descanso incluido, e nunca había presa por marchar para a casa. Así pasaron uns cantos anos da nosa vida musical: ensaios a moreas, actuacións e polo medio un montón de aventuras que nunca imos olvidar. Hai que ver a de rapaces e rapazas que nos xuntamos de todas as aldeas de Taragoña e incluso viñan doutras parroquias; naquel momento creouse un preciado vínculo entre nós e o resto xa é historia.



Meus compañeiros! Xa choveu desde os anos da banda!


Hoxe tamén fai 10 anos daquela reunión do 2013, outro día moi especial que supuxo unha xuntanza case xeral despois dos 36 anos desde o concerto inaugural.

O seguinte é o enlace das fotos daquel día:

https://bandainfantiltaragonha.blogspot.com/2013/12/fotos-8-decembro-2013.html

Grazas por visitar o noso blog.


Por Charo T.






Banda músicaTaragoña-música e paisaxe


Moi boas á xente que nos segue neste blog. Aquí vos deixamos este vídeo xa anteriormente compartido que mostra imaxes do noso pobo, Taragoña, e fotos da banda. Creado por CHANYLAND, o meu canal en youTube, para este blog. Podedes ver máis vídeos no enlace de abaixo.





Grazas por visitar o noso blog. Saúdos!


Na música eternamente

 

Hoxe é un día triste para a música pois deixóunos Paco o Lorcho, para min meu tío Paco, quen formou parte moi importante na historia da nosa banda e quedará na nosa memoria como un músico grande, membro da mítica familia dos Pinchudos.

Toda unha vida dedicada á música, sempre cun sorriso; cantos momentos todos xuntos rodando de pobo en pobo e cantas anécdotas no camiño.

 Que descanse na paz! Bicos ó ceo!

 

 



http://
No ano 1980 dirixindo o festival de zarzuela.


Dirixindo na reunión do 2013.



No 40º aniversario da banda, ano 2017.
 


Por Charo T.




45º ANIVERSARIO

 

Un saúdo no 45º aniversario da banda infantil de Taragoña.

 Certamente, a vida sen música non sei se a podemos entender porque sempre estivo presente na vida do ser humano. A música fortalece, calma, evoca recordos, provoca emocións, conecta á xente e fainos sentir mellor pero mentres o mundo se deleita con melodías, detrás hai un músico adicando horas ó estudo e ó ensaio, sacrificando moito tempo da súa vida para que a humanidade sexa un pouco máis feliz.

 Que unhas notas musicais nos alegren sempre os días e nolos faga máis levadeiros.

 Aquí vos deixamos o recordo da nosa primeira actuación no 8 de decembro do 1977 e das nosas reunións no ano 2013, o 40º aniversario do CCD; no ano 2014 e no 2017, o 40º aniversario da banda.

 Grazas por recordar con nós e por visitar o noso blog.

 


 Por Charo T.