Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



Na prensa, decembro do 2013

Diario de Arousa - 12 de decembro, 2013

La Voz de Galicia - 14 de decembro, 2013

Saúdos do compañeiro Redondo

Boas a todos!

Transmitimos tamén saúdos do compañeiro Redondo que se atopa por Inglaterra, igual que Resúa, e comenta que lle gustaría ter vido a esta reunión pero que as circunstancias non llo permitiron.

Unha aperta de todos para el!

Saúdos do compañeiro Manuel Resúa

Unha mensaxe para todos os compoñentes da banda que ven do noso compañeiro Manuel Resúa de Escarabote, mandou ó correo deste blog unhas letras e manda un saúdo para todos nós e di que xa veu un vídeo da actuación en internet. Vive actualmente en Inglaterra e comenta que lle gustaría ter poder vido a esta reunión pero que non lle foi posible.
En nome de todos, unha aperta para ti e esperamos verte por aquí un día destes.
Saúdos! 

Foto actual que nos mandou o compañeiro Resúa

Fotos 8 decembro, 2013





Algunhas fotos do concerto celebrado no CCD Taragoña o 8 de decembro do 2013, xusto 36 anos despois da 1ª vez que a banda dera aquel concerto inaugural no ano 1977.
Agrádecese a colaboración de todos para aportar máis fotos, podedes mandar ó correo desde blog aquelas que vos interese compartir, inclusive as tomas de antes de empezar o concerto mentres charlabamos uns cos outros, esas que quedan con tanta naturalidade e tan auténticas!
Grazas a todos!

Programa do festival



















































FOTOS DO PÚBLICO
 A xente de Taragoña e arredores presenciando os actos do festival. Entre eles están moitas caras coñecidas, amigos, nosos pais, outros familiares e numerosos veciños.