Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



A Banda, 2ª xeración de músicos



Sr. Manolo O Pinchudo como director nesta etapa da banda.


























Ano 1985, actuación en Asados.

1986, en Madrid no centenario do nacemento de Castelao.

1990, homenaxe a Pucho Boedo en Pontevedra.

Fotos dun concerto no Campo de Maneiro en Xullo do 1987. Dámoslle as grazas a Ana de Porto do Son, compoñente desta banda naqueles días, por cedernos estas fotos para o blog.













En RUADA, na TV de Galicia

Saúdos de novo desde este blog da banda!
As seguintes son unhas fotos da 2ª xeración da banda infantil que foron sacadas do vídeo da actuación no programa RUADA da TV de Galicia. A calidade das fotos non é moi boa, pero espero que suficiente para avivar o recordo de todos.