Boas a todos!
Xa pasou un longo tempo desde a primeira vez que a banda dou o seu primeiro concerto. Aquí estamos para recordar de novo aquel 8 de decembro do ano 1977 cunha foto daquel día.
Un saúdo!
Banda Infantil de Taragoña
BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.
Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.
Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!
41º aniversario
Hoxe estamos de 41º aniversario. Este ano non se logrou facer concerto nin tampouco reunión para xantar pero esperemos que nos reunamos de novo noutra ocasión.
Para recordar a banda naqueles tempos, aquí vos deixamos este vídeo.
Un saúdo a todos e grazas pola vosa visita!
Reunidos nos recordos.
Un saúdo a todos!
Hoxe imos recordar o noso paso por "300 Millones" con estas fotos dunha pegatina que nos deran na TVE a cal aparece pegada nun cacho de papel ; está dedicada a Ana e firmada por detrás polo presentador da nosa actuación. Todos tiñamos unha que nos entregaran a entrada a Prado del Rey, a ver se vos trae recordos.
2017, concerto 40º aniversario
Moi boas a todos!
Volvemos para deixarvos fotos da nosa actuación de hoxe 8 de decembro do 2017, o 40º aniversario da nosa formación. Estamos orgullosos deste concerto e de seguir en certa maneira coa labor que empezamos catro décadas atrás. Algúns xa non están con nós e outros por diversas razóns non asistiron a esta acto de conmemoración pero temos igual un fermoso recordo de todos eles.
Grazas especiais a Che e Paco "Os Lorchos"por compartir con nós este día, non sería o mesmo sen eles.
Antes, este pequeno "intro": A banda
infantil de Taragoña digamos que pasou por varias fases; a primeira foi a dos
músicos fundadores, os que tocamos no concerto inaugural do 8 de decembro do
1977; o profesor José España Lorenzo estaba de director e José Ces Lorenzo (Che
o Lorcho) de subdirector.
![]() |
| No programa "300 Millones", José España Lorenzo dirixindo. |
![]() |
| José Ces Lorenzo dirixindo na Aula de Cultura de Santiago. |
Despois
o noso director na entrada dos 80 foi Prudencio Romo de Noia, un dos fundadores
do grupo “Los Tamara”, e como subdirector estaba Francisco Ces Lorenzo (Paco o
Lorcho).
![]() |
| Prudencio Romo dirixindo nun concerto en Portosín. |
![]() |
| Francisco Ces Lorenzo dirixindo no festival de zarzuela. |
Na nova
etapa como director estaba Manuel Lorenzo (Sr. Manolo o Pinchudo). Tamén moitos
dos seus músicos marcharon en busca de outros rumbos e finalmente esta banda
desapareceu.
No
medio tivemos a varios profesores como José Tubío que viña dar clases de
clarinete; estivo Yolanda Espiñeira que tamén nos dirixira durante un corto
prazo de tempo e daba clases de solfeo.
Na
banda pasou un pouco de todo; houbo que renovarse e adaptarse ás circunstancias.
Na vida
da banda hai que agradecer a toda esta xente arriba nomeada a súa dedicación e
profesionalidade; tamén foi unha grande ventaxa contar sempre co apoio de
Centro Cultural e Deportivo; os seus directivos naquela época fixeron un bo
traballo. Outro personaxe asociado á banda que non podemos deixar de
mencionar foi Sr. Vicente o Canteiro, quen sen ser músico, nin directivo, nin
director, nin pai ou avó de ningún de nós, acabou sendo un máis da familia; non
se perdeu unha soa actuación!
Os que
hoxe nos reunimos temos que agradecer o poder estar xuntos despois de tantos
anos, outros non chegaron a velo. Compañeiros
músicos, directores, graciñas a todos pola vosa cooperación, é un pracer contar sempre con
xente tan noble.
Grazas,
Pani, por ser o creador deste blog, así agora podemos vir atoparnos aquí cando nos entre a morriña.
Xa para todos vós, as fotos do 40º aniversario durante o concerto e no xantar.
Fotos do xantar no restaurante Casa Pachín despois do concerto.
Por Charo T.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


























































