Desde este blog queremos agradecer á asociación BARBANTIA a súa atención e o detalle de invitarnos a poñer a parte musical a este evento. Por suposto, mil grazas a todos os músicos que participaron, tanto ós antigos compoñentes da banda infantil de Taragoña, como ós das agrupacións musicais de Rianxo e Boiro que tamén nos acompañaron.
Unhas fotiños antes de empezar a función!
Fotos da actuación.
O noso compañeiro Bandín coa súa obra persoal tallada á man representando a Santa Cecilia; foi traída especialmente para lucir neste evento. |
O profesor descobre a peza de arte feita para el polo artista Che Tembra. |
E para rematar, Ana co profesor España nesta foto sacada por unha servidora porque ela foi a que fixo de fotógrafo para a banda no curso da nosa actuación. Graciñas, Ana, pola túa cooperación. |
Na portada do periódico "La Voz de Galicia". |
Este é un vídeo que resume o evento de onte. Esperamos que vos guste!
ENLACE ó periódico La Voz de Galicia para os que queirades ver as imaxes que publicaron:
http://www.lavozdegalicia.es/album/barbanza/2016/11/24/homenaje-barbantia-jose-ramon-espana-casa-pachin/01101479920201885903730.htm
Un saúdo a todos e grazas de novo por visitar o noso blog!
No hay comentarios:
Publicar un comentario