Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



Sta. Cecilia

 

Un saúdo!

Hoxe celebramos o día da patrona dos músicos e aquí vos deixamos estas fotos do ano 1978 nunha actuación no Liceo de Noia.





Recordamos que neste día sempre dabamos un concerto no CCD e tamén había actuacións doutros grupos musicais que nos acompañaban e como cada vez que se celebraba algún evento, o local do vello cine estaba repleto de espectadores.

Grazas por seguir o noso blog.

 

Charo T.