BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.
Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.
Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!
Queremos comentar que fomos invitados a
participar nunha homenaxe que a asociación BARBANTIA lle fai facer ó profesor
José España Lorenzo. Comentáronlles a algúns dos compañeiros da banda infantil
de Taragoña se se podería reunir a compoñentes desta nosa banda para tocar
unhas pezas o vindeiro día 22 denovembro nun acto que se vai celebrar en Casa
Pachín ás 8 da noite. A verdade é que xa vedes que foi todo notificado con moi
pouca antelación.
Desde este blog dirixímonos a todos os que un
día foron músicos da nosa banda para que saibades desta homenaxe, non queremos
que ninguén quede sen saber sobre esta noticia.
Os que queiran vir tocar este día 22, xa
sabedes, sodes benvidos como sempre. Hoxe xoves 17 tivemos un ensaio-reunión ás
5 da tarde nos locais do Centro Cultural de Taragoña e haberá outro ensaio o
luns día 21 ás 7 e media da tarde neste mesmo local.
As pezas que se planea tocar son:
Ponteareas
Churrusqueira
Lugo-Ferrol
Será un pracer contar con todos aqueles que
estean interesados en participar neste acto.
Unha aperta agarimosa a todos!
Engadimos unhas fotos dos días de ensaio.
O caixón das partituras que nos acompañou a todas partes, e que tamén facía de palestra, hoxe pousado no salón de actos no local do CCD.
Hoxe imos seguir compartindo algo novo porque
eu sígome a sorprender das “reliquias” que atopo pola casa; esta vez foi a capa
de tuno que fora usada no festival de zarzuela e teño que dicir que está en
perfecto estado de conservación. Hai que valorar o traballo e agradecer ás nais
e familiares das participantes por facer de modistas e poñer todo o seu empeño
na elaboración das diversas vestimentas que se luciron no festival. Todo iso,
parece que non, pero foi grazas a cooperación e unión que había entre todas as persoas
envoltas neste proxecto.
A capa de tuno hoxe en día, recén lavadiña e lista para ser gardada no baúl dos recordos de novo.
O festival de zarzuela foi idea do mestre
Prudencio Romo e foi preparado con moito tino e traballo intenso, non pensedes
que un espectáculo así se montou dunha hora para a outra. Na nosa banda non
había suficientes rapazas para cantar e facer coros, así que houbo que chamar a
unhas cantas que nada tiñan que ver coa nosa formación e as que aceptaron
tiveron que pasar con nós numerosas horas de ensaios. Tamén se tivo que improvisar unha orquesta de acompañamento e de cada corda foron só uns cantos
músicos ós cales acompañamos as dúas mulleres que non quixemos saber nada do tema de cantar; o espazo era reducido e non pudo tocar toda a banda por estar o
escenario totalmente ocupado.
O mestre Prudencio presentando o festival.
Tamén hai que agradecer a cooperación de
Juanjo, quen era naqueles días o
cantante da orquesta “Gran Parada”, o cal cantou varias pezas tanto a dúo como
en solitario acompañado polo coro xeral.
Juanjo e coros
A posta en escea foi finalmente o 27 de xuño
do ano 1980 despois de horas de ensaio e de moitos preparativos. Temos que
dicir que foi un exitazo porque o CCD estaba afastado de xente, iso pódese ver
nas numerosas fotos daquel día; ós da orquesta, o público case se nos botaban
enriba, estabamos cabeza con cabeza pouco menos!
A orquesta dirixida por Francisco Ces.
Como xa dixen, as nais e familiares de todas
as rapazas tamén xogaron un papel vital porque alá entre bambalinas elas foron
as que axudaron no cambio de vestuario entre canción e canción…e tiñan que
andar polo aire nada menos!
Vaia esta homenaxepor aqueles días de groria que se vivían no Centro Cultural e Deportivo de
Taragoña e pola xente emprendedora que tanto fixo brilar a nosa parroquia.
Nestas fotos vedes ás rapazas lucindo as capas de tuno mentres cantaban "Estudiantina portuguesa".
Para a vosa comodidade, neste vídeo podedes ver todas as fotos deste festival de zarzuela que xa foron publicadas nunha entrada antigua.
Que tempos aqueles! Precisamente desde este blog queremos que se manteñan na memoria de todos. Grazas pola vosa visita!
Hoxe temos outro recordo inesperado para
compartir. Quen non fai limpeza polos faiados ou sótanos de vez en cando ó longo
da vida? Moitísima xente, sen dúbida! É un verdadeiro esforzo, agotador por
certo, pero a parte positiva do asunto, ó meu parecer, é atopar cousas do
pasado que xa un tiña totalmente esquecidas.
Velaquí unha das sorpresas que atopei!
Nestas fotos que presentamos a continuación
vedes 2 cazoliñas de barro que poñen “FESTA DO MARISCO O GROVE”. Este recordó xa
foi compartido nos comentarios deste blog por unha servidora, así que como
autora do comentario vouno copiar e compartir hoxe nesta entrada para que o vexades
e leades se non o fixestes xa con anterioridade. Dicir que o perfil do comentario que segue xa non existe porque o borrei hai un tempo.
Saúdos!
Comentar que tamén Ana viñera para a casa cun deses galos de Portugal que daban
o tempo; este noso funcionaba coma un reloxio, azul cando estaba bo tempo e
rosado cando viña chuvia, ¡xúrovos que non fallaba!
Outro recordo que me veu á mente foi o de ir tocar á festa do marisco do
Grove; lémbrome de traer para a casa cantidade de cazolas de barro que
andivéramos a recoller por todas partes, limpáramolas o mellor que pudéramos
pero aínda así o chófer non nolas deixara traer arriba e tivéramolas que meter
na parte baixa do autobús e nós non queríamos por se rompían. Daquela non había
medo de apañar un virus nin nada polo estilo; todo nos valía e despois de
darlles un bo lavado na casa, usámolas ben de veces para os suculentos camaróns
ó alliño.
Xa vos deixo por esta, ata a próxima aventura!
Detalle onde se ve claramente que di FESTA DO MARISCO O GROVE.
Hoxe tamén sabemos a data desta actuación tras
o achazgo das follas onde figuran as datas das numerosas saídas da banda; se
mirades no ano 1980 vedes que o 12 de outubro fomos tocar a O Grove.
Seguide a recordar con nós e, unha vez máis, grazas
pola vosa visita!
Estiven a reflexionar sobre o feito de que hoxe
vivimos nunha sociedade que xa o veu prácticamente todo pero unhas décadas
atrás non era este o caso. Nestes tempos de tanta adición á fotografía dixital
sácanse fotos a eito e non paro de pensar no diferente que sería todo se
naqueles anos da nosa andadura musical tivésemos estes avances. A verdade é que
aínda sen tanta tecnoloxía, non nos podemos queixar do repertorio fotográfico antigo
que fomos xuntando neste blog. Cada foto tén o valor dun tesouro, non o
esquezades, e temos que apreciar que antaño alguén se tomou o tempo de sacarnos
estas instantáneas; moitas veces foron os nosos pais, algún dos componentes da
banda, parentes ou amigos os autores destas tomas. Graciñas a todos por deixalas
compartir!
E hoxe tamén imos aportar novo material que atopei
por sorpresa nun dos vellos álbumes que andan pola casa. Son fotos do ano 1981
nun festival no CCD celebrando o día dos Reis Magos según parece, a xulgar
polas vestimentas. Aquí vemos ó grupo das rapazas da banda e ás acompañantes
que xa actuaran tamén no festival de zarzuela no ano anterior e , como non, ó
mestre Prudencio ó piano.
Unha aperta a todos! Grazas por visitar o
noso blog!