Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



Concerto-reunión 2013


Moi boas a todos!

Xa fai un longo tempo que non facemos ningún comentario pero agora temos unhas novas para compartir.
Coincidindo co 40º aniversario do Centro Cultural Deportivo de Taragoña (1973-2013) xurdiu a idea de agrupar de novo ós antigos membros da banda infantil da 1ª etapa así como tamén ós da 2ª banda.
Que saibades que levamos a ensaiar desde o pasado mes de outubro preparando este esperado concerto-reunión e estamos tremendamente emocionados e disfrutando cada momento que pasamos xuntos, igualiño que nos vellos tempos.
A participación é remarcable! Moitos de nós levabamos anos sen tocar unha peza musical e estamos a poner todo o noso empeño, vontade e ganas para que todo funcione como se espera de nós.
Este vai ser o noso SOÑO POSIBLE! Aquí vimos de novo esperando deleitar ó público como fixemos naquel  pasado.

Esperamos os vosos aplausos! Unha aperta!

Xa iremos poñendo fotos e artigos en breve. Grazas por seguir o noso blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario