Un saúdo para todos os nosos seguidores. Hoxe imos continuar co ano 1983 onde xa se poden ver unha maioría de actuacións como orquesta e xa menos como banda de música porque foi nesta etapa na que xurde a orquesta AMALGAMA. Esta orquesta fórmase cos membros da banda e fai a súa presentación en Taragoña no campo de fútbol o día vinte de maio deste ano 1983. As orquestas empezaron a atraer máis que tocar nunha banda, así que esta iráse formando de novo pouco a pouco cunha nova xeración de músicos. Os músicos fundadores da banda infantil estarán agora incorporados en distintas orquestas e seguirán outra andadura musical. Algúns que non fomos nas orquestas máis que nunhas cantas actuacións, como unha servidora, seguiremos coa 2ª xeración de músicos por un tempo; naqueles días chamabámoslle a "banda dos pequenos" porque nós xa tiñamos uns aniños máis e éramos os pioneiros no asunto.
Foi unha longa historia a nosa, foron uns anos de aprendizaxe e deleite inmenso. Desta banda é un orgullo poder dicir que saíron músicos de tallaxe inmesurable que fixeron da música o seu medio de vida. Esperamos que sigan a deleitarnos coas súas melodías por moitos anos.
Para min o mundo da banda de música acabou un
bo día sen sequera saber cando; foi simplemente que a vida me levou por outros
camiños, supoño. O mesmo lles pasou a algún dos compañeiros e compañeiras. Cando
no ano 2013 nos reuniron para tocar xuntos de novo, foi un soño feito
realidade! Algúen dixo por aí que os soños non se cumpren? Eu dígovos que SI!
Aquí vai a andadura no ano 1983.
5
xaneiro – A Coruña
1
abril – Noia
14
maio – Noia
15
maio – Taragoña
20
maio – presentación de AMALGAMA no
campo de fútbol de Taragoña
Esta é unha foto orixinal dos clarinetes que fora sacada para os afiches da orquesta AMALGAMA. Tívena gardada moitos anos e agora paréceme o momento ideal para compartir. |
21
maio – banda toca en Asados
22
maio – banda en Carballeda de Avia (Ourense)
10
xuño – orquesta en Rianxo
14
xuño – orquesta en Membibre
19
xuño – orquesta en Boiro (Sala de festas)
25
xuño – orquesta en CCD Taragoña
26
xuño - banda en Leiro pola mañán e
orquesta pola noite
3
xullo – orquesta Amagama en Rarís (Santiago)
4
xullo – banda en Hio (Cangas)
6
xullo – banda en Boiro
10
xullo – en Negreira, banda pola mañán e orquesta pola noite
12
xullo – Allariz (Ourense), banda pola mañán e orquesta pola noite
15,
16 xullo – orquesta en Cangas de Narcea (Asturias)
18
xullo orquesta toca en Taragoña
23
xullo – banda toca en Taragoña
24 e 26 xullo – banda toca en A Ponte (Ourense)
27
xullo – banda toca en Santiago
31
xullo – orquesta toca en Serra de Outes
3
agosto – banda en A Matanza
6
agosto – orquesta en Arnoia (Ourense)
7
agosto – orquesta en Asturias
8
agosto – orquesta en Póboa de Sanabria
9
de agosto – orquesta en Ribadavia
14
agosto – en Bandeira, banda pola mañán e orquesta pola noite
15
agosto – orquesta toca en Amoeiro
16
agosto – banda en Tomiño
17
agosto – orquesta en Santa María de Roo
20 agosto – orquesta toca en provincia de
Ourense
27
agosto – banda e orquesta en Noia
31
agosto – orquesta en Foz
10
setembro – banda en Rianxo pola mañán, orquesta en Parada do Monte pola noite
11
setembro – banda toca en Laíño
18
setembro – orquesta en Mazaricos
2
outubro – orquesta en provincia de Ourense
26
novembro – banda en Abanqueiro pola mañán e en Rianxo pola tarde
27
novembro – banda toca no Centro Cultural Taragoña en honor a Santa Cecilia
No hay comentarios:
Publicar un comentario