Aínda que este blog naceu para dedicarllo á
Banda Infantil de Taragoña, a estas alturas, por falta doutro material e xa que
saíu a conto a formación da orquesta AMALGAMA, imos explicar un pouco sobre o
tema e velaquí a razón de escoller este nome; disque se lle puxo por ser unha
fusión de profesores con alumnos, de personas máis maiores mezcladas coa
xuventude, e de diversas cordas musicais nun só grupo, que hai que dicilo todo,
foi un grupo cunha cantidade enorme de músicos; vaia, diríase que toda a banda
pasa a ser esta orquesta. Hai que mencionar que xa moitos outros compoñentes da
banda marcharan para formar outras orquestas. Amalgama tamén foi unha fusión de
colorido porque cada corda levabamos a roupa de actuar dunha cor e aquilo
resultaba moi festivo no escenario, aquelas vestimentas dos 80 eran únicas! É
unha pena que non teñamos ningunha foto durante algunha actuación, pero eu si
atopei algo que vos teño como sorpresa. A ver se vos trae bos recordos!
Un saúdo a todos e grazas por visitar o noso
blog!
Este foi o deseño que se elexira como cartel publicitario. |
Aquí se ve o afiche aberto mostrando as fotos; recordo que foran sacadas no xardín de Pachín pero aínda non tiñamos os uniformes.
Agora déixovos unha versión das fotos en aumento que aínda que non teñen moi boa calidade merecen ser recordadas.
Na entrada anterior está a foto orixinal con máis calidade. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario