Un
saúdo a todos!
Xa pasaron uns meses desde a última entrada
que se fixo no noso blog. Hoxe voltamos cun par de novas reliquias atopadas nun
currucho da miña casa onde nin me imaxinaba que poideran estar. Un folleto é
dun festival no CCD no mes de decembro (no 1981 parece que foi) no que cooperou a coral de Noia con nós;
outro daqueles exitosos festivais que se celebraban a miúdo nos locais do
centro cultural.
Tamén vos mostramos unha peza chamada “Canto
de los remeros del Volga”; co profesor España fora cando a tocamos alá polo ano 1978; asociada a esta peza teño unha anécdota que lembro
persoalmente; despois de tocar esta pequena obra nun pobo que xa non recordo o
nome, non houbera nin unha sola alma que aplaudise! Imaxino que non lle gustou a ninguén e responderon desta maneira tan pouco
amable. A verdade sexa dita, non foi unha peza moi adecuada para tocar nunha
romería á hora do concerto matinal e, de feito, non se volveu a incluir no
repertorio.
Agora tamén me veu á memoria un día que non
había moita xente á hora dun concerto do mediodía pero por suposto, había que
cumplir co contrato e tocar igualmente; a Prudencio ocorríraselle que podiamos aproveitar
para ensaiar un pouco (creo que era “La del Soto del Parral”) porque total
aínda que metésemos a pata nin se ían enterar; lembro que o pasara moi ben;
este detalle quedoume grabado.
Fai un meses anunciouse que se faría unha
homenaxe a Sr. Manolo o Pinchudo pero non chegou a formalizarse esta reunión.
Se temos máis detalles no futuro, xa volo anunciaremos.
Isto é todo por hoxe. Grazas por visitar o
noso blog. Unha aperta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario