Decir que un día como hoxe fai 39 anos dabamos o primeiro concerto das nosas vidas. Seguro que a todos nos quedou un recordo daquel día; polo menos ós máis nostálxicos atreveríame a asegurar que si.
Nos nosos comentarios xa falamos dalgúns detalles que aconteceron naquela mañá. A que moitos se lembran de que así como empezamos a tocar se empezou a abrir amodiño o telón? Diante dun público que asistíu masivamente ó Centro Cultural para vernos, alí aparecemos uns músicos ben noviños que fomos o orgullo de todo un pobo.
Grazas pola visita ó noso blog e por recordar con nós.
Aquí vos deixamos estas fotos daquel 8 de decembro do 1977.
Nós en plena actuación. |
O público, cantas caras coñecidas! Que gusto dá recordalos a todos! |
No hay comentarios:
Publicar un comentario