Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



2014 2º Concerto-reunión

Aquí deixamos unhas cantas fotos do día deste 2º concerto que demos no CCD que hoxe 8 de decembro do 2014 celebra o seu 41º aniversario.
Esperamos poñer máis fotos nos próximos días. Aquí nos vedes antes de empezar a tocar mentres afinabamos os instrumentos e nos preparabamos no escenario.



Este ano faltou xente que tocou con nós o ano pasado pero sumáronse outros músicos como o compañeiro Resúa -o do fliscorno na foto de arriba con Che e Suso os clarinetistas- que veu a propósito do Reino Unido para tocar con nós neste día.
















Estas dúas rapazas clarinetistas da Banda da Escola de Música de Rianxo tamén viñeron tocar con nós, así como outros dos músicos cunha tuba e cun bombardino, dous instrumentos que faltaban no noso haber.






Outro músico eminente nacido en Taragoña, cursou estudos no Conservatorio Superior das Illas Baleares e no “Conservatoire de Boredaux Jacques  Thibaud”, Francia. Actualmente toca o saxofón soprano no grupo Art Sound Quartet e tamén está planeando carreira como director.

Desde este blog queremos agradecer a súa cooperación desinteresada para dirixirnos neste concerto .




























Catro vellos musiquiños

O sábado 6 de decembro despois de ensaiar fomos tomar algo e charlar dos vellos tempos. Aquí nos vedes no pasado e 37 anos máis tarde.


Música ó lonxe

Este é o cartel que anuncia a nosa actuación o luns 8 de decembro, xusto dentro dunha semana. Estamos ansiosos por dar este concerto no CCD unha vez máis.