Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



Unha volta ó pasado na prensa actual.


Na prensa "La Voz de Galicia" do día 27 de agosto do 2014.

Moi boas a todos!
Atopeime con  esta páxina do periódico ó azar, non tiña idea que saía este artigo sobre o CCD de Taragoña e a banda. A foto é da segunda xeración de músicos con Sr. Manuel "O Pinchudo" como director nesta etapa.
Un saúdo!