Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



En Ourense a todo tren

Na cidade de "As Burgas"
Charo, unha servidora, en Ourense capital, polo 1984-85 ó pé desta locomotora antiga; no tempo libre entre tocata e tocata aproveitabamos para disfrutar un pouco pola festa e curiosear polos arredores.
Nesta foto Ana, miña irmá, o mesmo día no mesmo sitio.

As fotos por detrás teñen o ano 85 como data do revelado, ou sexa que poden ser do verán do 84 ou 85. Tendo en conta isto, esta actuación foi xa coa 2ª xeración da banda, estando como director Sr. Manuel o Pinchudo.

Facendo de internauta atopei esta foto actual da locomotora.

Nacen uns pequenos músicos

Da banda de cornetas saíron moitos dos que serían os futuros músicos da Banda Infantil de Taragoña.
Estamos encantados de poder compartir con todos vós estas fotos daqueles tempos.

A banda de cornetas actuando no CCD

Desfilando en Rianxo

En Rianxo no colexio



Tubío, o presidente do CCD nun festival

Che o Lorcho no CCD dicindo unhas verbas







Foto inédita dos 80

Esta foto está na entrada antiga "Chegan os 80". É unha pena que non teña boa calidade pero aínda así queremos que quede rexistrada neste blog, sobre todos polo significado sentimental que ten para todos.
De dereita a esquerda: Sr. Vicente, Prudencio (por detrás del vese Ramón), Benito, o Platillero e Juan. A foto non ten boa calidade, está en realidade moi movida pero na nosa memoria podemos debuxar ó detalle as caras de todos eles.