Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



Foto inédita dos 80

Esta foto está na entrada antiga "Chegan os 80". É unha pena que non teña boa calidade pero aínda así queremos que quede rexistrada neste blog, sobre todos polo significado sentimental que ten para todos.
De dereita a esquerda: Sr. Vicente, Prudencio (por detrás del vese Ramón), Benito, o Platillero e Juan. A foto non ten boa calidade, está en realidade moi movida pero na nosa memoria podemos debuxar ó detalle as caras de todos eles.



No hay comentarios:

Publicar un comentario