Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



1981, festival no CCD



Que tal de novo?

Estiven a reflexionar sobre o feito de que hoxe vivimos nunha sociedade que xa o veu prácticamente todo pero unhas décadas atrás non era este o caso. Nestes tempos de tanta adición á fotografía dixital sácanse fotos a eito e non paro de pensar no diferente que sería todo se naqueles anos da nosa andadura musical tivésemos estes avances. A verdade é que aínda sen tanta tecnoloxía, non nos podemos queixar do repertorio fotográfico antigo que fomos xuntando neste blog. Cada foto tén o valor dun tesouro, non o esquezades, e temos que apreciar que antaño alguén se tomou o tempo de sacarnos estas instantáneas; moitas veces foron os nosos pais, algún dos componentes da banda, parentes ou amigos os autores destas tomas. Graciñas a todos por deixalas compartir!

E hoxe tamén imos aportar novo material que atopei por sorpresa nun dos vellos álbumes que andan pola casa. Son fotos do ano 1981 nun festival no CCD celebrando o día dos Reis Magos según parece, a xulgar polas vestimentas. Aquí vemos ó grupo das rapazas da banda e ás acompañantes que xa actuaran tamén no festival de zarzuela no ano anterior e , como non, ó mestre Prudencio ó piano.

Unha aperta a todos! Grazas por visitar o noso blog!