Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!


20 agosto 2009

COMENTARIO

A finalidade deste blog é a de que entre todos poidamos recuperar e compartir todo o relacionado coa banda: fotos, vídeos, recortes de prensa, calquer cousa que vexades que nos poida ser interesante. Tamén recordar anécdotas e bos momentos pasados; e sobre todo non nos esquecer de ela, porque penso que para todos foi unha etapa moi bonita na nosa vida, na que aprendemos e compartimos moitas cousas.
Pretende ser un blog aberto e participativo, no que todos poidamos deixar comentarios, suxerencias e ilo ampliando co material que cada un poida aportar a través do noso e-mail de contacto (bandataragonha@gmail.com).

ENLACES

HOMENAXE BANDA INFANTIL DE TARAGOÑA
http://www.blogoteca.com/educaldea/index.php?gal=1323

MONTAXES CON FOTOS DA BANDA FEITOS POR CHARO