Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



Banda 43º aniversario (1977-2020)

 

Saúdos a todos!

Hoxe recordamos que é o 43º aniversario da banda infantil e cabe ademáis mencionar que estamos nuns tempos moi penosos para o mundo musical. Ninguén se podía imaxinar que ía tocar vivir unha situación como esta, a humanidade enteira azotada por unha crise semellante, e os músicos uns dos máis grandes sufridores na espera de que o mundo mellore canto antes.

A música volverá, de momento foise a outra parte; mentres tanto, a coidarse e collendo forzas!



Saúde! Grazas por visitar o noso blog.


Por Charo T.