Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



Estamos de aniversario!

Moi boas a todos!

Decir que un día como hoxe fai 39 anos dabamos o primeiro concerto das nosas vidas. Seguro que a todos nos quedou un recordo daquel día; polo menos ós máis nostálxicos atreveríame a asegurar que si.

Nos nosos comentarios xa falamos dalgúns detalles que aconteceron naquela mañá. A que moitos se lembran de que así como empezamos a tocar se empezou a abrir amodiño o telón? Diante dun público que asistíu masivamente ó Centro Cultural para vernos, alí aparecemos uns músicos ben noviños que fomos o orgullo de todo un pobo.

Grazas pola visita ó noso blog e por recordar con nós.

Aquí vos deixamos estas fotos daquel 8 de decembro do 1977.

Nós en plena actuación.

O público, cantas caras coñecidas! Que gusto dá recordalos a todos!