Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



Adeus, mestre España.



Moi boas a todos!

No día de hoxe atopámonos ca triste nova de que finou o mestre José España Lorenzo. El foi o noso director nos principios da nosa andadura musical.

Desde este blog querémoslle rendir homenaxe a unha gran persoa que foi para todos nós e a un músico excelente.

Que descanse na paz o noso querido mestre.








Enlace a "La voz de Galicia" para quen o queira ler.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2020/03/24/jose-ramon-espana-musico-bondadoso/00031585055094381972318.htm

Grazas por visitar o noso blog.