Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



44º ANIVERSARIO / 1977-2021

 

Moi boas!

O noso pobo conta cunha extensa traxectoria musical e hoxe celebramos  xa o 44º aniversario da banda infantil de Taragoña, cuna de moitos grandes músicos e esperamos que esta tradición siga por moitos anos. A música en Taragoña é como un sinal de identidade e tén nomes propios. A banda infantil a finais dos 70 levou o nome do noso pobo por diferentes puntos da nosa Galicia e a actuación en “ 300 Millones” levounos a ser coñecidos alá en Sudámerica. Un orgullo! É un orgullo tamén o feito de seremos componentes desta mítica banda. Daquela fomos uns rapaces que  compartimos moitos anos estupendos de ensaios e actuacións e que ben o pasabamos todos xuntos…tanto que poderiamos ata escribir un libro coas anécdotas daqueles días! Que vivencias e cantos recordos…!  

 Que non nos falte nunca a música; sen ela, neste noso currucho, non sabemos vivir.


Un saúdo a todos os nosos seguidores e grazas por visitar o noso blog.


 


Por Charo T.