Moi boas!
O noso pobo conta cunha extensa traxectoria musical e hoxe celebramos xa o 44º aniversario da banda infantil de Taragoña, cuna de moitos grandes músicos e esperamos que esta tradición siga por moitos anos. A música en Taragoña é como un sinal de identidade e tén nomes propios. A banda infantil a finais dos 70 levou o nome do noso pobo por diferentes puntos da nosa Galicia e a actuación en “ 300 Millones” levounos a ser coñecidos alá en Sudámerica. Un orgullo! É un orgullo tamén o feito de seremos componentes desta mítica banda. Daquela fomos uns rapaces que compartimos moitos anos estupendos de ensaios e actuacións e que ben o pasabamos todos xuntos…tanto que poderiamos ata escribir un libro coas anécdotas daqueles días! Que vivencias e cantos recordos…!
Que non nos falte nunca a música; sen ela, neste noso currucho, non sabemos vivir.
Un saúdo a todos os nosos seguidores e grazas por visitar o noso blog.
Por Charo T.