Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



Na música eternamente

 

Hoxe é un día triste para a música pois deixóunos Paco o Lorcho, para min meu tío Paco, quen formou parte moi importante na historia da nosa banda e quedará na nosa memoria como un músico grande, membro da mítica familia dos Pinchudos.

Toda unha vida dedicada á música, sempre cun sorriso; cantos momentos todos xuntos rodando de pobo en pobo e cantas anécdotas no camiño.

 Que descanse na paz! Bicos ó ceo!

 

 



http://
No ano 1980 dirixindo o festival de zarzuela.


Dirixindo na reunión do 2013.



No 40º aniversario da banda, ano 2017.
 


Por Charo T.




45º ANIVERSARIO

 

Un saúdo no 45º aniversario da banda infantil de Taragoña.

 Certamente, a vida sen música non sei se a podemos entender porque sempre estivo presente na vida do ser humano. A música fortalece, calma, evoca recordos, provoca emocións, conecta á xente e fainos sentir mellor pero mentres o mundo se deleita con melodías, detrás hai un músico adicando horas ó estudo e ó ensaio, sacrificando moito tempo da súa vida para que a humanidade sexa un pouco máis feliz.

 Que unhas notas musicais nos alegren sempre os días e nolos faga máis levadeiros.

 Aquí vos deixamos o recordo da nosa primeira actuación no 8 de decembro do 1977 e das nosas reunións no ano 2013, o 40º aniversario do CCD; no ano 2014 e no 2017, o 40º aniversario da banda.

 Grazas por recordar con nós e por visitar o noso blog.

 


 Por Charo T.





Bo día de Santa Cecilia

 Hoxe é Santa Cecilia a patrona dos músicos.

Aquí vos deixamos unha foto dos anos 80 tocando en Campos de Pazos diante do Centro Cultural, o noso lugar de ensaio.



Un saúdo a todos os nosos seguidores. Grazas por visitar o noso blog.


Por Charo T.



No libro dos músicos.

 

Un saúdo para os nosos seguidores!

Hoxe vimos cunha nova entrada no blog para anunciar que xa hai un libro adicado a tódolos músicos de Rianxo grazas ós autores Xesús Santos e Xosé Comoxo. Eles os dous no ano 2018 viñeron por A Laxe visitarme para falar sobre a nosa banda infantil. Eu comenteilles da existencia deste blog para que puidesen ver un pouco sobre a historia da banda.

Hoxe xa temos unhas páxinas adicadas no seu libro ó carón dos numerosos músicos que naceron neste noso concello.

Noraboa da nosa parte ós autores pola súa inmensa labor e grazas de corazón por incluirnos neste libro.

 





O sábado 9 de xullo asistín á presentación oficial do libro no auditorio de Rianxo e alí atopeime cunhas cantas caras coñecidas.

Aquí van unhas fotos dese día.


O compañeiro Martín e máis eu.





Por Charo Tarrío.