Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!


26 enero 2016

Ó son daquelas cancións

Vídeo con música que sonaba nos anos destas fotos; moitas destas cancións escoitabámolas en cassette no autobús de camiño ás nosas actuacións e ata cantabamos nós mesmos a falta de música ou cando xa o cassette estaba moi repetido. O caso é que o pasabamos sempre moi ben; cada ruta, cada pobo, cada verán están cargados de recordos...e a todos nos gusta recordar, ou non?



Saúdos a todos!