Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!


20 agosto 2009

COMENTARIO

A finalidade deste blog é a de que entre todos poidamos recuperar e compartir todo o relacionado coa banda: fotos, vídeos, recortes de prensa, calquer cousa que vexades que nos poida ser interesante. Tamén recordar anécdotas e bos momentos pasados; e sobre todo non nos esquecer de ela, porque penso que para todos foi unha etapa moi bonita na nosa vida, na que aprendemos e compartimos moitas cousas.
Pretende ser un blog aberto e participativo, no que todos poidamos deixar comentarios, suxerencias e ilo ampliando co material que cada un poida aportar a través do noso e-mail de contacto (bandataragonha@gmail.com).

135 comentarios:

  1. enhorabuena al administrador de este blog...es muy interesante conocer la buena música de nuestra comunidad desde sus orígenes.
    saludos
    A.C.

    ResponderEliminar
  2. Un saúdo para todos os compañeiros que formaron parte da nosa grande familia musical. A medida que pasa o tempo, os recordos son o único que nos fai revivir por un instante o que xa vai alá. Anímo a todo o mundo a participar nesta páxina; non sexades tímidos.
    Unha aperta.
    CH

    ResponderEliminar
  3. Hola Charo!
    Haber si entre todos conseguimos que o que daquela significou a banda non se esqueza.
    Da gusto volver a ver as fotos e recordar que ben o pasábamos,e cantos recordos che veñen a cabeza.
    Saúdos.
    Pani

    ResponderEliminar
  4. Aqui de novo para anunciar que me atrevin a facer un video coas fotos deste blog e podedelo ver no seguinte link:
    www.youtube.com/chanyland
    CH

    ResponderEliminar
  5. Enhorabuena por la iniciativa del administrador de este blog,la verdad que es una gran oportunidad para volver a ponernos en contacto y asi recordar esos tiempos tan felices que tanto nos marcaron en nuestra vida ( por lo menos en mi caso),espero que os animeis a participar, sería estupendo. Un saludo para tod@s.

    ResponderEliminar
  6. Un saludo Charo, qué alegría saber de ti.Me gustó mucho el montaje que hiciste con las fotos y también los tuyos personales .Estás estupenda, se ve que te sienta bien NY. Un besazo.Teresa.

    ResponderEliminar
  7. Se me olvidaba decir que tengo algunas fotos de la banda a ver si mañana las escaneo y las publico,chaooo

    ResponderEliminar
  8. Charo eres unha artista, o montaxe quedouche estupendo.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  9. Teresa, gracias polo comentario,o blog é de todos e para todos.
    Haber se todo o mundo se vai animando a estar en contacto.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  10. ¡Que alegría me dá oír de vós!; gracias Teresa e Pani por eses comentarios, que son demasiado alagadores para un simple aficionado. A ver se pouco a pouco o resto de personal se vai animando a participar tamén.
    Teresa, a ver cando pos esas fotos que xa estou impaciente por velas. Eu xa vistes como aparento últimamente, cuns cantos anos máis, pero co espíritu moi na onda. Saúdos meus a todos que vexades por ahí.
    Ata outro momento!

    ResponderEliminar
  11. (Aurora Ces)Hola Charo, acabo de entrar na páxina da Banda e vin as fotos que colgaste. Estou tan emocionada que está (estou) escribindo Manolo. E unha alegría poder verche ainda que sexa na pantalla do ordenador. Encantoume o teu traballo e o de Pani, a quen lle quero dar as gracias por este blog. Non me gusta internet pero a partir de ahora teño un motivo para que me empece a gustar. Un bico a todos. Chao

    ResponderEliminar
  12. Hola a todos, un saúdo a charo , Teresa, Aurora, Pani e a todos aqueles que formamos parte da nosa banda....
    Gracias a pani por comunicarme o deste blog, aínda estou alucinado cas fotos, o vídeo e os audios, que non tiña nada, solo algunhas fotos que xa vexo que están ahí tamén. Pola miña parte non teño fotos nin nada que poñer, sólo teño na cabeza unha gran cantidade de recordos e anécdotas daqueles tempos que para min sempre serán inolvidables.
    Un bico e unha aperta a todos.

    ResponderEliminar
  13. Hola a todos!
    Hoxe recibín unha chamada da casa para decirme que morreu Pachín; quero, a través deste blog, darlle o pésame a Maika, ¡como non! outra das nosas compañeiras, e a toda a familia; con moito cariño e agradecemento polos anos que traballei alí.
    Unha aperta.
    Charo

    ResponderEliminar
  14. A todos:
    Tamén estou encantada de ver que máis xente está ó tanto desta páxina. Aurora, espero que si te aficiones ó internet; Roberto, meu compañeiro de banda e de instituto tamén, alégrome un montón oír de vós.
    Xa vin que hai máis fotos novas (adiviño que de Teresa); espero que alguén máis siga a cachear no baúl.
    Bicos.
    Charo

    ResponderEliminar
  15. Un abrazo e o mais sentido pésame para Maika e a súa familia.
    Pani

    ResponderEliminar
  16. Hola a todos outra vez, acábome de enterar desta triste noticia para todos, e en especial para Maika, Carmen, Felisa, Che, Alberto, Antonio e toda a entrañable e querida familia de Pachín. Desde aquí o meu máis sentido pésame para toda a familia.
    Sinto non poder estar ahí con todos vos nestes tristes momentos.
    Roberto

    ResponderEliminar
  17. Hola colegas pois si, hoxe é un dia triste para a familia Pachin. E como a historia da música en Taragoña tamén está de luto neste día,pois Pachín foi um moi bo cantante na súa época. Non sei porque pero levo toda a noite oindo cantar un dos seus temas que mais recordo sahara. As bodas en pachin nono serán o mismo sen esta canción un. Bico moi fuerte a toda a familia e ánimo

    ResponderEliminar
  18. ¡Hola de novo!
    Parece que ninguén máis se aventurou a escribir. A ver se esta semana poño máis vídeos en youTube; aínda estou no proceso de elaboración; a semana anterior non parei de recopilar fotos, bla, bla, bla... Xa veredes que un igual lle trae recordos a alguén.¡Sorpresa!
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  19. Hola!
    Puxen un par de vídeos cortos por se queredes mirar; coméntovos un truco que fago coas fotos; se as escaneas non saen tan nítidas; eu cando as paso a vídeo, o que fago é que lle saco fotos ás fotos coa cámara dixital e obteño mellor calidade.
    Xa me despido por agora. Chao!

    ResponderEliminar
  20. Hola Charo, dónde puxéche-los vídeos, que non os atopo.
    Gracias, Roberto

    ResponderEliminar
  21. ¿Qué tal, Roberto?
    Pois este que segue é o meu canal en youTube:
    www.youtube.com/chanyland
    Se te fixas, está no 4º comentario deste blog, ou tamén podes acceder desde onde Pani puxo "vídeo feito for Charo" na páxina principal.
    A ver cando vós mandades algo da nosa terra; meus pais sacaron unhas fotos pola praia da Torre e arredores e vexo que está todo precioso.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  22. Hoxe visitei por primeira vez esta páxina, logo de saber da súa existencia, a través do artigo da Voz de Galicia deste domingo. Pareceume unha gran idea. Coido que pode contribuír a manter os lazos de amizade e compañeirismo entre os seus membros, así como deixar un legado para a historia cultural da nosa parroquia. Despois de facer un pequeno percorrido por ela e de escoitar a interpretación da “Negra Sombra” non puiden por menos que experimentar unha fonda emoción que aínda estremece o meu corpo e humedece os meus ollos. Gracias e parabéns. Asdo. José B. Tubío. Expresi do CCD.

    ResponderEliminar
  23. ¡Hola a todos!
    Pois xa vexo que se uniron ó blog 2 dos presidentes do Centro Cultural e ¡que casualidade! me chamaron a decir que Manolo Esperante (Canteiro) pasou pola nosa casa a comentar que se enterara da existencia deste blog e que vira o vídeo montaxe que sae nos enlaces. Saúdos Manolo e José Tubío que me alegra oír de vós e me emociono un montón, será porque son a que está máis lonxe.
    ¡Unha aperta a todos!

    ResponderEliminar
  24. Fai días que intento poñerme en contacto con todos vós a traveso deste blog... e non fun capaz. Coa axuda de Pani, espero conseguilo hoxe... somente para comentar-vos a meirande satisfacción que de novo ven de proporcionarme a Banda Infantil por medio de uns poucos dos seus compoñentes coa creación deste blog. Coido que en pouco tempo seremos moitos mais os que acudamos a este rinconciño para , non matar, si non alimentar estes recordos, nostálxicos sí, pero maravillosos daqueles anos 70/80 que tanto poideron siñificar para vós i para os que tivemos a sorte de poder estar a carón voso durante un tempo.
    Si consigo que chegue esta mensaxe, tentarei de que sexa sólo o primeiro duns contactos que coido manteremos a traveso deste maravilloso blog.
    Unha aperta.
    M. Esperante.

    ResponderEliminar
  25. Saúdos para Charo que coido está polos EEUU e que seguro terá moita morriña desde tan lonxe. Gracias a estas novas tecnoloxías podemos comunicarnos a tanta distancia aproveitando a gran idea deste blog que congrega a toda familia da Banda Infantil.
    Desexarte moita sorte e que che podamos ver axiña por aquí. Tamén felicitarche por ser a internauta máis entusiasta e participativa.

    ResponderEliminar
  26. Dámolle a benvida ó blog ós "presis" J.B.Tubío e Manuel Esperante. Esperamos que tras o percorrido por él vos traia recordos dos bos momentos pasados naqueles anos.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  27. Hola de novo!
    Gracias Tubi'o (sempre te chama'bamos asi')polo mencionado no teu comentario e a verdade 'e que como vo's igual vos vedes a calquera momento, igual atopades esto de escribir un pouco absurdo, pero eu que levo tanto tempo sen saber de moita xente, ve'xoo unha forma de nos poder comunicar e, bueno, ale'grome saber que despois de todo a xente non se esquece de un. O que vexo e' que todos son un pouco ti'midos e ningue'n se atreve a comentar nada; pois calquera cousa estari'a ben, o caso e' participar. Hai outra montaxe que fixen e esta' en youTube se queredes mirar. Si'ntome un pouco frustrada porque non tenho recursos para poder facer moito; sei que pola casa hai algunhas fotos, pero eu xa tenho o repertorio agotado.
    Bueno, un sau'do para todos. Espero que escribades. Chao!!!

    ResponderEliminar
  28. Un saúdo ós músicos da que foi a banda infantil de Taragoña.

    ResponderEliminar
  29. Sau'dos para ti tame'n Che e familia, que xa te vin por ahi' nunhas fotos con Javier e outra xente nunha homenaxe que houbo. Foi un pracer formar parte daquela banda que tanto significou naquela etapa das nosas vidas.
    Unha aperta a todos!

    ResponderEliminar
  30. Hoxe veun unha nova no diario "La Voz de Galicia", que a maioría de nós a conocerá. Charo, na lonxanía cecais non. I como ten relación con este blog, ahí vai.
    O vindeiro 27 vanse entregar en A Pobra os Premios Barbantía, i dentro do apartado "Traxectoria cultural no Barbanza", xunto con outros dous, está nomeado XOSE RAMON ESPAÑA. A presentación que literalmente reseña é a siguinte:
    ""España ten unha amplia traxectoria musical na comarca.Entre outras cousas, foi o primeiro director da mítica BANDA INFANTIL DE MUSICA DE TARAGOÑA. Agora forma parte do grupo Os Menestreis".
    Reseñar tamén, que no apartado "Cultura Galega" outro dos tres nomeados e XOSE LUIS AXEITOS AGRELO, de Asados, membro e actual Secretario da Real Academia Galega. Sorte ós dous.
    Cariñosa aperta para todos, e muy especial para Charo, por "vivir" Taragoña dende lonxe.

    ResponderEliminar
  31. bueno bueno enhorabuena, hay que ver como ha crecido este blog, gracias a su creador
    sigue asi
    saludos A. C.
    Riveira

    ResponderEliminar
  32. Saúdos!
    Fixen un pouco de búsquedas en "google" e xa vin que Xosé España pertenece agora a un grupo de música antiga e que participaron nalgúns eventos nas localidades circundantes; pois eu perdín literalmente a pista de moitas novas locais últimamente, pero a ver se agora me vou enterando de cousas gracias a este blog.
    Moita sorte para o profesor e o acádemico na entrega de premios.
    A seguir unhas citas de inspiración e motivación:
    "A música é unha cousa ampla, sen límites, sen fronteiras, sen bandeiras". (León Gieco)
    "Sen música a vida sería un erro". (Nietzsche)
    "Cada cousa ten a súa beleza, pero non todos poden vela". (Confucio)

    Unha aperta a todos!

    ResponderEliminar
  33. Charo despertanos a todos...

    I eso obriganos, tamén ós demais a poñer o noso gran de area neste blog, para mantelo actual, vivo... I ahí vai o meu gran no comentario de hoxe:

    Repasando o video feito por Charo, pareime na foto (2) do patio de butacas, o día da presentación da Banda Infantil (08.12.77). O local, como se observa, está totalmente ateigado de xente, moita polo pasillos (recordo que ese día houbo xente que non puido acceder o local, i algunha protesta á directiva dalgun socio por este motivo).
    Pero a donde quería eu ir era o siguinte: Ocurreuseme escanear a foto para facela mais nítida, mais cercana e fixeime nos rostros de satisfacción, de alegría, de orgullo de todo-los que estaban no patio de butacas, conscientes de que estaban participando, vivindo si a caso un dos momentos mais brillantes da súa Taragoña dos últimos corenta ou cincoenta anos. Estaba nacendo a que sería a mais importante Banda Infantil de Música que tuvo Galicia ata entón.
    Logo, fixándome mais, fila por fila, recoñecín a moitos que hoxe xá non están con nós, i que, na confía de que ninguén se molestará, citarei a algúns por que dunha maneira ou doutra todos eles non deixaron de ser colaboradores directos do Centro ou da propia Banda nalgún caso: Joaquin o Latoneiro(pai de Joaquin Campaña, flauta), Sr. Ricargo Segade (avó do tamén desaparecido José Manuel Tarrío, bombardino), Sr. Jesus España (pai de Xosé España), José o Collazo, Victorina Resúa, Moncho o Pinchudo (pai de Teresa, flauta e excelente colaborador-profesor da Banda), Román Padín (da conserveira La Onza de Oro, que tanto tuvo que ver na participación da Banda no programa da TVE "300MM), Sr. José o Cancelas, Pepe o Chincha, Sr. Piloto (pai de X. Tubío) -e ainda que non os atopo, non dubido que o seu lado estarían o Sr. Inocencio (pai de Xose M. Romero) e mais Sr. Juan o Carpinteiro, todos eles impenitentes seguidores da Banda Infantil. Sr. Manuel o Borrallas, Sr. José Figueiro(o Touro), o seu lado Sr. Manuel, de Ourolo, ainda que afincado en Asados dende había mais de corenta anos, pero que non se quixo perder ese gran día en Taragoña, tamén a Manuel Tembra e súa dona María a Cajicha,cómo non, ó Sr. Vicente o Canteiro que tantas veces acompañou e "gardou" á Banda en moitos dos desplazamentos, o recordado Alfonso o Coco, xunto a súa dona Carmen...
    En fin, e cecais outros que non acadei recoñecer.
    O certo que foi unha época na que fixechedes historia (os que non están tamén axudaron) i temos que facer o posible para que os que veñen detrás, primeiro a coñezan, e logo intenten superar-vos. Iso chámase "facer Taragoña".
    Decía Charo noutro comentario que "... os recordos son o único que nos fan revivir por un instante o que xá vai alá". Gocemos desos recordos, pero demolos a coñecer as xeneracións vindeiras para que, "sin ir detrás do vento", nuns anos, poidan darnos outros exemplos como o que dou a Banda, como que dechedes vós.
    Perdón pola extensión.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  34. Esperante, entrañable mención das persoas que hoxe non están pero que foron parte do noso pobo e da nosa historia como tal; os pobos son a xente que os forman e todos importamos, todos aportamos a nosa existencia e sempre deixamos algo que recordar.
    E nós, os músicos da banda, ¿que teríamos feito sen un público tan numeroso, tan adicto? Para empezar, os fans número 1 eran os nosos pais que nos seguían no coche polos arredores incondicionalmente; de feito cónstame que os que sacaban as fotos, como a da praza de touros de Noia, o desfile por Taragoña, o concerto en Rianxo...Estou segura que todos vos lembrades perfectamente. Ah! E como me gusta ver por exemplo esas fotos de Asturias que nin sabía que existían (eu non tenho ningunha)sacadas no tempo de ocio; a que hai na ventana do hotel está moi lonxe pero correxídeme se me equivoco, son Aurora, tía Rosa (acompañáranos na viaxe), María José e Gema.
    Bueno, xa vos deixo por agora. Deberíamos escribir sobre as nosas anécdotas; sería divertido.
    Unha aperta a todos!.
    CH

    ResponderEliminar
  35. Hola de novo!
    A inspiración desta novo vídeo-montaxe foi un paseo polos 70's e 80's recordando algunhas das cancións que sonaban, imaxes, e nós como os personaxes que o vivimos.
    Está dedicado a todos nós! Espero que vos guste.
    Unha aperta a todos!

    ResponderEliminar
  36. Un pouco de historia: Unha das primeiras actividades que se puxeron en marcha no Centro Cultural foi a da Música. Formar a Banda Infantil supuxo o principal proxecto no que a Directiva do Centro se puxo a traballar. Os primeiros pasos foron organizar unha pequena escola de música para os nenos/as que quixeran participar. Como actividade precursora creouse unha banda de tambores, cornetas e gaitas. E para axudar a concienciar contratouse, para actuar nas Festas do Verán, a Banda Infantil e Xuvenil de Viveiro que nos serviría de modelo. Logo foi o de contar con Xosé España para dirixir esta tarefa. Este profesor daba clases en Santiago nunha Escola de Música en compañía con Miguel de Santiago, coñecido músico e compositor. Tamén tocaba na Banda Municipal desta cidade coido que o clarinete e o óboe. E alá nos fomos a falar con el. Non foi difícil convencelo, xa que logo, a idea pareceulle ilusionante e Miguel animouno e ofreceuse a colaborar. Neste proxecto traballou moita xente, pero resulta de xustiza destacar a labor realizada polos irmáns Ces Lorenzo: Che e Paco.

    ResponderEliminar
  37. Que tal todos?
    !Vaia o contenta que quedei de polo menos poder ver a algu'ns de vo's nestas fotos publicadas co motivo desta reunio'n! Venme a mente tame'n o sabor daquelas festas que celebrabamos en honor a Santa Cecilia, nesta mesma data hai tantos anos atra's.
    Manolito de Boiro, xa vin o teu comentario, e recibe sau'dos meus, asi' como o resto dos companheiros que saen nas fotos, e as vosas donas e os vosos homes que vos acompanharon.
    Unha aperta a todo o grupo.
    Charo.

    ResponderEliminar
  38. "La Voz de Galicia" de hoxe,24, adianta os galaordoados cos premios Barbantía, na edición deste ano. Pois ben, no apartado "traxectoria cultural no Barbanza" o premiado é JOSE RAMON ESPAÑA LORENZO "... que malia ser de Boiro, estuvo moi ligado á terra de Castelao, POSTO QUE FOI O PRIMEIRO DIRECTOR DA BANDA INFANTIL DE TARAGOÑA".
    Resalta o diario o carácter rianxeiro do premiado poque, nos outros dous apartados de Barbantía, foron igualmente premiados XOSE LUIS AXEITOS AGRELO,(Académico da Lengua) e o Grupo Teatral Airiños, ambos de Asados.
    Noraboa a todos eles, e na que atingue a España, metervos tamén a vós, a todolos componentes de Banda Infantil que, polo que se vé, tuvo moito que ver na suma de méritos que levaron ó xurado a conceder este premio ó primeiro director que tuvestes.
    Aproveito para darlle a benvida ó foro a Manolo, de Boiro (creo recordar con él, tamen de Barraña a Hugo, Tomás, José (EPD)...).
    Unha aperta a todos.

    ResponderEliminar
  39. Un saudo a todos os ex compoñentes da banda infantil.

    ResponderEliminar
  40. ¿Que tal, todos?
    Despois de ler a noticia dos galardóns otorgados, procedo a felicitar ó profesor España pola súa dedicación ó mundo da música todos estes anos e tamén parabéns ós premiados do noso axuntamento; a verdade é que este blog levoume a visitar outros blogs ós cales pertenecen algúns dos nosos membros e xa tiven a oportunidade de ler sobre a historia do teatro Airiños de Asados por exemplo. Moito éxito a todos nas súas carreiras profesionais e que sigan cultivando moitos premios.
    Mencionar que é notable a participación dalgúns novos compoñentes da familia musical que pouco a pouco se están a sumar a este blog. Saúdos María José e José, que xa vexo nas fotos que estades moi ben, así coma todos os demáis compoñentes que xa que empecei vou nomear a un por un: Charly, Valentín, Inés, Ana Teresa, Pani, Carlitos, José Manuel (Coto), Enrique o Laxido, Manolo de Boiro, Joaquín o Latoneiro, Juan de Paradela, Bandín, Sonri, Marita e Pedreira (creo que non me queda ninguén atrás); xa vin que algúns de vós vos sumastes recentemente á lista de membros. Unha aperta a todos e que os lazos da amistade perduren sempre.
    Charo.

    ResponderEliminar
  41. O venres, 27 de novembro_09, tiven ocasión de asistir ó acto de entrega anual de premios cos que a Asociación Cultural Barbantia recoñece a labor realizada por diferentes persoas e institucións da comarca. O acto celebrouse no Auditorio da Pobra do Caramiñal, con asistencia dos Alcaldes da mancomunidade, membros da Deputación provincial e numeroso público que abarrotaba o local. Como xa nos adiantaba o amigo Esperante días atrás, o profesor España foi galardoado cunha desas distincións “pola súa traxectoria cultural”. O presentador do acto destacou o traballo realizado cos nenos e nenas da Banda Infantil de Taragoña. Tiven ocasión de acompañalo neste emocionante momento e lembrar algunhas anécdotas daquela bonita etapa que supuxo a posta en marcha da Banda. Falamos deste blog e coincidimos en que supón unha boa oportunidade para manternos en contacto. Contoume que lle gustaría moito participar e que agardaba poder contactar con Pani, o Administrador, para compartir materiais e outras experiencias. Para rematar tivemos ocasión de asistir a nunha cea de homenaxe.

    ResponderEliminar
  42. Que tal todos?
    Pois empezo por decir que non fai falta recordar que un día coma hoxe hai 32 anos demos o 1º concerto das nosas vidas no Centro Cultural e Deportivo da nosa Taragoña. A traxectoria foi longa, houbo días e días incansables de ensaios previos ó esperado momento.
    Moitos anos pasaron desde aquela e os detalles para min xa son un pouco borrosos, pero acórdome especialmente de que así como empezamos a tocar a alguén lle asinaron a tarefa de ir abrindo o telón pouco a pouco e alí aparecemos nós diante dos ollos de tan increíble cantidade de xente que acudeu ó local. Eu nunca vira o sitio tan saturado de xente e tamén os ollos se me perdían galopando entre cara e cara. Particularmente non lembro cales foron as emocións, instruccións, e posiblemente detalles de última hora que nos deron antes do debut, pero de último sentín unha tremenda satisfacción, coma o sentimento de que finalmente a nosa misión fora cumprida.
    Supoño que cada un de nós ten as súas lembranzas persoais do día aquel.
    Hoxe, celebremos que estamos vivos para recordalo e que así sexa por moitos anos.
    Unha aperta a todos!
    Charo.

    ResponderEliminar
  43. Seguindo o comentario de Charo... sí recordo un detalliño que tiñamos preparado, i este era que empezara a tocar a Banda antes de correr o telón. Ó escoitarse as primeiras notas, o telón iba abríndose lentamente... descubrindo pouco a pouco a todolos compoñentes da Banda. O efecto que causou no público foi impactante, realmente impresionante...
    Creo tamén que, a propia peza que tocábades (unha marcha preparada por José España, penso titulada RECREACIÓN, ¿recórdaa algun de vós?), alo menos polo que a min respecta, foi a mais apropiada para emocionarnos a todos. Eu recordoa de tal maneira que, ainda hoxe, de cando en vez acórdame e tatareoa, certo que moi mal... pero eu "entendoa".
    Por certo, si alguén tuvera unha "cassete" con esta Recreación, agradecería unha copia.
    Grazas a Charo polo recordo, e aperta para todos.

    ResponderEliminar
  44. Saúdos de novo!
    Hoxe a falar por teléfono con miña irmán puxémonos a comentar sobre as fotos que saen neste blog e a recordar algunhas historias; acábamos a rir un montón. É asombroso como un se sumerxe noutra época e pasa case tan bos momentos e tan reais coma se estivemos a vivir aquel instante mesmamente. Pois parece que ela ten mellor memoria ca min; na banda dos pequenos (así nos as dúas lle chamábamos), a mesmísima que vemos nestes vídeos, pero nos anos inmediatos á desaparición da nosa banda, Ana e máis eu tocamos durante un tempo con estes novos rapaces como todos sabedes; ó que iba é que me decía que un día nun pasarúas en Ribeira iba ela ó frente da banda (como María José fixera na nosa) e que unhas mulleres fartábanse de aplaudir que se mataban porque a recoñeceron de cando estivera no instituto de FP. Non podo crer que eu non me acorde destes tempos...tampouco me acordo por que razón un bo día deixamos de tocar, supoño porque a vida sigueu outros rumbos...
    De calquera maneira, sempre vai ser algo que un día formou parte das nosas vidas e levámolo coma unha estampa.
    Outro día seguirei con máis historias así coma vaian vindo á miña mente e espero contar coa cooperación de Ana para que me bote unha man.
    Tamén me dixo que ás veces ve por ahí a algún de vós; Teresa, parece que a colección de fotos de Asturias é toda túa e moitas gracias por compartila con todos nós.
    Como xa dixen previamente, deberíamos escribir sobre as nosas anécdotas; entre todos sería máis fácil acordarse.
    É todo por agora. Unha aperta a todos.

    ResponderEliminar
  45. Hola, eu tamén me acordo que o primeiro día que tocamos a banda subeu ó escenario pola porta da hora do Centro e tamén que o telón foise abrindo pouco a pouco mentras empezábamos a tocar. Foi moi bonito. Acordádevos que todos temos un bolígrafo recordo de ese día. María José.

    ResponderEliminar
  46. ¡Saúdos novamente!
    Parece que a todos nos impactou o detalle do telón polo que se ve; María José, gracias por comentarnos o de que entráramos pola horta que eu nin me acordaba e moito menos o de que temos un bolígrafo comemorativo; espero que ande pola casa na miña colección de tesouros. O que si me acordo coma hoxe é dunha bandexa de metal que nos deran en "La Onza de Oro" que tiña escrito o himno galego e traía unhas latas de conserva para cada un; na miña casa temos por partida doble, duas clarinetistas, dúas bandexas. A ver se alguén máis se acorda.
    Xa vos deixo por esta. Unha aperta a todos!

    ResponderEliminar
  47. Hola a tod@s despois de moito tempo por fin podo volver a po;erme en contacto con vos- problemos tecnicos-e vexo que a cousa vaise animando afortunadamente.
    Sinto non poder compartir con vos o debut pois eu comcei dous meses mais tarde.Quero recordar con carino a Espana- ca sua paciencia infinita para con un monton de cativos que seguramente o sacariamos das casillas en moitas ocasions-ca sua flauta dulce tomandonos a leccion de solfeo.Un saudo e noraboa para el polo seu merecido premio.
    Con respecto as fotos de Asturias....acordadesvos de que despois do pasacalles tan espectacular que ti;a lugar en Oviedo, pola tarde antes de marchar tinamos algun tempo libre e estabamos nunha especie de parque e para a nosa sorpresa estaba Angela Carrasco dando un concerto e non sei canto tempo estivemos ali alucinando- as rapazas suponho pois so recordo a Marita, Aurora,Maria Xose e creo que Charo pero seguro que estabamos todas.Outro recordo un tanto triste me veu tamen a mente do Platillero-na nosa memoria- entregandolle un ramo a Lolita en Parada del Monte e de tan nervioso que estaba apenas se lle entenderon as palabras que tinha que dicir.Que tempos aqueles........
    Un recordo especial para todos aqueles que por desgracia xa non estan con nos -Jordan,o Platillero, Joselin e Angel o Gato- pero sempre estaran na nosa memoria colectiva. Por hoxe xa chegou de nostalxia, prometo seguir recordando con tod@s vos aqueles maravillosos anos..... Un saudo

    ResponderEliminar
  48. Saúdos!
    Parece que os recordos estivesen atascados nalgunha parte da mente pero basta unha pequena chispa para traelos con vividez unha vez máis.
    Pois si que estaba eu tamén presente na actuación de Angela Carrasco e supoño que por alí andábamos a maioría de nós, pois ese foi o ano que nos acompañou tía Rosa así como Lela a nai de Marita (se mal non recordo) e elas tamén estaban alí nunha mesa perto de nós. Pensade que en Oviedo actuamos 2 anos consecutivos, eu estou un pouco confusa co que pertenece a cada ano; no segundo si sei que fomos ata Covadonga e pasamos alí ben de tempo. De Asturias ata lembro que a comida deixárame un bo sabor o primeiro ano, nese hotel que sae nas fotos, pero o segundo non me deixara tan bo paladar.
    Teresa, e ti fixeches algo admirable para min, pois cando fomos tocar a Lourenzá en Lugo, visitando aquela inmensa igrexa onde estaba enterrado o Conde Santo, tiveches o atrevemento de tocar o sarcófago por debaixo e decían que tocabas o corpo do santo ¡a min nin que me pagasen! Logo seguíramos a visitar as dependencias e lembro que había unhas salas de tortura que foran usadas polos monxes do lugar. Finalmente mencionar o órgano impresionante que había nesta igrexa. Fora unha visita moi proveitosa e teño un bo recordo daquel día.
    Espero que sigamos a compartir estas historias que hoxe o que a min me causan non é máis que un tremendo benestar.
    Unha aperta!

    ResponderEliminar
  49. Hola de novo.
    Charo tes unha memoria prodixiosa, eu no me acordo das cousas con tanto detalle. por exemplo o de Lourenza si que me acordo de entrar na igrexa pero da sa de torturas e de tocarlle o bispo ,,,,,,, uhhhh- po;enseme os pelos de punta jajajaj- a verdade e que no o recordo e tampouco recordo si era a primeira vez que iamos a Oviedo cando o de Angela Carrasco.Eu tenho recordos tipo flash de situacions concretas pero non me pidas detalles,a ver si entre tod@s me ides refrescando a memoria doutros momentos que de seguro teno gardados no baul dos recordos e como ben dis ti so fai falla unha chispa para que saian a flote.O que tamen recordo e a visita a Covadonga -maravillosa- .
    E por seguir recordando un pouco tocalle o turno a Fisterra, recordo aquelas interminables procedions coa xente pegada a nos cas velas e recordo de acabar ca chaqueta toda chea de cera e os pes como si acabara de facer o cami;o de Santiago-bueno igual exaxero pero era moi duero- .O acabar sempre diciamos que non volviamos mais pero o ano seguinte recordo que Tubio nos falaba que este ano nos ian tocar 3000 ptas e enton xa nos olvidabamos das penurias do ano anterior jajajaja.a verdade e que repetimos creo que 3 ou 4 anos.Tanmen me acordo que o primeiro ano que fomos despois de comer fomos ata un bar e quixemos ponher musica no tocadiscos e por pouco botanse a nos porque diciannos que non se podia escoitar musica en Semana santa e a nos parecianos que estaban un pouco tolos e de seguro que nos para eles debiamos ser uns herexes,jajajaj.
    Quero saudar a Tubio e Esperante , os presis,que me alegro moito que participen pois eles tamen foron parte moi importante desa epoca das nosas vidas pois sin a sua iniciativa e entrega unha empresa como aquela non se poderia levar a cabo.Tamen como olvidarnos de Paco e Che os Lorchos que sen o seu entusiasmo e xenerosidade tampouco estariamos hoxe aqui falando daqueles tempos.Tamen recordar a Espanha naquela primeira etapa coa sua paciencia e sabiduria e como non a Prudencio-que xa non esta entre nos pero si no noso recordo- que tanto nos entusiasmou coas suas propostas.acordadesbos daquelas zarzuelas tan espectaculares que tanto exito tiveron...e como non da idea de facer Amalgama, aquela megaorquesta que sorprendia a todo o mundo pola cantidade de xente que a formaba- que ben o temos pasado.Quero recordar tamen a Yolanda,da que nunca mais volvin a saber nada e tenho buscado en google pero nunca atopei nada refernte a ela.
    Bueno hoxe tenho que deixarvos pero seguirei recordando .Un bico para tod@s en especial para Charo por ser a que esta mais lonxe e ser a mais participativa .

    ResponderEliminar
  50. ¡Ai! Pois si, compañeiros, que naquelas procesións nós éramos os verdadeiros mártires; tocata polo medio día e logo a da noite ¡que agonía! Acórdome que nunha das veces, na do medio día, tivemos que empezar a correr detrás dos santos polo medio da xente, tipo maratón; ¡Había unha desorganización absoluta!
    Un dos anos, pola tarde despois de xantar, e como tiñamos tempo de abondo, uns cantos grupiños tivemos a brillante idea de ir a andar desde o pobo ata o faro e chegamos arriba sen alento; o arrepentimento xa me corría polas venas e aínda nos quedaba a baixada e, o peor de todo, ¡o desenclavo nocturno! Hoxe ríome ca lembranza, pero aquel día máis ben me daban ganas de chorar e desexos de marchar para a casa sen tocar. E, si, a xente incordiaba bastante, tanto se pegaban que non deixaban nin soplar.

    ResponderEliminar
  51. Outra anécdota que titulo "Unha pobre alma no palco".
    O seguinte ocurreu nun concerto no palco da alameda de Noia, nas festas do verán. Unha pobre alma subeu ó palco sen ser invitado e tiña unha linterna encendida na man coa cal se dirixeu a Teresa e Aurora e espetoulla nas partituras nun acto que o pobre considerou de boa fe, supoño eu; o día estaba dun luminoso que quentaba o sol sobre o sol. Aquela inesperada presencia causou un pouco de disturbio porque nós xa non dabamos pancada, podía máis a risa ca todo e Prudencio empezara a pedir axuda desesperada para que o sacasen do palco. Alguén finalmente o veu sacar e nós pudemos seguir a tocar con máis seriedade, despois do cachondeo que se armara nada máis empezar o concerto. Foi un deses momentos nos que deberías aguantar a risa, pero reventas e non o podes evitar. Desde logo, non se pode decir que non o pasábamos ben.

    ResponderEliminar
  52. Hola de novo.Charo o da linterna en Noia non me acorda para nada, a verdade estou empezando a preocuparme pola minha memoria pois a verdade e que e unha anecdota do mais curiosa,a ver si vou a empezar con principios de Alzheimer-jejejeje-O do subir o faro de Fisterra si que o recordo pois eu tamen estaba nese grupo de aventureiros.
    Outro recordo de Muxia,cando o chegar a hora de tocar a alzar a metade de nos estabamos dando brincos polas pedras foxen de abalar ou non e Prudencio desesperado,creo que finalmente estariamos a mitade non me acordo se eu estaba entre os cumplidores ou non,Tamen recordo que no mismo lugar Aurora case cae o mar si non a chegan a agarrar pola roupa,debeu esbarar nunha pedra no me acordo quen foi o seu salvador, non sei se ela se acordara.
    E que dicir de Pepinho de Panton, todo unha persoaxe,un fiel seguidor e un namorado de Aurora tinha fixacion con ela.
    E outra anecdota da primeira etapa con Espanha, cando en Leiro-Pontevedra- querian que fixeramos pasacalle e nos ainda non faciamos e tivemos que ir polas ruas cos atriles enganchados e ir tocando a cada treito- a verdade que eu pasara bastante vergonza - pero todalas experiencias creo que son positivas sempre se saca algo bo de cada unha e desde logo que daria por volver a pasar por esa vergonza.
    Un saudo

    ResponderEliminar
  53. ¡Aquí de novo! Teresa, ¡mira que nos fas rir!
    Empezo por explicar que o que denominamos como "alzar" é cando o cura alza o cáliz nesa parte da misa que todo o mundo sabe. A verdade é que co asunto de tocar a alzar sempre había problemas; desde empezar a tocar sen ser o momento oportuno (falsa alarma), ata andar desperdigados por calquera lado e non aparecer máis que a metade, como ti dis; eu acórdome dunha ocasión, o pobo non o lembro, que estaba con algúns máis sentada e de repente oímos a banda a tocar de lonxe e alá botamos a correr para sumarnos ó grupo e todos íbamos chegando por conta gotas; como o himno non era moi longo, ás veces chegábase para soplar as 2 últimas notas pero o que contaba era facer acto de presencia para non levar unha bronca. Doutras veces aparecíamos pouco menos que 1 de cada corda.
    Alá en Muxía tamén andaba eu na famosa pedra de abalar; había que probalo todo ¡como éramos!

    ResponderEliminar
  54. Agora quero invitar ós demáis a que nos axuden a traer á memoria aqueles días tan felices para todos, porque me consta que foron tempos dos máis felices para uns cativos coma nós que nunca saíran da casa e tiveron a oportunidade de coñecer tantos e tantos pobos da nosa Galicia e incluso cruzar as fronteiras rexionais. Espero que poidamos deixar constancia destas numerosas aventuras que o merecen e son dignas de contar.
    Roberto, ti decías nun comentario que gardas un montón de anécdotas e recordos que sempre serán inolvidables, ¿onde andas?, a ver se nos botas unha man. Témonos rido moito nos tempos que nos sentaran xuntos; nos ensaios sempre botábamos unha parrafada entre tocata e tocata e contábamos moitas historias. Tamén me teño partido de risa con Pedreira quen sempre nos traía algunha aventura persoal do máis simpática.
    Tamén quero decir que se alguén se ofendese con calquera comentario (espero que non) que se sinta con liberdade de expresalo.
    O que eu poda escribir aquí non é co afán de molestar, excluir, ou criticar a ninguén. A todos vos teño moito aprecio. Dito esto, xa me despido por hoxe.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  55. Aqui estou de novo conectada o -canal nostalxia-monopolizado casi por Charo e mais eu, onde andades metidos os demais...votadenos unha man coa memoria, a verdade e que e moi divertido revivir todas aquelas anecdotas, pero cantos mais sexamos mais divertido sera.
    Hoxe non tenho moito tempo,asi que non podo enrollarme contando ningunha trastada, deixoa para a proxima.
    Un saudo e por favor animadevos a participar.
    Charo juapa , un bico.

    ResponderEliminar
  56. Aquí de novo para desexarvos a todos unhas boas festas. Esta mañán escoitaba na radio "Last Christmas" de George Michael, a miña canción navideña máis favorita de tódolos tempos que me trae cantidade de recordos de épocas pasadas. Unha vez máis o inmenso poder da música e a influencia que tivo e ten nas nosas vidas.
    Posiblemente nos próximos días non escriba moito neste blog pero deixámolo para calquera outro día.
    Pani, moi bonito o vídeo-felicitación, unha versión de "Jingle Bells" que me gustou moito.
    Bicos e saúdos a todos! Merry Christmas!

    ResponderEliminar
  57. ¡¡ Felices Festas a todo-los que fan posible manter cada día mais vivo este rinconciño, pero moi especialmente a Charo i a Teresa (por certo Teresa, feliz ocurrencia o de "Canal nostalxia",-terás que rexistralo- e que comparto totalmente) pola sua presencia, as dúas, cuasi permanente neste mes. Unha vez que nos acostumbrastes... non o deixedes.
    O mesmo vale para María José...
    O vindeiro ano temos que ser moitos mais, PRINCIPALMENTE OS QUE FORON MUSICOS DA BANDA, que participemos neste foro. Cada un dos que estamos agora podíamos comprometernos a acercar polo menos a outro bloguero dende ahora ata Febreiro, por exemplo; doblaríamos o número actual.
    Como que está mais lonxe? especial recordo para Charo nestas datas. Ós demais (Tubío, Pani, etc), unha aperta.

    ResponderEliminar
  58. Hola de novo a todos. Aínda que non fixen ningún comentario últimamente, non deixo de visitar e ler a miudo tódolos comentarios que se publican neste blog. Un saúdo ós presis, a Pani, Teresa, Charo, María Xosé, Aurora, Che o Lorcho.. En definitiva, a tódolos que participades neste blog e conseguides facerme lembrar todos aqueles tempos de xuventude.
    Co pasar dos anos hai recordos que se van borrando, sobre todo os malos, pero quedan outros que son imposibles de esquecer, e deses anos que pasamos xuntos, porque sí que recordo que pasábamos máis tempo xuntos que nas nosas casas, algo que hoxe en día sería prácticamente imposible..
    Hai anécdotas que aínda hoxe recordo e comentamos Valentín e máis eu, como a primeira vez que fomos a Finisterre e algún xa vía a Estatua da Libertade..
    Ou cando íamos a tocar a Mondariz e pasábamos entre a s columnas do Balneario por disque adelgazaba pasar polo medio delas..
    Ou cando Tucho caeu no pozo negro..Ou cando Benito entrou sin querer nunha casa particular e pedíu un bocadillo de "choriso casero"..
    Tamén un día que íamos desfilando e sin querer lle pisei á nosa querida Charo un zapato e tivo que salir da fila correndo a buscalo, recordas Charo? Síntoo..
    Recordo tamén as interminables procesións de Fisterra, a cantidade de actuacións que tiñamos tódolos veráns, a cantidade de Kilómetros que facíamos xuntos no autocar de Muiños, co noso querido Xosé Manuel "O Requinto" que siempre se mareaba, ós chóferes que lles tocaba aguantarnos, ó noso querido señor Vicente, ó que lle rompíamos sempre os pitucos das boinas..
    Dios mío qué paciencia tiña aquel home!
    Tamén recordo ó señor España, a súa infinita paciencia para con nós, a Che, a Paco, a Yolanda,que tamén nos aguantou moito.. Acordádesvos que un día lle escondímolo "dous cabalos" que tiña? A Prudencio, que tamén nos sufríu moitos anos e do cal creo que todos gardamos moitos e bos recordos..
    Tamén Tubío, co cal conseguín rematar os meus estudios de Saxofón..
    De todas maneiras, non hai máis que botarlle unha ollada ás fotos deste blog para que empezen a ferver na nosa cabeza moitos recordos de antaño..
    Ver esa foto do local do centro cheo o día do noso estreno ponme os pelos de punta, a actuación de 300 Millones... As fotos de Grado, das actuacións da Banda, todas teñen algo que contar e unha cantidade infinita de recordos..
    Por certo, quero mandar desde aquí un saúdo a toda a xente que fixo posible que todo esto pasase, á directiva do Centro, que non lles faltou traballo con nós, ós nosos pais, que sin eles non estaríamos hoxe aquí, nin sería posible estar falando hoxe de todo esto.
    Creo que agora nos damos conta da repercusión de ese proxecto que foi a banda e da súa influencia nas nosas vidas, sobre todo na miña.
    Desde aquí un abrazo a todos, un Bo Nadal, e ten razón Esperante, o ano que ven temos que ser moitos máis..
    Felices Festas!

    ResponderEliminar
  59. ¡Saúdos a todos!
    Roberto, ¡cantas aventuras! En Mondariz non sei as columnas, pero disque aquela auga curaba todos os males e recordo que estabamos Dolores, Coto e máis eu a meterlle uns tragos; eu apenas mollara o peteiro, pero Coto bebera varios vasos; a verdade é que cheiraba a ovos podres !que mal!
    Pois do zapato nin me acordo, pero aposto que pasei unha tremenda vergoña cando o tiven que ir recoller; é moi posible que eu levara o paso cambiado para que esto pasara.
    Acordeime o outro día de outro incidente a tocar no Adro nas festas de Taragoña; estaba tío Paco a dirixir e accidentalmente deulle co codo ó irmán pequeno do Laretas (alguén o subira para saudar a seu irmán) e chimpouno do palco ¡menos mal que non lle pasara nada! Aquí tiven unha vez máis un ataque de risa que non procedía pero non podía aguantar. Tamén outros moitos se riron !ja, ja!
    Ata outro día, xa é todo por hoxe.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  60. Este comentario ha sido eliminado por el autor.

    ResponderEliminar
  61. hola a todos ,despois de varias semanas intentando porme en contacto con vos por fin o conseguin. En primeiro mandarvos un saudo e unha forte aperta a todos vos e desexarvos un feliz ano 2010.Quero dende aqui darlle as grazas a PANI pola creacion deste rinconciño dende o cal podemos recordar como decides alguns de vos aqueles maravillosos anos que para min polo menos foron uns dos mellores da miña vida.espero que tamen a partires de este ano sexamos mais os que nos vaiamos sumando a este blog por que polo menos e unha maneira de ir sabendo uns dos outros, porque a pesares de que a maioria de nos estamos relativamente preto a alguns non os vexo dende fai anos.desexar tamen que na comida anual que estamos facendo este ano sexamos xa non pido mais pero polo menos o dobre, xa que e unha maneira de volvernos a reunir e recordar aqueles momentos donde un grupo de rapaces e rapazas que formabamos esa gran familia que foi a banda o pasabamos tan ben. Bueno deixovos por oxe un saudiño e un bico para todos,CHARO,TERESA,ROBERTO,AURORA,PRESIS TUBIO E ESPERANTE, E a todos os demais que me acordo de todos vos e a ti PANI en especial por esta maravillosa idea.A Charo que se me olvidaba como di o anuncio do turron :vuelve a casa vuelve por navidad:un bico.

    ResponderEliminar
  62. Despois de desexar Feliz Ano para toda a familia da Banda, pásovos a contar unha pequena anécdota ocorrida naqueles bonitos festivais de Zarzuela. Resulta que, como sabedes, parte dos compoñentes da banda tocaban e outra parte actuaba no escenario. Como o espectáculo era bonito tamén entretiña os músicos que se “distraían” máis que da conta mirando, principalmente os nenos cara as nenas. Prudencio que tamén tiña que atender a tocar o piano veu pedirme axuda. E alí me tendes sentado facendo labores de vixilancia. Creo que esta foi a tarefa máis insólita que teño realizado, jajjaja.

    ResponderEliminar
  63. ¡Ai! ,Tubío, ¡que gracioso detalle!
    A min que non me acusen, aínda eu era parte da orquesta e non das "cantadoras"; o meu era máis ben entre bambalinas, así como Dolores, a miña compañeira de fatigas, que non nos poñían no do cante nin a tiros. Ben, de todos modos, non se lle pode poñer culpa a ninguén, había que ver que GUAPAS estaban todas e a calquera se lle extraviaban os ollos, ¿ou non?
    Aproveito para desexarvos un ano maravilloso e darlle a benvida a "cholomar" que non caio neste momento quen pode ser.
    Unha aperta a todos.

    ResponderEliminar
  64. Hola a todos,eu non teño tan boa memoria, pero lémbrome dalguhas anécdotas como cando nos descansos dos ensaios no inverno xogábamos a agacharnos e outros tiñannos que encontrar coas linternas (pois xa era de noite),despóis empezaba o ensaio de novo e algúns aínda seguíamos sin aparecer un bo cacho.Cando volvíamos levábamos unha boa reprimenda.
    Tamén un día que tocábamos, creo que pola zona de Portosín, fomos a unha praia que tiña unha especie de piscina e algúns como non leváramos bañador bañámonos igual en calzoncillos, coas consiguientes risas de todos, sobre todo das rapazas. Xa se sabe que éramos coma "nenos"
    Tamen darlle un saúdo a todos os novos participantes neste noso blog. E decirlle a "cholomar" que nos quite de dudas,eu penso que é Coto,non?.
    Un saúdo e feliz ano para todos.

    ResponderEliminar
  65. Hola,perdoade por facer o comentario co meu nome de guerra ja.ja.ja.Para sacarvos de duvidas son o teu compañeiro de atril charo un bico M.P.R.

    ResponderEliminar
  66. ¡Saúdos a todos!
    Pedreira, ¡benvido! Pois si que nos temos rido, ¿non si? Recordo a seguinte historia duns parentes teus de Arxentina que estaban na túa casa de visita e que che trouxeran un regalo e dixéranche algo como "toma, para vós" e que era unha caixiña pequena e ti pensabas ¿que será para todos nunha caixa tan pequena? Vaia, que ó final ese "vós" entéraste que vai por "ti" e xa a cousa che tiña máis sentido; ti decías "teñen unha forma tan rara de falar..." Depois acórdome que ibamos a desfilar por Fachán arriba e alí estaban a sacarnos fotos e sinalaban cara a ti e dixérasme "son eses, os arxentinos". ¿Acórdaste? Ai! canto me ría naqueles tempos...todo parecía ter maxia.
    Seguindo tamén a Pani no asunto dos baños, ¿non vos acordades que un incidente similar pasara na illa de Arousa? Aquelo fora máis escándaloso, pois andábanse a tirar ó muelle perto de onde atracaban todos os barcos que chegaban á illa e todo o mundo quedaba pasmado a mirar e pensarían ¡vaia cuadrilla de dexenerados!. Creo que todo nos queda perdoado porque non tíñamos moito sentido.
    Espero seguir oíndo novas de todos. Ata a próxima.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  67. Ola de novo… Cóntanme q este pasado domingo, día 10 de xaneiro de 2010, celebrouse, organizado pola Banda Municipal de Pontevedra, un acto de homenaxe a Pucho Boedo e Prudencio Romo ó que asistiu un numeroso público que abarrotou os locais do Teatro Principal. O máis significativo para nós foi o comentario do Director da citada Banda que veu a dicir, entre outras cousas, que os seus inicios na carreira musical, sendo neno, debéronse a ter escoitado un concerto da Banda Infantil de Taragoña. Esta faceta motivadora da nosa Banda nunca tivera reflexionado nela. Non deixa de ser curioso que desde a nosa modesta actividade espertaramos, neste caso e seguro en moitos outros, o interese e o gusto pola música e que fructificara en importantes profesionais. Para máis información do acto pódese consultar a través de Internet http://www.bandamusicapontevedra.org/

    ResponderEliminar
  68. ¿Que tal de novo?
    Tubío gracias por comunicarnos o desta homenaxe; xa lle botei un vistazo á web. ¿Non vos acordades que éramos bastante "famosos" por Pontevedra? Temos ido tocar repetidamente ás festas da Peregrina e alégrame saber que fomos a inspiración dalgún outro cativo que seguro estaba no medio do público presente naqueles concertos que dábamos.
    Non sei se María José se acordará, pero cada vez que tocábamos alá íbamos comprar unhas pastas que estaban riquísimas e xa nos lembrábamos do sitio dunha vez para outra.
    Tamén recordo que me gustaba moito ir polas atraccións que había; ás veces un consumía o que iba gañar a dar voltas nas cadeas, nos coches eléctricos, na noria...¡Nós si que sabíamos como matar o tempo libre! A min gustábanme bastante os xeados e tamén nestas festas unha vez comera un pouco antes de tocar e eso non era unha boa cousa, despois non había quen tocase; tíñanmos avisado de non comelos pero a tentación era bastante máis forte.
    Ben, é todo por agora.
    Unha aperta a todos.

    ResponderEliminar
  69. Feliz Ano a toda a familia da banda.Despois de casi un mes sin conectar con vos que alegria comprobar o concorrido que se puso esto. Xa era hora de que vos forades animando a participar.Benvido Pedreira, e saudos tamen a Roberto,Tubio,Esperante e Pani e como non para a nosa blogueira =number one= Charo.
    A verdade e que despois de ler todos os vosos comentarios foron desencadeandose na minha memoria unha cantidade de recordos que ata agora non recordaba pero gracias a vos poido recuperar como si se tratara de onte mesmo.Que cantidade de momentos compartidos que asi entre todos podemos recuperar na nosa memoria se algun se nos extravia ,porque sempre estara na memoria de algun de nos.
    Tubio, o da labor de vixiante entre bambalinas na zarzuela si que o recordo.Recordo o axetreo que tinamos nos camerinos ca cantidade de vestiario que tinamos cada unha,non dabamos atopado as cousas cas presas entre numero e numero,a verdade e que agora o recordalo na distancia penso que foi todo un acontecemento para todo o pobo pois habia que ver como estaba o patio de butacas e creo recordar que tivemos que facer mais dunha funcion para que ninguen se quedara sen ver aquel espectaculo,para nos polo menos si que foi todo un acontecemento,oxala naquel tempo houbera camaras dixitais ou moviles como agora par poder ter imaxes de todo aquelo.Acordome de unha das funcions na que me quedei afonica por completo, penso que mais polos nervios que por problemas de garganta, pois ti;a que cantar a cancion da flauta maxica, creo recordar que se titulaba asi, e tina que facer uns gorgoritos que eran o rechifla de todas porque se partian de risa e a min dabame vergona asi que finalmente a afonia veume botar unha man.
    Quero facer unha aclaracion con respeto a puntuacion e a falla de acentos e demais sinos ortograficos, o problema e que cando escribo fagoo desde un ordenador vello que teno no traballo- pois e donde teno mais tempo para escribir- e ao teclado fallanlle a metade dos signos ortograficos e alguha que outra letra pero supono que xa vos dariades conta,pido desculpas,a ver se compro polo menos un teclado novo, jejejej.
    Bueno por hoxe xa me despido unha aperta a tod@s.

    ResponderEliminar
  70. Saúdos!
    Anuncio que hai un vídeo novo que vai sustituir ós 2 primeiros. Pani a ver se pos o enlace para este, pois os outros vounos borrar nos próximos días. Onte regaláronme un CD de "Los Tamara" e xusto esta canción que lle puxen ó vídeo é unha das miñas favoritas cantada polo inigualable Pucho Boedo, que aínda hoxe lles fai poñer os pelos de punta ós emigrantes para os que el cantou tantas e tantas veces polos centros galegos de todo o mundo. Esta é a miña homenaxe particular a esta grande figura que tamén tivo parte na historia da nosa banda por medio de Prudencio Romo, como todos sabemos.
    Unha aperta a todos, hoxe tamén eu desde o mundo dos emigrantes ¡quen mo iba decir!

    ResponderEliminar
  71. Aquí de novo ca memoria, como di Teresa, que me acordei dunha vez, creo que en Mosteiro, que fóramos tocar o día de San Xoán e así como aparcaba o autobús xa vimos o palco cheo de carros, arados e demáis que a xente deixará alí na famosa noite de facer trastadas; logo os donos afortunados iban chegando a recoller as súas pertenencias.
    Outro recordo un tanto borroso sobre Malpica, de onde creo nos mandaran de volta para a casa sen tocar ¿foi por causa de que chegáramos tarde?; xa o cura na romería rezara por nós e todo. Quizáis alguén pode aclarar mellor a historia, porque eu non o teño moi claro.
    Ata a próxima.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  72. Hola de novo a tod@s.
    Ultimamente venme a mente con moita frecuencia o recordo daquelas viaxes no autobus de Muinos ca musica de fondo da cassete que traia Miguel de Boney M. acordadesvos...sobre todo a cancion de Rivers of Babylon..... E que xa fai un tempo que escoito M80 radio e po;en musica de exitos dos 70,80 e 90 e escoito a menudo eses temas e por iso me fan traballar a memoria,recomendovos esa emisora esta xenial pois ponen musica que che fai inmediatamente unha regresion o pasado e as veces ponme demasiado nostalxica.Tamen recordo aquela outra cassete - que penso que tamen era de Miguel - dos Brincos que tina aquelas.......Con un sorbito de champan,Lola,Borracho etc......cada vez que as escoito nalgun programa na tele deses dedicados aos recordos, automaticamente me vexo no autobus de Muinos,jajajajaj.
    Charo,con respecto ao de Malpica a verdade e que no o recordo en cambio si que me acordo do do San Xoan.
    Por hoxe nada mais, seguirei traballando coa memoria e xa vos irei contando.
    Bicos

    ResponderEliminar
  73. Hola a todos. Xa fai moito que non escribo pero leo os comemtarios moi a miudo. Eu sigo de cerca o mundo das bandas pois ahora eu estou no sitio de meus pais no sentido de andar detrás de dúas bandas, a de Merza e a de Rianxo. Sobre todo para ti Charo se queres escoitar algo delas non tes maís que buscar en Internet. E apropósito da de Rianxo, decirvos que a un dos compoñentes da banda acaban de darlle doús premios de composición no concurso galego de composicion para banda. Chámase Antón Alcalde e é un orgullo para Rianxo ter unha persoa que está dando moito que falar no mundo das bandas. Noticia moi importante para todos tendo en conta que solo ten dezasete anos. As súas obras son exquisitas e por momentos poñen os pelos de punta. Non volo perdades. Un súdo a todos. José e Mª José.

    ResponderEliminar
  74. Un saúdo!
    Comento que xa estou ó tanto de moitas novas que pasan agora pola nosa terra e, María José, non te creas que non vexo en youtube tropecentos vídeos sobre música; o pasodoble "Ponteareas", "La boda de Luis Alonso" entre outros, xa están na miña lista de internet favoritos desde hai tempo.
    Xa vin a José tamén a dirixir a banda de Merza e contárame Ana que polas festas de Taragoña tamén el iba a dirixir unha banda. Aínda que para min xa acabou a carreira musical, supón un orgullo saber que moitos de vós, compañeiros, seguides coseitando éxitos e abrazando un proveitoso futuro neste ámbito.
    Como di Teresa, nós mentras tanto seguimos de volta no tempo tratando de revivir e recrear aquela época da nosa vida conectadas simplemente ó "canal nostalxia"; tamén a min me gusta o nome este, comparto con Esperante, porque me permitiu reconectar con este pasado e con todos vós.
    Ben, xa deixo por hoxe, agora ben a parte máis complicada; xusto despois de publicar o comentario, un dase conta das faltas de ortografía, de acentos mal colocados, etc. e xan non hai volta atrás, e eso que eu o edito e reviso, pero logo ríome cando me como algunha palabra ou que dixen no comentario da illa de Arousa que se tiraban ó muelle ¿ó muelle?, por suposto que non, je,je DO MUELLE, claro!!!
    Ata a próxima e seguide a pensar e escribir.
    Unha aperta!

    ResponderEliminar
  75. Aquí ando novamente!
    Pois xusto me veu á cabeza o uso particular que nós lle dábamos ós prendedores da roupa; eran o noso aguanta partituras cando dábamos concertos e facía moito vento; aínda así, moitas veces era incontrolable e había que tomar un tempo con esta ceremonia para asentar todo ben no atril.
    Agora este momento histórico que supoño ninguén esquecería, nun concerto en Santa Rita en Vilagarcía cando a Juan Antonio con aquel redoble tan espectacular lle escapou a baqueta polo aire; eu creo que quedáramos todos medio paralizados, despois viñeran as risas e o público moito aplaudira a tocata, sería polo insólito do caso, ¡un concerto para recordar!.
    Ata a próxima historia. Saúdos!

    ResponderEliminar
  76. Saúdos para todos, para os que escribides nesta páxina e en especial para Charo, auténtica animadora desta sección. Bótase en falta aínda moita participación dado o gran número de compoñentes da Banda Infantil. Algúns deles auténticos “cracs” da comunicación, como o amigo Saavedra que teño visto en entrevista de diferentes programas na TVGA. A “Charli” ese gran trompeta que milita por la zona de Vigo. Fai uns días tamén comentaba persoalmente con “Gipi”, o do bombardino, da existencia desta páxina e que mostrou moito interese. Do marido de Mª José, José Rodríguez (Baby), en progresión constante no mundo da música. Os que actualmente están na Banda Municipal de Santiago, en Bandas Militares de Ferrol ou Marín, etc. etc. Tamén bótanse en falta os compoñentes das últimas fornadas de músicos que aparecen nos vídeos deste blog dirixidos por Manuel Lorenzo. Xa se sabe que escribir sempre supón un esforzo e implica vencer a timidez... pero agradécese. Está tendo moito éxito o apartado de anécdotas, tamén coido que estaría ben contar que fai cada quen neste momento, dentro ou fora do mundo da música.

    ResponderEliminar
  77. Como se xestionou a contratación da Banda Infantil para ir ás festas do Apóstolo.
    Como ben sabedes, cada ano concéntranse en Santiago, nun determinado día destas grandes festas, un bo número de Bandas de Música, popularmente chamado o “Día das Bandas”. Informados de que o organizador deste evento era Farruco, coñecido humorista e actor, alá nos fomos a falar con el. Atopámolo traballando na ferretería familiar “O Yunque” e deseguido saíu con nos para tratar o tema. A cuestión da contratación quedou arranxada facilmente e logo aproveitamos para disfrutar da súa animada conversa, tomando un café. Lembro unha anécdota que nos contou do que lle viña de suceder . Resulta que facía uns días gabándose, durante a comida familiar, de que ía conseguir xuntar en Santiago a mil músicos no certame de bandas, seu pai, que non debía estar moi satisfeito do seu rendemento como dependente na ferretería, espetoulle: “e non sería mellor que trataras de vender mil quilos de puntas... carallo” . Lembrades que aproveitando esta actuación fomos a visitar o Museo da Catedral con Prudencio.

    ResponderEliminar
  78. !De volta con todos vós!
    Hoxe botei un bo cacho de tempo no teléfono con miña nai exclusivamente a falar se ela se acordaba dalgunhas anécdotas máis (¡menos mal que uso tarxetas!), e teño algo para vós:
    Acordarédesvos que case sempre iba algún dos nosos pais para mirar por nós en cada viaxe, pois á nosa nai tamén lle tocara varias veces e contábame de que primeiramente saíramos para Cee, dalí marcháramos para Viana do Bolo, a onde chegáramos como ás 5 da mañán e puxérannos a dormir nun colexio, en literas, ¿lembrades esto? Onde estabamos as rapazas acomodadas, chegara tamén un grupo de rapazas vascas a armar unha foliada tremenda e con moita bulla, ¡je,je! e preguntaran ¿hay alguien en casa?, ó cal miña nai lles contestara que estaba a casa chea e case morren do susto. Non pudéramos dormir moito pois polas 9 tocaba empezar diana no pobo. Acabáramos de tocar aquí e marcháramos para outro pobo, Rábade, en Lugo ¡menudo tour! A outra persona a cargo fora o pai de Gema, ¡claro! con semellante routa, canta máis vixilancia, mellor.
    Tamén foi unha coincidencia que falei onte por teléfono con Tino o Piro e acórdabase tamén do de dormir nas literas e do seguinte detalle:
    a el tocáralle con Moncho Makeikus e no medio da noite a este último veulle a fame e abriu unha caixa de galletas cuétara facendo un tremendo ruido causado polo plastiquiño ese que traen e por este detalle Sr. Manolo o Pinchudo, quen tamén fora con nós, puxéraos fora no pasillo. ¡Hai que ver as cousas que tal nos pasaron! Hoxe algúns detalles tan cotidianos coma estes cáusannos un montón de gracia e son un bálsamo para alma, polo menos no meu caso.
    Seguirei con máis en breve.

    ResponderEliminar
  79. Outra actuación, esta vez en Betanzos, e mamá tamén nos saíra alá para vernos tocar; fóramos á festa dos Caneiros e víramos o famoso globo que botan.
    Coma xa teño dito nalgún outro comentario, os nosos pais seguíannos no coche a moitos sitios, especialmente polas cercanías e incluso a máis lonxe, e como todos sabedes, a mamá daquela no de conducir non se lle resistía nada. Tamén estivera presente no concerto de Vilagarcía que xa contei, aquela vez fora con tía Carmen e tío Alfonso que tamén tiñan ido vernos moitas veces por diversos sitios, ata a Madrid mesmo foran todos no coche de meu pai acompañarnos cando o de "300 Millones"; papá daquela andaba polo mar do Norte e non pudera ir.
    Outra das actuacións fora en Bastabales e pola tarde levárannos ó embalse do Tambre de excursión; había unha especie de ponte colgante que tambaleaba moitísimo e algúns atrevéranse a pasar por ela; eso foi para os que tiñan máis coraxe, nos cales eu non me incluo.
    E Tubío, si me acordo o de ver o museo da catedral, pero sentírame un pouco frustrada por non poder ver as catacumbas, para min o verdadeiro tesouro que hai alí encerrado.
    Ben, pois menos mal que de case todas as actuacións sacamos partido dalgunha que outra visita a sitios importantes, ou menos importantes, pero que se non chegasemos a ir tocar, seguro nunca iríamos polo propósito dunha simple visita.
    Xa me vou por hoxe, pero teño gardadas máis anécdotas para a próxima.
    Unha aperta a todos!

    ResponderEliminar
  80. Hola a todos. Estamos aquí reunidas miña nai, a tita(nai de Valentín e sogra de Inés), Olalla, Mariña, eu e miña avóa Lola. Gústalles moito ver os videos da banda, sobre todo as montaxes de Charo. Estamos lendo os teus comentarios e rímonos moito con eles. Tamén elas foron dos pais que lles tocou en algún momento ir a coidarnos. Mándanvos todas un saúdo e como sempre sobre todo para ti Charo. Estamos esperando novas crónicas. E espero que todos teñamos sempre presente ó señor Vicente, que foi sobre todo o noso banco para ir a comprar ós hippies. Un saúdo para todos. María José.

    ResponderEliminar
  81. Sigo con outra actuación, esta vez no auditorio de Caixa Vigo, en Vigo, onde saíramos nun programa de radio do cal era locutor Xan das Canicas. Deste día acórdanse moi ben meus pais, pois levaran con eles no coche a Xan das Canicas ata os Castros, a onde nos xuntaran a todos despois de actuar; papá sentira o orgullo do mundo por transportar a tal personalidade, ¡ja,ja!
    Algún tempo despois viñera Xan actuar ó noso Centro Cultural e Deportivo así como Diosiño, aquel acordeonista que sempre o acompañaba nas actuacións, e tamén viñeran "Los tres soles del Paraguay". Unha vez máis, o local estaba repleto de xente, o público de Taragoña que nunca se quería perder unha boa actuación.
    Pregúntome eu moitas veces se a xente se acordará e non botará de menos aqueles tempos cando non tiñamos quizáis moitos avances, pero tíñamos recursos, empeño, dedicación e disposición para armar tantos e tantos festivais que alegraron e recrearon a tantas familias...
    CH

    ResponderEliminar
  82. A ver se os demáis aportades algo que añadir ós meus comentarios, igual recordades cousas particulares que pasaran nalgún dos sitios e podemos extender a narración un pouco máis.
    E seguindo a María José, por suposto que non esquecemos a Sr. Vicente, que como tamén dixo Roberto ¡que paciencia tivo con nós o pobre do home...! ¡Que conste que eu nunca lle pedira 1 peseta para vicios! A verdade é que daquela 25 pesetas no monedeiro facían bastantes milagros e eu tiña debilidade por aquelas chapiñas que vendían os hippies, os cales estaban minados con nós, cando lles chegaba aquela invasión de compradores debían de alucinar. ¡Que tempos!
    Xa me vou, saúdos na casa de María José e para todos!

    ResponderEliminar
  83. Que alegria me da despois dunha semana de non comparecer,ver que estivo tan concorrido o blog,asi me gusta.
    A verdade e que recordo todas esas excursions e desde aqui quero expresar o meu agradecemento os responsables delas, porque como ven dicia Charo, de non ser asi,de seguro que a maioria de nos non coneceriamos cantidade de lugares que ben vale a pena conocer, e mais nesas idades e neses tempos, nos que todo tina un maior impacto na nosa memoria.
    Recordo que cando iamos cara o embalse do Tambre habia unhas curvas moi pronunciadas ,polo menos de 180grados,ou polo menos asi me pareceron daquela, e cuns taludes escarpados que a verdade e que o dar as curvas dabanme un pouco de medo de que saise o autobus a rolos por ali abaixo, pero a verdade e que gracias a deus nunca nos pasou nada.Unha vez ali eu tamen fun unha das intrepidas que pasaron a ponte colgante jajajaaj-o que fai a xuventude-.
    Volvin a ir xa fai uns cuantos anos esta vez,xa como nai responsable jejejeje,disposta a non facer ninguha toleria, pero como moitas de vos sabedes os fillos fan de nos o que queren, e hasta que Marcos - o meu fillo - conseguiu que volvera a pasalo non parou, e paseino, pero creo que cos ollos pechados da man de Marcos e de Fernando.
    Recordo tamen a vez que fomos a Portomarin,e o que me impresionou o embalse de Belesar no que esta sumerxido o antigo pobo de Portomarin.E acordadesvos da igrexa que tina todas as pedras numeradas porque foi feita de novo cas mesmas pedras e por iso tiveranas que numerar .E tamen recordo o famoso rei das tartas de Portomarin con aqueles bigotes tan exaxerados ,a verdade e que as famosas tartas a min non me convencian demasiado,eran un pouco empalagosas jejeje.
    Tamen quero recordar a Senhor Vicente o fan numero 1 da banda-como ben dicia Maria Jose foi en moitas ocasions o noso prestamista, pero sempre sen animo de lucro - Hoxe en dia seria un gruppi moderno jajajaja un incondicional donde os houbera.Recordo como dicia Charo, o asalto os hipies que faciamos cando chegabamos a unha festa , o certo e que estaban encantados con nos,suponho.Nas actuacions ibasenos o comido polo servido ,como di o refran, a maioria das veces ,pero que nos importaba , o principal era pasalo ben e coido que o pasabamos .........
    Deixovos por hoxe unha aperta Tubio,Charo,Maria Jose e a todos os demais saudos tamen e a ver se vos ides animando.

    ResponderEliminar
  84. hola despois de leer o comentario sobre a saida a Bastabales eu tamen lembro o viaxiño que fixemos o embalse do Tambre onde o pasamos moi ben asi coma a todos sitios que iamos nos descansos das actuacions. Pero tamen lembro que foi o sitio onde eu e dous compañeiros mais levamos unha bronca monumental dun directivo da comision de festas,e todo foi quero recordar porque asi como as rapazas ias mercarlle a os hipies un de nos tamen foi mercar a un chiringuito que abia no campo da festa e chegounos cunha navalla,a min nonseme ocorreu outro sitio mellor para probar tan fantastica arma ca na pel dunha arbore que estaba a caron da igrexa poñendome a grabar un corazon,con tan mala sorte que cando estabamos acabando a nosa fantastica talla chegounos por as costas o señoriño directivo sorprendendonos coas mans na masa e ameazandonos con contarllo o noso director,se llo contou ou non non o sei pois mais bronca ca a del non lebamos.Bastantes anos despois volvin a pasar por ali e veume a cabeza o recordo daquela anecdota e nin corto nin perezoso non se me ocorreu outra cousa mais que ir ollar se as gravisimas feridas que lle causaramos a aquela arbore ainda perduraban, mais a arbore seguia erguida no mesmo lugar,eso si uns cantos anos mais vella bueno igual ca min ja,ja ja,pero as feridas xa cicatrizaran totalmente pois xa non quedaba ningun rastro daqueles corazons.coido que se o señoriño chegou a ollar a arbore totalmente rexenerada ficaria tranquilo e xa nos perdoaria pois heran cousas de rapaces.un saudo para todos e un bico.

    ResponderEliminar
  85. ¿Vedes todos? Xa vos decía eu que cada un ten as súas impresións persoais e concretas de cada actuación; non todos recordamos o mesmo precisamente, a cada un quedáronnos grabados distintos detalles e tiveron un impacto diferente en nós.
    Eu por exemplo do de Portomarín non son capaz de pensar en algo significativo, si me soa o de ir ó embalse de Belesar, pero nada concreto.
    Agora, Teresa, ¿non será que o rei das tartas era en Mondoñedo? Eu acórdome de ver os escaparates cheos das súas tartas e fotos do individuo tamén colgadas por todos lados e de probar a famosa tarta, quizáis un pouco empalagosa como ti dis, ¡pero ata quen me dera un cacho neste momento!
    Pedreira, o do incidente este que contas, tíñalo ben caladiño, seguro que a ameaza do da comisión deixáravos sin fala...ja,ja,ja!
    Agora imos para Verín en Ourense, e desde aquí pola tarde no tempo libre, levárannos a Chaves en Portugal, !que ilusión¡ !ir a un país extranxeiro¡ aquela foi a primeira vez na vida que eu saíra ó país veciño, aínda que non o creades, non porque non tivera oportunidade de ir pois meus pais tiñan ido cantidade de veces e nunca me chamara ir con eles, pero !claro¡ con toda a gandallada, como decía miña nai, íbase con todo o gusto do mundo.
    Recordo que eu andaba sen perder de vista a tío Paco, porque con esto de estar no extranxeiro sempre un se sentía máis protexido con algún dos maiores, por se acaso.
    Pois a realidade é que volvín a Portugal só unha vez máis moitos anos despois, esta vez con meus pais e leváranme ata Viana do Castelo e á volta fixéramos unha parada nas famosas murallas !ah¡ e esquecéramos a cámara de fotos e sacamos un par desas como che sacaban na alameda de Santiago !que trauma¡ non iba vir sen ningunha foto...
    Xa vos deixo por hoxe, non sen mandar unha aperta a todos e pedir a vosa colaboración unha vez máis.

    ResponderEliminar
  86. Charo,adiantastete a min,jajaja, pois haoxe tinha a intencion de recordar a excursion a Portugal,pero segun podo comprobar a ilusion que me fixo sair o extranxeiro era compartida seguramente por todos nos, pois para min tamen era a primeira vez que saia fora do pais.Recordo que nos fixera moita gracia como lle chamaban ali os xeados da marca que para nos era -Frigo-,ali era -Ola-,recordo estar nunha bonita plaza nunha terraza tomando un xeado -Ola- como non,jejejej, pois era un dia moi caluroso e tamen me acordo de comprar un galo deses que cambian de cor dependendo do tempo que vaia a facer,o galo ainda non hai tanto que o vin por algun currucho abandonado, pois penso que xa deixara de cumprir o seu cometido -bueno si e que algun dia o tinha cumprido- pero tenho que dicir no seu descargo que a verdade e que era ben bonito jejeje- polo menos asi mo pareceu no seu momento,agora seguramente se consideraria un -pongo-(suponho que sabedes a que me refiro,os regalos eses que normalmente che fan como recordo dalgunha viaxe,normalmente bastante horteras ou frikis e que tan pronto como o desempaquetas o primeiro que te preguntas e......"onde conho -pongo-esto?" e normalmente acaban nun caixon olvidados jajajajaja).Esta aclaracion vai especialmente para ti, Charo,porque e unha "palabra" bastante reciente pero a verdade e que bastante ilustrativa.
    O do rei das tartas, seguro que estou confundida agora que o dis pois soame mais o rei das tartas de Mondonedo que o de Portomarin jeje,e que as veces os recordos entrelazanse uns con outros e resultame complicado ubicalos no lugar correcto, perdoade polo lapso, espero que non sexa cousa do Alzheimer jeje.
    Por hoxe nada mais vou poner a traballar a memoria para contarvos o que se me vai pasando por ela, bueno....... si Charo non se me adianta.
    Bicos a tod@s.

    ResponderEliminar
  87. Quero darlle as grazas a Pedreira por compartir con nos eses pecadinhos jejeje.Antes no o fixen porque non vira o seu comentario xa que fun directamente o final da lista e so lera o de Charo.
    So queria decir eso, ata manha.

    ResponderEliminar
  88. Saúdos!
    Comentar que tamén Ana viñera para a casa cun deses galos de Portugal que daban o tempo; este noso funcionaba coma un reloxio, azul cando estaba bo tempo e rosado cando viña chuvia, ¡xúrovos que non fallaba!
    Outro recordo que me veu á mente foi o de ir tocar á festa do marisco do Grove; lémbrome de traer para a casa cantidade de cazolas de barro que andivéramos a recoller por todas partes, limpáramolas o mellor que pudéramos pero aínda así o chófer non nolas deixara traer arriba e tivéramolas que meter na parte baixa do autobús e nós non queríamos por se rompían. Daquela non había medo de apañar un virus nin nada polo estilo; todo nos valía e despois de darlles un bo lavado na casa, usámolas ven de veces para os suculentos camaróns ó alliño.
    Xa vos deixo por esta, ata a próxima aventura!

    ResponderEliminar
  89. ¿Que tal todos?
    De novo e de volta ó pasado, esta vez en Rúa de Petín e recordo dunha vez que fomos para tocar 2 días seguidos e tivéramos que dormir de hotel, cousa que moito me gustaba daquela, pois eso dábanos a oportunidade, unha vez que acabábamos de actuar, de mudarnos e disfrutar da festa pola noite ó noso aire. Acórdome que me fartei de andar nos coches eléctricos e que actuaban "Los Pekenikes", que foran super famosos con aquela versión de "Palomitas de maíz" que se escoitaba moito nos seus tempos.
    Tamén aquí foi onde vin por primeira vez o fenómeno do parapente, que víamos como se botaban desde o alto da montaña mentras nós estábamos a comer empanada, máis resesa ca outra cousa, pois xa no la deran tamén o día anterior no xantar e na cea, ¿non vos acordades?
    Ben, esto é o que a min me quedou máis grabado na mente.
    Xa vos deixo por hoxe. A ver que se anima a facer algún comentario próximamente.
    Unha aperta!

    ResponderEliminar
  90. Hola a tod@s!
    Charo, eu acórdome de que quedáramos a durmir e que pasaramola noite nos coches de choque e tamén me acordo dos Pequeniques,pero do parapente non teño nin o máis mínimo recordo.
    Recordo tamén que cando íamos tocar pola zona da Coruña,íamos comer a un restaurante que era duns tíos de Jesús o das bicicletas (se non me equivoco,como co rei das tartas,jajajaj).Tamén recordo de durmir nun hostal en Ourense hsta penso que se chamaba Lido, ¿sóavos?;e que xa non me fío moito da miña memoria.
    Do que teño tamén moitos recordos é do verán de Amalgama;a verdade é que chamábamos a atención ainda que tan só fose pola cantidade e non pola calidade,jajajaja, pero eu paseino moi ben.
    Recordo cando fomos a Cangas de Narcea , dous días ;tremendas festas,había tanta xente que impresionaba;recordo estar pola tarde enriba do palco sentadas maquillándonos ou algo parecido(jejeje) e despois pola noite, na actuación había dous rapaces que non paraban de facer xestos cara Aurora e cara min e iso foi todo;pero cal non sería a sorpresa de Aurora que ó cabo duns días recibe unha carta de un deles dicindo que nos vira e que lle gustaría poder escribirlle para conocerse ; o mais curioso é que na dirección da carta poñía:Flautista de la orquesta Amalgama; e chegou!!!!
    A partires daquela Aurora e mais eu escrbiamoslle ous dous rapaces e viñeron aqui un verán (estando nós xa, en Galáctica unha e en Superfama a outra)quedáranse na miña casa uns días e ainda mantivemolo contacto bastante tempo, pero logo fómolo perdendo pouco a pouco,cousas da vida,pero é unha mágoa; eran uns bos rapaces.
    Como me enrollei hoxe!!!!!!
    Bueno hasta a próxima mentres sigo recopilando recordos que me marcaron.
    Bicos

    ResponderEliminar
  91. Hola de novo a todo@s!!
    Charo, si que me acordo de Rua petín;recordo de pasala noite na festa metidas nos coches de choque e de ver ós Pequeniques,pero o do parapente nin idea, non me acordo de nada.
    Recordo que cando íamos pola zona da Coruña, soliamos ir a comer a un restaurante que era duns tíos de Jesús o das bicicletas(se non recordo mal,como no caso do rei das tartas,jajaja).Tamén recordo de ir a durmir unha vez a Ourense, nun hostal que creo que se chamaba Lido ¿lembrádelo?, e que xa non me fío moito da miña mala memoria,jeje.Amin tamén me gustaba moito durmir fora porque sempre armábamos algun follón e pasábamolo moi ben ainda que os acompañantes de turno seguro que non o pasaban tan ben;ainda que despois de todo tampouco eramos tan problemáticos ,penso que en xeral potábamonos bastante ben.
    Por hoxe é todo;seguirei buceando na memoria e poñendovos ó tanto.Bicos!!

    ResponderEliminar
  92. Teresa, aquí chega a túa colega escribente unha vez máis.
    Boa memoria no recordo do restaurante ó que íbamos, pois si que pertenecía ós tíos de Jesús, e para os que non o sabedes, padriños de miña irmán; Lela e Manolo Borrallas, propietarios naqueles tempos deste local en Perillo, perto da Coruña.
    Xa non comparto nada das historias no tema das orquestas, pois xa nesta época Ana e máis eu deixamos de acompañarvos; pero moi simpática a anécdota da carta, creo que hoxe en día nin se molestarían en repartila, iría de volta por destinatario descoñecido probablemente.
    Eu si teño un recordo un tanto gracioso tamén dunha actuación en Santa Comba onde había a procesión de San Cristóbal e como non había un camión para levarnos a todos xuntos, fórannos poñendo en grupos en calquera camioneta onde había algo de sitio ¡que desastre! Algúns, coma min por exemplo, nin tivéramos que tocar, pois xa non había sitio onde transportarnos, ja,ja.
    Vaia, que para unha vez que non había que desfilar a pé, tocárame descanso. Estoume a rir un montón mentras escribo, pois estou a ver os camións coma se fose hoxe.
    Ben, xa vos deixo por hoxe. Ata logo!!

    ResponderEliminar
  93. Non sei se alguén de vos lembrará unha tarxeta postal de felicitación que chegou por correo con moi pouquiños datos e que estivo exposta no taboleiro do Centro. Coido que só poñía: Banda Infantil de Taragoña. Galicia

    ResponderEliminar
  94. Tubío, ver que mencionas este detalle da tarxeta, do cal eu non me acordo por certo, fíxome preguntar que pasaría con todo o material que había nas antigas dependencias do CCD, este local tan peculiar que fora un cine nos seus tempos. Supoño que en certo punto na historia tivo que haber un arquivo cos contratos da banda, por exemplo, e demáis papeleo que foi necesario para o seu funcionamento. Sería maravilloso conservar toda esa "MEMORABILIA", paréceme que esta é a palabra adecuada, perdón se non é, que non quixera xa falar "galenglish", ja,ja!.
    Tamén aquela foto tan monumental da actuación na Aula de Cultura que estaba colgada na entrada ó salón de butacas. ¿Sabe alguén que foi dela? Recordo tamén naquela oficina tan diminuta, pero tan chea de vida, de ver fotos que nos sacaran en Portosín a dar un concerto.
    Ogallá algún atopase calquera cousa pola casa de ,digamos "SOUVENIR" dalgún sitio ós que fomos, pois como as chapiñas dos hippies, que sei eu... Poderíanselle sacar fotos e añadilas a este blog como recordo. Eu particularmente, mirade vós, cando paráramos en Luarca de camiño a Oviedo collín unha pedra e púxenlle o nome "Luarca" e a data daquel día; foi o souvenir que trouxen e non sei se aínda andará pola casa, debería se non ma tiraron.
    Ben, xa vos deixo polo momento, coma sempre cunha aperta.
    Charo.

    ResponderEliminar
  95. Charo fas unha boa pregunta: onde estará o arquivo da Banda. Lembro que había arquivadores con contratos, albuns con fotos, carpetas con repertorio, algúns instrumentos... No meu caso, levo moitos anos apartado do Centro. Desde que está no actual edificio nunca tiven ocasión de acceder os armarios da secretaría. Se alguén se anima, estou a súa disposición para acercarse a falar coa actual directiva, co presidente José Carou Ces (Che de Agustín) para poder consultar a documentación da Banda. A foto enmarcada que lembra a presentación da Banda no Auditorio de Caixa Galicia en Santiago está no local da cantina do Centro.

    ResponderEliminar
  96. Que tal?
    Pois, Tubío, se eu andivera por aí poderíache acompañar ás novas dependencias do centro e tratar de recuperar algún material, se é que aínda existe. Causa un pouco de desanimo ver que ninguén máis, a excepción de nós, os 4 de sempre como di o outro, se anima a participar nesta páxina. Ben, non é que nos paguen por vir aquí poñer nada, e ademáis supoño que todo o mundo anda moi ocupado, o estrés dos tempos nos que vivimos...
    Da miña vida personal nestes momentos non estou en calidade de vos poder contar nada, quizáis máis para diante. Pero igual outros nos queiran decir que é das súas vidas actualmente. Por certo, fixen google a buscarche, Roberto, e parece que andas pola comarca do Bierzo. Resulta que un día a mirar no mapa de visitas a este blog, no mesmo instante estábamos outra persoa e e eu ONLINE e no mapa de España indicaba Ponferrada ou algo así, así que asumín que eras ti Roberto.
    Se alguén de vós estades en Facebook e me queredes contactar, alí ando eu tamén.
    Ben, xa vos deixo ata calquera día.
    Unha aperta a todos!

    ResponderEliminar
  97. ¡Saúdos!
    Pois non me ides crer que a pasada noite soñei que andaba polo centro vello e gateaba polos muros da parte de atrás; a realidade é que naqueles tempos xogábamos e saltábamos coma lebres pola carballeira, por detrás da escola e logo subíamos polo muro da horta do centro. ¡Non sei como tal soñei!
    Volvendo ó tema de que había contratos da banda, pois certamente veume á memoria que unha vez Prudencio subira ó autobús co contrato na man do sitio para o que íbamos tocar e comentara que o seu nome llo puxeran mal, pois decía "director: Florencio Rama", que non tiña nada que ver con Prudencio Romo, pero igual fora todo pactado por teléfono e houbera unha mala interpretación dos datos. Esto pasara no autobús nos momentos antes de arrancar. Non sei se alguén se lembra deste detalle.
    Ben, xa vos deixo por hoxe.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  98. Para os que estades lonxe coido que vos gustará saber algunhas noticias de por aquí. O grupo de mozos e mozas que forman a Asociación “Antros Pinos” ven dándolle un pouco de “vidilla” á parroquia. Acaban de promover unha actividade ecolóxica interesante que consiste en plantar árbores autóctonas (carballos e castiñeiros) para repoboar a área de Campo Maneiro que foi pasto do lume nos incendios forestais e anos anteriores. Tamén foron os encargados de animar o Entroido organizando as tradicionais carrozas e un baile no Centro Cultural. O equipo de Fútbol logrou, esta semana, empatar co Ribeira que ía de líder e aínda tivo ocasións de gañarlle o partido. Este resultado veulle moi ben o Unión e Asados que agora ocupa o primeiro posto da clasificación . Por certo, os partidos estanse a celebrar en Asados porque o campo de fútbol da Lomba está en obras que consisten en remodelar toda a instalación deportiva: dotalo de céspede artificial e renovar os valados exteriores. Tamén está rematándose ó lado unha área recreativa e deportiva. As obras van atrasadas debido á moita choiva caída neste duro inverno. E as Festas do Verán están en marcha organizadas pola mesma Comisión do ano pasado.

    ResponderEliminar
  99. Tubio son Juan trombon de Paradela poñome a tua disposicion para ir a falar con Che de Agustin e intentar recuperar algun arquivo e fotos do actual local.
    un saudo

    ResponderEliminar
  100. Ola Juan: Pareceme ben a túa disposición. Para min sería bo día calquera sábado pola mañá, entre as 10,15 e as 13 h. Neste horario participo nas clases de pintura que da Raúl no Centro, ali podes encontrarme. Tamén se podería sumar alguén máis, penso que o Administrador desta páxina, Pani, sería importante que estivera.

    ResponderEliminar
  101. Hola !
    Comentar que eu xa falei con Che de Agustín para pedirlle documentación sobre a banda,sobre todo fotografias.Comenteille que estábamos intentando recuperar entre os compoñentes da banda todo o material posible para poñelo a disposición de todos no blog. Díxome que desapareceran moitas cousas do Centro,entre elas fotos,pois solo me atopou tres ou catro.
    Eu, se estades dacordo, podemos poñer un día como dí Tubio e ir falar con Che, para poder mirar no Centro haber se atopamos algún material. E todos os que se queiran apuntar tamén poden vir.
    Eu o sábado non teño ningún problema para ir.Se queredes quedamos a unha hora.Confirmádeo a traves do blog, ou no email da páxina.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  102. En principio eu o sabado dia 27 non teño nada que facer asi que sobre as 10:30 estarei polo centro para votar un vistazo.

    ResponderEliminar
  103. Ola de novo:
    Contarvos que onte, sábado 27, achegouse José Manuel (Pani) polo Centro e fomos a falar co actual presidente, José Carou. Dixonos que todo o do arquivo antigo estaba mal pero que nos daba todas as facilidades para buscar na biblioteca e, incluso nas caixas depositadas no faiado. Quedamos en fixar unha tarde para vernos e mirar que podemos atopar. Propoño o próximo venres, 5 de marzo, ás catro da tarde, no entorno do Centro. De momento, estamos tres voluntarios, Pani, Juan Manuel e eu. Agradeceríamos máis colaboradores. A través desta páxina, como ben di o Aministrador, podemos confirmar a disponibilidade para ese día ou propoñer outro.

    ResponderEliminar
  104. Hola
    Confirmar que eu o venres en principio non teño problema en poder ir a esa hora. Todos os que queiran ou poidan vir mellor.
    Unha anotación para Tubío:o meu nome é José Antonio,aínda que moitos me chamen José Manuel,pero ese é meu irmán.Non hai problema xa estou acostumbrado.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  105. Este viernes esta ven,o sabado pasado non fun por medo o temporal tendes que disculpar.
    Si non hay novedad quedamos o viernes as 4:00 no centro.

    ResponderEliminar
  106. ¿Que tal todos?
    Pois xa estou impaciente por saber novas sobre o posible material que se poida atopar. Pani, según dis, xa se atoparon máis fotos, a ver cando as colocas; anque sexan poucas, algo é algo. Veña, a remexer nese faiado e sorte na búsqueda. De estar aí, de seguro que vos acompañaría; desde a distancia mándovos un saúdo e o meu apoio moral.
    Unha aperta a todos!

    ResponderEliminar
  107. Hola
    Charo,sinto decirche que as fotos que me pasaron xa fai tempo que están no blog.
    Intentaremos buscar por todos lados no Centro para tratar de encontrar algo.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  108. Señor administrador (Pani), un traballo impresionante o feito neste blog (estas cousas dan máis guerra que pouco). Vos encontrei de casualidade, como pasa nestos casos de navegación virtual. O máis impresionionante para min (na sección de fotos), foi ver unha foto dun saxo máis grande que o tocador deste instrumento (de Yeri). Dille esto si podes, eu non me achego moito por ahí. Un saudo. http://www.josenine.com

    ResponderEliminar
  109. Hola Nine, canto tempo sin saber de tí.Entrei na tua páxina web e encantóume ver o que estás facendo,vexo que che vai fenomenal e me alegro.
    Gracias por o comentario sobre o blog. Xa ves que é para recuperar ca axuda de todos material sobre a banda e no deixar que se perda no olvido.
    Espero poder verche algún día e tomar algo. E tamén poder escoitarche en directo.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  110. Tal como quedamos, onte venres 5 de marzo, fomos ó rescate das lembranzas da Banda Infantil. Comparecemos os tres voluntarios: Pani, Juan e Tubio. Recollemos as chaves na casa do actual presidente, José Carou, e comezamos as pesquisas. O primeiro encontro foi cun Método de solfeo do Progreso Musical (4ª Parte) de Teresa Lorenzo. Juan fixo o comentario: quen dominaba esta parte xa controlaba... Tamén atopamos unhas cantas placas conmemorativas que lembraban a Presentación da banda, do 8 de decembro de 1977, outra de Concertos Culturales do Colexio Peleteiro de Santiago, do 30 de Novembro do 1979. E varias do Certame de Bandas de Cangas do Morrazo dos anos 1985/1986 e 1988. Logo e máis importante atopamos cuns albuns de fotos con material xa esquecido e que farán lembrar momentos importantes a moita xente que participou no proxecto da Banda e do Centro. Xa vos irá presentado todo José Antonio (Pani) que ten agora o traballo máis duro para escanear as fotos e colgalas nesta páxina, en pequenas doses para darlle máis emoción. Coido que haberá sorpresas agradables... Para colaborar nos aspectos técnicos tamén se ofreceu Raúl Burés (O noso profe de pintura) co obxecto de mellorar a calidade das fotografías. E aínda quedou para outra ocasión a visita ó faiado, debido a que non puidemos abrir a porta.

    ResponderEliminar
  111. ¿Que tal todos?
    Pois xa me imaxinaba eu que algo tería que aparecer, cando se busca disque sempre se atopa. Agora haberá que facer todo o posible para a conservación e mantenimento destas reliquias e deixalas para que as xeneracións futuras as poidan disfrutar. Serán os nosos grandes tesouros, quizáis pequenos para o resto do mundo, pero inmensamente importantes para nós, pois recrean aquela parte das nosas vidas tan particular e que tanto nos marcou.
    Pani, empeza a poñer mans ó obra e deléitanos con esas adicións nestas páxinas canto antes. A ver, se como di Tubío, despertan algún recordo máis nas nosas mentes, é moi posible que si.
    Non me fai falta decir que me alegro enormemente de escoitar estas boas novas e xa me vou indo por agora.
    ¡Unha aperta a todos!

    ResponderEliminar
  112. Hola a todos, nos vindeiros días iredes vendo novas fotos "inéditas" atopadas nos arquivos do Centro. Xa vos daredes conta de que algunhas están bastante deterioradas polo paso do tempo, pero penso que é máis importante poder recuperalas que a calidade da imaxe en sí.
    Xa se sabe que o noso blog é unha especie de museo, unha viaxe no tempo, unha volta ó pasado a través destes recordos que nos quedan.
    Se ó ver as fotos vos veñen á cabeza fechas, lugares ou calquer tipo de dato interesante non dubidedes en compartilo con todos a través dalgún comentario.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  113. ¡Aquí me tendes novamente! Decir que hai un par de fotos nas que me encanta como me vexo. Unha é a que estamos de pé no Liceo de Noia e eu como que avistei a cámara e quedou unha instántanea fabulosa. Pero comentar que , eso si, estamos todos cunha seriedade pasmosa, parece que non nos permitiran sorir. A outra é na que está Esperante ó micro e tamén se ve un bo plano da miña querida irmán e máis eu e tamén estamos dun serio...
    Que boa cousa que aparecese este novo material para facernos viaxar pola historia unha vez máis.
    Ben, xa me vou por hoxe e sigo agardando por máis novedades.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  114. Case dous meses sin "a Banda"... i a releer todolos vosos comentarios. A mais dos de sempre (Charo, Teresa, Tubío, María José...), outros novos. Benvidos todos.
    Un comentario de Tubío (do 3 de Febreiro), acerca dunha postal que se recibeu no Centro sin mais dirección que BANDA DE MJUSICA INFANTIL DE TARAGOÑA... prendeu a mecha para que Charo puxera en revolución a todo o mundo: había que conseguir canto material fora posible r4especto da Banda... e os resultados están ahí. Nora boa os "sabuesos investigadores". As primeiras mostras xá noas colgou inmediatamente Pani.
    E seguindo con esto, pregúntome ¿qué se vai facer con todo o material físico?. Albumes, fotos, placas diversas, partituras, métodos de solfeo, carteis, programas...etc.etc.?.
    Sin pensar moito mais, coido que o millor lugar podería ser o propio Centro Cultural. Xá sei que alí xá está... pero de qué maneira. Penso que podería deseñar e facedr unha boa vitrina de madiera e cristal, cn varias repisas e cas medidas suficientes para expoñer todo o material
    e documentación que se conseguira.
    É unha idea que me veu a cachola sin mais. Non sei que opinaredes vos. Eu estou vendo na mesma vitrina un bo letreiro que poña BANDA INFANTIL DE MUSICA DE TARAGOÑA (1.978 - ), e ademais dos habituales visitantes do Centro, faría por levar cada curso, A TODOLOS ALUMNOS DO CAMPO DE MANEIRO...a que a coñeceran.
    Cariñosa aperta para todos.

    ResponderEliminar
  115. Hola a todos de novo. Estou totalmente dacordo co que dis Esperante, o material todo da banda debe permanecer no Centro e en ningún outro sitio nin nas mans de ninguén alleo. Estaría ó alcance de calquera para poder velo. E o mellor lugar e creo que todo o mundo estará dacordo con eso. Un saúdo. María José.

    ResponderEliminar
  116. ¿Que tal?
    Pois comentar que estou totalmente dacordo en que se debe gardar coidadosamente este material, pero non sei que decir, pois no centro aí nos tiñan arrinconados, sen moito afán por recuperar nada dos vellos tempos. Estaría ben a idea sempre e cando Pani- diría eu, xa que foi o cerebro que se aventurou a reunirnos a todos neste blog- se encargase personalmente de supervisar e se facer responsable polas nosas pertenencias, xa que nós somos os principais interesados e debémolas protexer a toda costa. Dado que en Taragoña non temos ningún museo (que eu sepa), haberá que atopar algún sitio ideal, solo espero que elixades ben e responsablemente.
    Xa vexo que se puxeron estas fotos en Campos de Pazos, ¡que vida lle dábamos nós á vella praza e ós arredores! ¿Non si? Pois claro, coma nós non haberá outros. Atrévome a decir que fomos uns rapaces do máis felices, todos sen excepción.
    Ben, xa vos deixo que me estou a poñer moi nostálxica.
    Unha forte aperta!!!!

    ResponderEliminar
  117. Hai que ver que cantidade de fotos da ZARZUELA ¡cantos recordos! Tamé se nos ve a nós, os da orquesta, pendentes do espectáculo no descanso entre nota e nota.
    Ben, xa con tanto material novo me animei a empezar con outra vídeo montaxe ¡my pleasure!
    Teredes que esperar uns días, a ver se entretanto se van engadindo máis cousas. Xa me ides chamar a dos vídeos, pero por se aínda nos vos destes conta, as foto montaxes e vídeos son o meu hobby; dedícolle horas e nunca me canso, ás veces xa me choran os ollos de tanta addición.
    Cabe expresar e agradecer a dedicación de Pani, Tubío e Juan no rescate que efectuaron, que non o mencionei antes.
    Tamén igual considerades esaxerada a miña alegría, pero hai uns anos cando cheguei a este país, tiven un mestre que nos dixera que un, non importa a onde queira que vaia, non debe esquecer nunca as súas raíces e debe levar con orgullo o seu pasado e se pudera ser, compartilo co resto do mundo. Esto comentárao a raíz de que algunha xente se quería "americanizar" a toda costa, e o importante é ADAPTARSE a unha nova cultura ou forma de vida, pero sen nunca esquecer a propia.
    ¡Vaia discurso que vos dei! Así que xa vos deixo por agora.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  118. Ola a tod@s:
    Acabo de chegar dunha viaxe cultural por Granada e alégrome de ver novas fotos e de poder ler algúns novos comentarios. Dicirvos que levamos prestados tres álbums de fotos que quedamos de devolver ó Centro, á medida en que se vai rematando de colgar as imaxes. Comparto a idea de Esperante para poñer o maior coidado en conservar todo este material. Para adquirir unhas vitrinas habería que falar co actual presidente e ver que posibilidades hai para levar a cabo esta proposta. Entre tanto, volveremos a depositar este material no Centro. O feito de poñelas nesta páxina axuda a que non se perdan. As placas e o Método de solfeo de Teresita quitámoslle unhas fotos e deixámolas onde estaban. Para rematar, saúdos a todos, especialmente para Charo, polos seus comentarios e por manter as raíces culturais.

    ResponderEliminar
  119. ¡Ola de novo!
    Pois decirvos que estiven a preparar un novo vídeo e levoume o seu tempo. Esta vez o tema é exclusivamente o festival de "ZARZUELA" que tivo lugar naquel Xuño de 1980 no CCD. Intentei recrear o espectáculo e espero que lle desperte bos recordos a todo o mundo.
    Unha vez máis, no seguinte canal é onde o podedes ver: www.youtube.com/chanyland
    Pani, mira o e-mail para máis referencia antes de poñer o enlace.
    Ben, apuntar que me acordaba de ver polo centro algunhas fotos da banda de cornetas e alegreime tamén de ver as que desfilan polo colexio de Rianxo, onde fixen os meus cursos de 5º a 8º de EXB e coñecín a cantidade de rapaces de todo o axuntamento e imaxino que o mesmo vos pasaría a moitos de vós.
    Xa me vou indo. Ata o próximo comentario.
    Saúdos a todos e gracias Tubío polo comentado arriba.

    ResponderEliminar
  120. Falando de recuperar vídeos, lembreime dunha actuación da Banda na TVGA. Coido que o programa se chamaba Palcos da Música. Tocárame a acompañarvos a realizar a gravación ós estudios de San Marcos en Santiago. Non sabería precisar en que ano tivo lugar, só me lembro de algúns detalles como os problemas técnicos da televisión a hora de gravar. Despois de varios intentos, escoitando a orde de “prevenidos”, os equipos non funcionaban e volta a esperar... Ante tal situación, pedímoslles uns momentos de pausa para relaxamento dos músicos e tomar uns refrescos. Logo todo funcionou correctamente e puido realizarse a gravación. Seguramente algún membro da Banda poderá aportar máis información. Agora tocaría recuperar esas imaxes para poñelas a disposición de todos nesta páxina.

    ResponderEliminar
  121. ¿Que tal?
    Pois ante todo felicitar a tódolos "Josés" e para ti, María José, dobles felicidades.
    Agora vou facer referencia ó comentario de Tubío sobre o tema da TVG. Eu recordo de ir Ana e máis eu invitadas á grabación dun programa en San Marcos, pero creo que fora ca orquesta Amalgama, pois nolas dúas xa non tocábamos, daí que estivéramos detrás do telón. Recordo de estar nos camerinos mentras se mudaban e maquillaban as rapazas e logo no público durante a grabación xa que o programa non era en directo; do que non me acordo é do nome de dito programa para nada. Pois como ti dis, Tubío, imaxino que tera que haber algún récord desta grabación; sería interesante averiguar.
    Ben, xa vos deixo polo momento para seguir cas miñas cousas.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  122. ¡Saúdos a todos!
    Xa fai uns días que non asomo por aquí e xa vexo que ninguén escribiu desde aquela.
    Ben, pois desexarvos que pasedes unhas boas vacacións de semana santa; xa me imaxino que está España paralizada estes días de ocio.
    Agora probablemente sexa o turno de calquera manda de música existente nestes días de participar naquelas procesións tan multitudinarias e inacabables que se celebran por todo Galicia.
    Estaría ben ir ata Fisterra saber quen son os pringadiños de turno, ja ja ja!, se é que aínda seguen aquela tradición...
    Eu tamén vou aproveitar estes días para disfrutar un pouco e o mesmo vos desexo.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  123. ¡Sáudos!
    Unhas cantas palabras, que xa anticipo van ser reiterativas, para expresar que foi un inmenso deleite navegar polo historia desta nosa banda a través desde blog e reconectar despois de tantos anos con tanta xente que formou parte das nosas vidas e do noso entorno.
    Aquí nos quedan algunhas das nosas anécdotas e comentarios que seguro nos trouxeron a todos moi entrañables recordos. Para min personalmente foi un pracer participar no blog e puxen todo da miña parte para deixar o meu grao de area. Só quería decir eso básicamente dado que xa non teño moito máis que engadir. Gracias a todos por estar aí e aquí me tendes se necesitades unha man amiga.
    !Unha aperta a todos!

    ResponderEliminar
  124. Ola a tod@s.
    A pereza por escribir parece que está condicionando o funcionamento desta páxina. No último comentario de Charo percíbese unha certa desilusión por este motivo. Para animala direille que son máis as visitas que os participantes e que continúe escribindo xa que son moitos os que len. Para os que estades máis lonxe infórmovos dalgunha nova. O noso equipo de fútbol masculino (porque tamén hai un feminino), logrou manter a categoría en segunda rexional con bastantes apuros, para a próxima temporada estrea unhas instalacións remozadas, pero esta vez non estará a Banda Infantil para animar o acontecemento, coma a última vez. O pintor Raúl Burés ven realizando un importante traballo artístico. Acadou numerosos premios en diversos certames que mostran a calidade deste taragoñés. Imparte clases a moitos alumnos e os sábados faino no Centro Cultural para un grupo maiormente de adultos, entre os que me encontro. Hoxe, primeiro de maio, andan todos coas flores amarelas nos coches, nas portas das casas..., en Rianxo estase celebrando os tradicionais actos de misa e ofrenda floral ós mariñeiros falecidos no mar (todo moi conservador... jajaja). Que alguén conte algo máis... Chao.

    ResponderEliminar
  125. Ola...
    Debido a unha nova configuración do ordenador e para identificarme máis facilmente, o último comentario é de Tubio

    ResponderEliminar
  126. Ola Tubío:
    Efectivamente,o programa do que falas era "O palco da música" e si, soñei quince días co de "prevenidos".Xa levo anos detrás dese vídeo e díxome Gayoso que habería que escribirlle unha cartiña á Dirección da TVG solicitando o material. Díxome tamén que, ao mellor, non se podería conseguir polo tempo que pasou, pero que, en todo caso, ese era o camiño.
    Dunha volta faleille del a Xosé Luís, pero debeu esquecelo.
    Recibe unha agarimosa aperta.

    ResponderEliminar
  127. A propósito de tema, acabo de recibir esta mensaxe no correo_e, sobre o asunto "Palcos da Música". Sorprendeume que haxa q pagar 40 € e que sexa por un tempo limitado de un ano. Non sei que opinión vos merece. Xunto copia do texto recibido.

    Ola bos días:
    A petición das imáxes solicitadas teñen un prezo de 40€, tarifa mínima para as ímáxes vía (blog e web). Temos un impreso de cesión o distribución das imáxes solicitadas, por un ano. Selección de 5 minuto (5´).

    Esperando contestación.

    Grazas.
    Un saúdo.

    Fernando Mitchell Esclusa
    Explotación Arquivo CRTVG
    Servizo de Documentación e Arquivo
    +34981540842
    empresas.documentacion@crtvg.es
    fernando.mitchell@crtvg.es

    ResponderEliminar
  128. Ola de novo:
    Agradecerlle o comentario a “profemanolo”. E que perdoe o despiste porque non sei con certeza quen me escribe. Adiviño si será Manuel Angel de Paradela, antigo bombardino da Banda e profe actual no proxecto de Banda de Música da Pobra. Se me equivoco... perdoade.

    ResponderEliminar
  129. ¿Que tal?
    Pois alégrome ver que hai algún comentario novo e a impresión que recollo é que andades na búsqueda do vídeo da TV de Galicia; sería unha boa idea collelo se dan esta oportunidade.
    Tubío, ¿que pasou? ¿Agora apareces 2 veces de seguidor ou que? Por un instante quedei un pouco confundida e pensei que se engadira Tubío o de Cespón, o que tamén fora profesor noso de música, pero parece que non é así.
    Direivos que as fotos que saen aquí téñoas todas descargadas no meu ordenador como xa vos podedes imaxinar, do contrario ¿como podería facer os vídeos se nos as tivese? Sigo e explico que algunhas das últimas fotos están en moi malas condicións e tratei de restauralas un pouco cun programa que teño e obtiven algún éxito. Este programiña é moi caseiro, moi cutre e hai que ter moita paciencia porque, eso si, leva un montón de tempo facer as correcións. Pois nada, aquí as vou conservar, que sepades que mando CD´s para a casa para que eles teñan tamén unha copia e tamén fixen copias dalgunhas fotos e xa llas mandei por correo hai tempo. Que conste que eu aquí sempre tiven unha foto colocadiña nun marco, que é xustamente a que estamos na aula de cultura mentres fala Ramón Piñeiro. Trouxen conmigo a revista que había polo Centro e daí fixen o escaneo para imprimir a foto. Agora xa puxen outras novas das que saen neste blog.
    É todo o que se me ocurre por hoxe, ¡ala! para que non me botedes de menos, je,je!
    ¡Vaia! decir tamén que finalmente aprendín que se pode escribir e logo copiar o texto no blog, o cal é fantástico. Vou evolucionando pouco a pouco, coma nos comentarios do principio que aínda non sabía configurar o teclado do portátil para o idioma español e hai que ver como quedaron de mal escritos…argggg!! eses acentos tan extraños….Mil disculpas.
    !Sen máis, saúdos a todos!

    ResponderEliminar
  130. Ocorreume que por problemas co ordenador, houbo q formatear o disco duro. Logo tiven q configurar de novo a conta de Googel, porque non me recoñecía e as mensaxes aparecían como anónimo. Bueno... debido a ese lío, agora aparezo por partida dobre. Se me lee o Admin, a ver se pode arreglalo.

    ResponderEliminar
  131. Aquí non escribe ninguén... Agardo q non sexa por ter interferido os maiores (jajaja). Para información de todos, os albumes de fotos foron devoltos novamente ó arquivo do centro polo noso administrador José A. (Pani para os amigos).

    ResponderEliminar
  132. ¿Que tal, todos?
    Pois aquí só un instatiño para saúdar porque non vos podedes imaxinar o liada que levo desde hai polo menos 1 mes e sigo uns días máis.
    En realidade teño un novo vídeo desde xa hai un tempo pero aínda non tiven oportunidade de subilo en youTube, a ver se lle toca un día destes.
    Pois decir tamén que non sei se alguén se asomou polo blog de Tubío; se así foi, xa veríades as súas pinturas e esperemos que nos deleite con moitas máis, aínda que xa imaxino que cada cadro leva o seu tempo, sobre todo se un sólo lle dedica os momentos de ocio.
    Ben, eu xa vos deixo por hoxe, xa teredes novas un pouco máis para diante.
    ¡Unha aperta!

    ResponderEliminar
  133. ¿Que tal?
    !Sorpresa! Hoxe por 1ª vez escribo neste blog desde Taragoña; pois si, aquí cheguei o Martes 29 despois dun longo voo desde terras estadounidenses. Aínda non tiven ocasión de ver a moita xente pero a algúns dos nosos compañeiros xa os reencontrei e espero ir vendo máis caras coñecidas pouco a pouco.
    Pois anúnciovos que andiven a remexer nalgúns caixóns hoxe mesmo e non vos podedes imaxinar a de cousas que atopei, entre algunhas fotos máis daquela nosa era como as que sacáramos para a propaganda da orquesta Amalgama, conservos uns cantos afiches (creo que así lles chamaban) e teño moitas follas que nos daba o Centro Cultural co estado de contas onde indican o que se cobraba polos concertos, os gastos que había,… e o mellor de todo, o nome dos diversos pobos ós que fomos actuar ¡hai que ver como son eu! Conservando papeliños e montóns de cousas que ó cabo dos anos moito gusto e emoción me dou velos. Ata atopei unha foto ca que me rin un pouco que me sacaran na escola cun fondo de tela con “Heidi e Pedro”, aqueles personaxes dos debuxos animados que creo nos marcaron a moitos e dos que non nos perdiamos capítulo. ¡Cantos recordos tan emocinais! ¡Non vos dades unha idea!
    Ben, pois pouco a pouco gustaríame compartir con todos vós algunhas destas reliquias pero ando algo liada estes días e necesito algún tempo para traballar no asunto. Os días son moi longos aquí, sen embargo parece que non me chegan a nada.
    A ver se vou atopando algo máis e xa vos poñerei ó día. Xa me vou por hoxe e mando unha aperta para todos.

    ResponderEliminar
  134. Aquí de novo para anunciar que xa puxen un novo vídeo en youTube. Pani, se queres podes poñer o enlace ou, xa sabedes, ides directo a Chanyland.
    Chao...!

    ResponderEliminar