Banda Infantil de Taragoña
BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.
Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.
Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!

2014 2º Concerto-reunión
Aquí deixamos unhas cantas fotos do día deste 2º concerto que demos no CCD que hoxe 8 de decembro do 2014 celebra o seu 41º aniversario.
Esperamos poñer máis fotos nos próximos días. Aquí nos vedes antes de empezar a tocar mentres afinabamos os instrumentos e nos preparabamos no escenario.
Outro músico eminente nacido en
Taragoña, cursou estudos no Conservatorio Superior das Illas Baleares e no “Conservatoire
de Boredaux Jacques Thibaud”, Francia. Actualmente
toca o saxofón soprano no grupo Art Sound
Quartet e tamén está planeando
carreira como director.
Catro vellos musiquiños
O sábado 6 de decembro despois de ensaiar fomos tomar algo e charlar dos vellos tempos. Aquí nos vedes no pasado e 37 anos máis tarde.
Música ó lonxe
Este é o cartel que anuncia a nosa actuación o luns 8 de decembro, xusto dentro dunha semana. Estamos ansiosos por dar este concerto no CCD unha vez máis.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)