Moi boas a todos!
Volvemos para deixarvos fotos da nosa actuación de hoxe 8 de decembro do 2017, o 40º aniversario da nosa formación. Estamos orgullosos deste concerto e de seguir en certa maneira coa labor que empezamos catro décadas atrás. Algúns xa non están con nós e outros por diversas razóns non asistiron a esta acto de conmemoración pero temos igual un fermoso recordo de todos eles.
Grazas especiais a Che e Paco "Os Lorchos"por compartir con nós este día, non sería o mesmo sen eles.
Antes, este pequeno "intro": A banda
infantil de Taragoña digamos que pasou por varias fases; a primeira foi a dos
músicos fundadores, os que tocamos no concerto inaugural do 8 de decembro do
1977; o profesor José España Lorenzo estaba de director e José Ces Lorenzo (Che
o Lorcho) de subdirector.
![]() |
No programa "300 Millones", José España Lorenzo dirixindo. |
![]() |
José Ces Lorenzo dirixindo na Aula de Cultura de Santiago. |
Despois
o noso director na entrada dos 80 foi Prudencio Romo de Noia, un dos fundadores
do grupo “Los Tamara”, e como subdirector estaba Francisco Ces Lorenzo (Paco o
Lorcho).
![]() |
Prudencio Romo dirixindo nun concerto en Portosín. |
![]() |
Francisco Ces Lorenzo dirixindo no festival de zarzuela. |
Na nova
etapa como director estaba Manuel Lorenzo (Sr. Manolo o Pinchudo). Tamén moitos
dos seus músicos marcharon en busca de outros rumbos e finalmente esta banda
desapareceu.
No
medio tivemos a varios profesores como José Tubío que viña dar clases de
clarinete; estivo Yolanda Espiñeira que tamén nos dirixira durante un corto
prazo de tempo e daba clases de solfeo.
Na
banda pasou un pouco de todo; houbo que renovarse e adaptarse ás circunstancias.
Na vida
da banda hai que agradecer a toda esta xente arriba nomeada a súa dedicación e
profesionalidade; tamén foi unha grande ventaxa contar sempre co apoio de
Centro Cultural e Deportivo; os seus directivos naquela época fixeron un bo
traballo. Outro personaxe asociado á banda que non podemos deixar de
mencionar foi Sr. Vicente o Canteiro, quen sen ser músico, nin directivo, nin
director, nin pai ou avó de ningún de nós, acabou sendo un máis da familia; non
se perdeu unha soa actuación!
Os que
hoxe nos reunimos temos que agradecer o poder estar xuntos despois de tantos
anos, outros non chegaron a velo. Compañeiros
músicos, directores, graciñas a todos pola vosa cooperación, é un pracer contar sempre con
xente tan noble.
Grazas,
Pani, por ser o creador deste blog, así agora podemos vir atoparnos aquí cando nos entre a morriña.
Xa para todos vós, as fotos do 40º aniversario durante o concerto e no xantar.
Fotos do xantar no restaurante Casa Pachín despois do concerto.
Por Charo T.