Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



47º aniversario

 

Boas a todos os nosos seguidores no 47º aniversario da nosa banda infantil.

Que fermoso capítulo da vida o noso paso pola banda!

Para cada un de nós foi unha experiencia única e penso que embarcarse

 nesta aventura resultou ser do máis positivo e beneficioso

 para as nosas vidas.


Para rematar por hoxe, aquí deixo unha cita sobre os recordos

 e a música:

“Os nosos recordos da infancia son a miúdo

 fragmentos, breves momentos ou encontros, que

xuntos forman o álbum de recortes da nosa vida”.

Edith Eger


“En ocasións a música ten o poder de revivir os recordos con tal intensidade

 que a un ata lle doe o corazón”.

Haruki Murakami



Grazas por visitar o noso blog.


Charo T.



Día dos músicos

 Bo día da patrona dos músicos.

Hoxe volvemos ó pasado con esta foto de pasarrúas en Campos de Pazos. Había que ver canta vida lle dabamos a este currucho de Taragoña con aquel vai e ben de rapazada acudindo a diario ós nosos ensaios! Canta nostalxia...!


Un saúdo ós nosos seguidores. Grazas por visistar o noso blog.


Charo T.