Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



Ensaio dominical



Comentar que hoxe domingo pola mañán tivemos ensaio como levamos facendo nos últimos case 2 meses, un día ben frío por certo, pero que non impidiu que a asistencia dos compoñentes e dos Mestres fose puntual. Temos que agradecer ós nosos instructores musicais, o profesor José España, José Ces Lorenzo e Francisco Ces Lorenzo (Che e Paco os Lorchos, respectivamente) a paciencia que teñen con nós neste días e apreciamos enormemente a súa colaboración neste proxecto.









Grazas por visitar o noso blog!

No hay comentarios:

Publicar un comentario