Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



En Asturias

A festa do día de América en Asturias celébrase na localidade asturiana de Oviedo, España. Compónse dun desfile folclórico e máis de carrozas que é celebrado cada 19 de setembro dentro das festas de San Mateo.

Esta idea do desfile ven dun fabricante valenciano de xigantes e cabezudos que xunto con Alfonso Iglesias (Navia 1910-Oviedo 1988), un debuxante, comediógrafo e pintor asturiano, preparan o 1º grande desfile un 23 de setembro do ano 1950. Este desfile faise en honor ós emigrantes asturianos e ós países de acollida.

A Banda Infantil de Taragoña participou en dúas ocasións neste desfile, a primeira no ano 1980 e a segunda no 1981.

Lamentamos non ter fotos durante as nosas actuacións, aínda que si temos algunhas que foron sacadas por a nosa  compañeira Teresa no tempo de lecer, as que podedes ver neste blog.  
Estas fotos foron sacadas en Grado no ano 1980, o pobo onde estaba o hotel no que nos hospedamos.



O programa das festas.



En Grado, na ventana do hotel están Aurora, súa nai Rosa, Mª José e Gema.


Teresa e Marita

Dolores e Marita no parque.

Foto que lle sacou Teresa a Ana perto da entrada do hotel.

Varios compoñentes de paseo polos arredores.



Postal recollida como "souvenir" no noso paso por Luarca de camiño a Oviedo.





















No hay comentarios:

Publicar un comentario