No
ano 2009, cando se inagurou este blog, penso que quedamos todos algo
abraillados coa cantidade de fotos que ián aparecendo, das cales moitos de nós nin
sequera tiñamos coñecemento que existisen. Navegar polo noso pasado foi un
deleite para todos, sen dúbida. Foi tamén nese ano que se fixeron unha
considerable cantidade de comentarios onde cada un foi contando impresións e algunas
anécdotas graciosas, ou non tan graciosas, que nos pasaron naqueles anos.
Hoxe,
a raíz destas fotos que publicamos, vou falar un pouco dalgunha destas
anécdotas. Esta bandexa que vedes fóranos dada na primavera do 1978 despois da
nosa actuación nunha fábrica de conserva da Ribeiriña (hoxe desaparecida) que
se chamaba “La Onza de Oro”; dérannos unha a cada un de nós e viña cargada de
latas de conserva variadas; un detalle moi singular e apreciado e inmensamente
benvido en todos os nosos fogares!
A
bandexa por detrás ten escrito o Hino Galego. Nós, nas actuacións daqueles
tempos, acostumabamos a rematar sempre os concertos co Hino Galego; era como
unha tradición ou especie de ritual… era así simplemente.
Eu
xa levaba un tempo pensando onde estarían estas reliquias do pasado porque
sabía que pola casa andaban…de feito xa o mencionara nun dos comentarios. Pois
si que andaban…agachadiños no fondo do caixón que eu sospeitaba, chamémoslle o caixón nostalxia!
![]() |
O Hino Galego en papel cartulina tamén viña na bandexa |
Qué bueno Charo!!! Me acuerdo perfectamente de esa bandeja,anduvo por casa hasta no hace muchos años.Gracias por compartir las fotos y por tus acertados comentarios.
ResponderEliminarQue tal, Teresa?
ResponderEliminarEstou segura de que estas fotos van axudar a refrescar a memoria de moitos.
Foi unha sorte atopar estas reliquias despois de tantísimos anos e podelas compartir con todos!
Unha aperta!
Què buenos recuerdos los de esos carnavales de tunas!!! Cómo disfrutamos!!! Gracias a qien haya compartido las fotos, yo no tengo ninguna de la tuna.
ResponderEliminar