Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



Música no máis alá



Desde este blog queremos facer unha homenaxe de despedida a Manuel Lorenzo, coñecido por todos nós como Sr. Manolo “O Pinchudo”, quen dirixiu a banda infantil de Taragoña nos últimos anos da década dos 80 e que nos deixou o día de hoxe.
D.E.P.


2 comentarios:

  1. É unha nova moi triste. Sinto moito non ter asistido ao enterro pero, cando o souben, xa era tarde. O Sr. Manolo foi un gran mestre para moit@s de nós e lembrarémolo sempre.

    ResponderEliminar
  2. Grazas Miguel polo teu comentario. Sen dúbida todos o recordaremos polo excelente músico que foi e por formar parte da historia da banda de Taragoña.
    Un saúdo!

    ResponderEliminar