Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



Imos de homenaxe!

ANUNCIO



Un saúdo a todos!
Queremos comentar que fomos invitados a participar nunha homenaxe que a asociación BARBANTIA lle fai facer ó profesor José España Lorenzo. Comentáronlles a algúns dos compañeiros da banda infantil de Taragoña se se podería reunir a compoñentes desta nosa banda para tocar unhas pezas o vindeiro día 22 de novembro nun acto que se vai celebrar en Casa Pachín ás 8 da noite. A verdade é que xa vedes que foi todo notificado con moi pouca antelación.

Desde este blog dirixímonos a todos os que un día foron músicos da nosa banda para que saibades desta homenaxe, non queremos que ninguén quede sen saber sobre esta noticia.

Os que queiran vir tocar este día 22, xa sabedes, sodes benvidos como sempre. Hoxe xoves 17 tivemos un ensaio-reunión ás 5 da tarde nos locais do Centro Cultural de Taragoña e haberá outro ensaio o luns día 21 ás 7 e media da tarde neste mesmo local.

As pezas que se planea tocar son:
Ponteareas
Churrusqueira
Lugo-Ferrol

Será un pracer contar con todos aqueles que estean interesados en participar neste acto.

Unha aperta agarimosa a todos!


Engadimos unhas fotos dos días de ensaio.
O caixón das partituras que nos acompañou a todas partes, e que tamén facía de palestra, hoxe pousado no salón de actos no local do CCD.

No hay comentarios:

Publicar un comentario