Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



46º Aniversario

Un saúdo a todos os nosos seguidores. Volvemos para recordar.

Temos na memoria aquel 8 de decembro do 78, a presentación da nosa banda. Aqueles foron anos marabillosos que son recordados con moita nostalxia. O vello cine era o noso punto de reunión para os ensaios; eu recordo chegar da escola, merendar e coller o estuche co clarinete e saír disparada para Campos de Pazos, apenas paraba na casa!  Eu creo que para todos nós naqueles anos a vida xiraba principalmente en torno a aquel local e todos tiñamos unha ansia enorme de chegar alí canto antes para estar xuntos tanto para xogar como nas leccións de solfeo e logo no ensaio xeral, con descanso incluido, e nunca había presa por marchar para a casa. Así pasaron uns cantos anos da nosa vida musical: ensaios a moreas, actuacións e polo medio un montón de aventuras que nunca imos olvidar. Hai que ver a de rapaces e rapazas que nos xuntamos de todas as aldeas de Taragoña e incluso viñan doutras parroquias; naquel momento creouse un preciado vínculo entre nós e o resto xa é historia.



Meus compañeiros! Xa choveu desde os anos da banda!


Hoxe tamén fai 10 anos daquela reunión do 2013, outro día moi especial que supuxo unha xuntanza case xeral despois dos 36 anos desde o concerto inaugural.

O seguinte é o enlace das fotos daquel día:

https://bandainfantiltaragonha.blogspot.com/2013/12/fotos-8-decembro-2013.html

Grazas por visitar o noso blog.


Por Charo T.






No hay comentarios:

Publicar un comentario