Saúdos a todos!
Hoxe recordamos que é o 48º aniversario da banda infantil.
“A música é unha
forma de soñar xuntos e de ir a outra dimensión”.
Cecilia
Bartoli, mezzosoprano
Grazas por visitar o noso blog.
Charo T.
BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.
Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.
Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!
Saúdos a todos!
Hoxe recordamos que é o 48º aniversario da banda infantil.
“A música é unha
forma de soñar xuntos e de ir a outra dimensión”.
Cecilia
Bartoli, mezzosoprano
Grazas por visitar o noso blog.
Charo T.
Hoxe recordamos unha actuación en Portosín nos anos 80 para celebrar o día dos músicos.
Charo T.
Boas a todos os nosos seguidores no 47º aniversario da nosa banda infantil.
Que fermoso capítulo da vida o noso paso pola banda!
Para cada un de nós foi unha experiencia única e penso que embarcarse
nesta aventura resultou ser do máis positivo e beneficioso
para as nosas vidas.
Para rematar por hoxe, aquí deixo unha cita sobre os recordos
e a música:
“Os nosos recordos da infancia son a miúdo
fragmentos,
breves momentos ou encontros, que
xuntos forman o álbum de recortes da nosa vida”.
Edith Eger
“En ocasións a música ten o poder de revivir os recordos con tal intensidade
que a un ata lle doe o corazón”.
Haruki Murakami
Grazas por visitar o noso blog.
Charo T.
Bo día da patrona dos músicos.
Hoxe volvemos ó pasado con esta foto de pasarrúas en Campos de Pazos. Había que ver canta vida lle dabamos a este currucho de Taragoña con aquel vai e ben de rapazada acudindo a diario ós nosos ensaios! Canta nostalxia...!
Un saúdo ós nosos seguidores. Grazas por visistar o noso blog.
Charo T.
Un saúdo a todos os nosos seguidores. Volvemos para recordar.
Temos na memoria aquel 8 de decembro do 78, a presentación da nosa banda. Aqueles foron anos marabillosos que son recordados con moita nostalxia. O vello cine era o noso punto de reunión para os ensaios; eu recordo chegar da escola, merendar e coller o estuche co clarinete e saír disparada para Campos de Pazos, apenas paraba na casa! Eu creo que para todos nós naqueles anos a vida xiraba principalmente en torno a aquel local e todos tiñamos unha ansia enorme de chegar alí canto antes para estar xuntos tanto para xogar como nas leccións de solfeo e logo no ensaio xeral, con descanso incluido, e nunca había presa por marchar para a casa. Así pasaron uns cantos anos da nosa vida musical: ensaios a moreas, actuacións e polo medio un montón de aventuras que nunca imos olvidar. Hai que ver a de rapaces e rapazas que nos xuntamos de todas as aldeas de Taragoña e incluso viñan doutras parroquias; naquel momento creouse un preciado vínculo entre nós e o resto xa é historia.
Meus compañeiros! Xa choveu desde os anos da banda!
Hoxe tamén fai 10 anos daquela reunión do 2013, outro día moi especial que supuxo unha xuntanza case xeral despois dos 36 anos desde o concerto inaugural.
O seguinte é o enlace das fotos daquel día:
https://bandainfantiltaragonha.blogspot.com/2013/12/fotos-8-decembro-2013.html
Grazas por visitar o noso blog.
Por Charo T.
Hoxe é un día triste para a música pois
deixóunos Paco o Lorcho, para min meu tío Paco, quen formou parte moi
importante na historia da nosa banda e quedará na nosa memoria como un músico
grande, membro da mítica familia dos Pinchudos.
Toda unha vida dedicada á música, sempre cun sorriso; cantos momentos todos xuntos rodando de pobo en pobo e cantas anécdotas no camiño.
![]() |
| No ano 1980 dirixindo o festival de zarzuela. |
![]() |
| Dirixindo na reunión do 2013. |
![]() |
| No 40º aniversario da banda, ano 2017. |
Un saúdo no 45º aniversario da banda infantil de Taragoña.
Grazas por recordar con nós e por visitar o noso blog.
Hoxe é Santa Cecilia a patrona dos músicos.
Aquí vos deixamos unha foto dos anos 80 tocando en Campos de Pazos diante do Centro Cultural, o noso lugar de ensaio.
Un saúdo a todos os nosos seguidores. Grazas por visitar o noso blog.
Por Charo T.