Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!


17 febrero 2016

Tocata aquí e acolá

Saúdos a todos os que nos seguides. Hoxe presentamos unha recopilación de datas e lugares onde a banda actuou nos anos 1977- o ano da nosa presentación - 1978, 1979 e 1980. Como podedes ver a nosa axenda estaba completa. Cada un destes sitios tén unha historia que contar e por suposto, cada un de nós garda deles as súas impresións particulares; eu asegúrovos que así como  ía lendo estes nomes, víñanme á cabeza situacións diversas e recordos, algúns xa un pouco mezclados despois de tantos anos.

Gustaríame reunirme con algúns dos compañeiros e a ver se entre todos nos imos acordando de detalliños que poderiamos compartir con vós.


Ben, amigos, por hoxe aquí vos quedan estas páxinas pero aínda quedan algunhas máis para outro día.
Unha aperta!

1977-1978
Ano 1977
8 decembro – CCD Taragoña, presentación
Ano 1978
6 xaneiro  - CCD Taragoña
31 xaneiro  - Aula de Cultura Santiago de Compostela-presentación oficial

14 febreiro – Liceo Marítimo Noia
28 abril – Auditorio Caixa Aforros, Vigo – na radio, programa de Xan das Canicas
21 maio – Vilagarcía
25 maio- Os Anxeles
28 maio – fábrica La onza de Oro
31 maio – saída para Madrid para grabar en Prado del Rey
1 xuño  - grabación no programa “300 Millones”
3 xuño – colexio de Rianxo
11 xuño – Asados
16 xullo – Mondariz
10 agosto -  Villozás
14 agosto – Pontevedra (A Peregrina)
16 agosto – Ponteareas
19 agosto – A Coruña

1979

Ano 1979
10 marzo – Carballiño
13 maio – Praza touros Noia
17 maio – Rianxo (Día das letras galegas)
14 xuño – procesión en Noia
24 xuño – Calo pola mañán, Lousame pola tarde
15 xuño – Camos (Vigo)
16 xuño – Noia
19 xullo – festas de Taragoña
25 xullo – Póboa do Caramiñal
26 xullo – Arteixo
29 xullo – Toutón (Mondariz)
30 xullo – Santiago
5, 6 agosto – Rúa Petín (Ourense)

11 agosto – Bandeira
12 agosto – Bertamiráns
14 agosto – Os Castros (A Coruña)
17 agosto – Portonovo
19 agosto - Portosín
20 agosto – Betanzos

26 agosto – Noia
2 setembro – Covelo
8, 9 setembro – Muxía
19 setembro – Oviedo (Asturias)

1980 páxina 1
1980 páxina 2

Ano 1980
5 xaneiro – Escarabote
4 abril – Fisterra
9 maio – San Miguel de Deiro
31 maio – Colexio Rianxo
24 xuño – Poio (Pontevedra)

27 xuño – Festival de zarzuela en CCD Taragoña
Toca orquesta de festival:
Piano: Prudencio
Clarinetes: Dolores, Charo, Roberto
Saxos: Redondo, Jesús, José Vicente
Trompetas: Charly, Ché, Pani
Trombóns: Bandín, Carlos, Ángel
Caixa: Juan Antonio
Flauta: Joaquín
Cantaron coro de rapazas e Juanjo

15 xullo – 2º festival de zarzuela

20 xullo – Vilaxoán
26 xullo – Cesantes (Pontevedra)
3 agosto – Portosín
4 agosto – As Ermitas
6 agosto – San Salvador de Meis
7 agosto – Illa de Arousa
9 agosto – Piñeiro (Bandeira)
10 agosto – Pontevedra (A Peregrina)
14 agosto – Betanzos
15 agosto – Cee
16 agosto – Viana do Bolo (Ourense)
17 agosto – Rábade (Lugo)
24 agosto – Teo (Pontevea)
25 agosto – Chantada (Lugo)
26 agosto – Noia
30 agosto – Parque Sta. Margarita (A Coruña)
31 agosto – Viascón (Pontevedra)
19 setembro – Oviedo (Asturias)

11 outubro – Santiago
12 outubro – O Grove
23 novembro – Festival en honor a Santa Cecilia; banda de música e orquesta Gran Parada en CCD Taragoña
19 decembro – banda de música e coro de Noia en Liceo de Noia
22 decembro – banda de música e orquesta Gran Parada en Noia

No hay comentarios:

Publicar un comentario