Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



Volvemos

Moi boas de novo!
Seguimos dando un recorrido pola nosa historia, hoxe imos ver unha lista detallada das nosas actuacións nos anos 1981 e 1982. Foi neste ano 1982 que o noso director Prudencio Romo fixo posible que a banda acompañase nunhas cantas galas ó "renacido" grupo Los Tamara con Paco Montero como cantante e tamén con Pucho Boedo en "VOLVENDO", o último disco que grabou co grupo. Un ano para recordar! Foi un pracer coñecer e poder actuar con todos os compoñentes deste grupo e co mítico Pucho Boedo, quen xa nesta época estaba sendo moi azotado pola súa devastadora enfermidade.

Aquí vos deixo para que deades un paseo a través do tempo.
Saúdos!

Ano 1981
5 xaneiro – Betanzos
14 febreiro – grabación de disco no Liceo de Noia
O noso disco

17 abril – Fisterra
1 maio – Rianxo
9 maio – San Miguel de Deiro
17 maio – CCD Taragoña
18 xuño – Ribeira
24 xuño – Touro
26 xuño – Carballo
4 xullo – Sobrado do Obispo (Ourense)
19 xullo – O Grove
25 xullo – Alvarellos (Ourense)
27 xullo – Santiago de Compostela
28 xullo – Santa Marta de Ortigueira
29 xullo – Cacheiras
2 agosto – Trabanca (Vilagarcía)
7 agosto – Maceda (Ourense)
8 agosto – Vilanova de Arousa
9 agosto – András (Pontevedra)
15 agosto – Beluso (Bueu)
16 agosto – Rianxo
23 agosto – Cela (Bueu)
24 agosto – Cariño
26 agosto – Noia
5 setembro – Palmeira
6 setembro – Ardán (Pontevedra)
8, 9 setembro – Muxía
17 outubro - Mondoñedo

1981 páxina 1

1981 páxina 2

Ano 1982
25 abril – San Lourenzo de Meis
1 maio – Marín
29 maio – Colexio Rianxo
30 maio – Vila de Cruces
6 xuño – Valga (Carracedo)

24 xuño – Banda orquesta, Los Tamara, Paco Montero e Pucho Boedo en Crespo (Ourense)
26 xuño – Banda orquesta, Los Tamara, Paco Montero e Pucho Boedo en CCD Taragoña
30 xuño – Banda orquesta, Los Tamara e Paco Montero en San Pedro de Moreiras (Ourense)
10 xullo – banda de música pola mañán en Abanqueiro / Banda orquesta, Los Tamara, Paco Montero e Pucho Boedo en Ventraces (Ourense)

16 xullo – Corme
17 xullo – Arzúa
24 xullo – Cerdedo
30 xullo – Banda orquesta, Los Tamara, Paco Montero e Pucho Boedo en Noia
1 agosto – Araño
6 agosto – Taragoña
7 agosto – Saiar (Caldas)
8 agosto – Cerneira (Valga)
15 agosto – Caldas
16 agosto – Cuntis
17 agosto – Laxe
22 agosto – Mourente (Pontevedra)
26 agosto – Sanxenxo
27 agosto – Banda orquesta, Los Tamara, Paco Montero e Pucho Boedo en Maside (Ourense)
28 agosto – Luou
29 agosto – Lourenzá (Lugo)
5 setembro – San Clemente (Caldas)
9 setembro – Ferreira (Val do Ouro, Lugo)
11 setembro – Banda orquesta, Los Tamara, Paco Montero e Pucho Boedo en Bande (Ourense)
12 setembro – Samieira (Pontevedra)
13 setembro – Ponteceso
19 setembro – Meaño (Cambados)
28 setembro – San Roquiño (Lousame)
9 outubro – Bandeira
19 outubro – A Coruña (mitín de Fraga)
18 decembro – Banda orquesta toca en Palmeira
23 decembro – Banda orquesta toca en Noia

1982 páxina 1


1982 páxina 2

1982 páxina 3, de puño e letra dunha servidora. Eu supoño que quixen deixar constancia destas datas e gardalas para o recordo e hoxe alégrome de telo feito, así podemos compartilas nesta páxina. E digo isto, porque xa o resto das páxinas que teño están todas escritas por min, igualiño que esta. Seguiremos compartindo!


Agora aquí deixamos de novo un vídeo da historia da nosa banda coa voz do grande Pucho Boedo como tema musical. Disfrutádeo!




No hay comentarios:

Publicar un comentario