Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



Ventos de cambio

Un saúdo para todos os nosos seguidores. Hoxe imos continuar co ano 1983 onde xa se poden ver unha maioría de actuacións como orquesta e xa menos como banda de música porque foi nesta etapa na que xurde a orquesta AMALGAMA. Esta orquesta fórmase cos membros da banda e fai a súa presentación en Taragoña no campo de fútbol o día vinte de maio deste ano 1983. As orquestas empezaron a atraer máis que tocar nunha banda, así que esta iráse formando de novo pouco a pouco cunha nova xeración de músicos. Os músicos fundadores da banda infantil estarán agora incorporados en distintas orquestas e seguirán outra andadura musical. Algúns que non fomos nas orquestas máis que nunhas cantas actuacións, como unha servidora, seguiremos coa 2ª xeración de músicos por un tempo; naqueles días chamabámoslle a "banda dos pequenos" porque nós xa tiñamos uns aniños máis e éramos os pioneiros no asunto.

Foi unha longa historia a nosa, foron uns anos de aprendizaxe e deleite inmenso. Desta banda é un orgullo poder dicir que saíron músicos de tallaxe inmesurable que fixeron da música o seu medio de vida. Esperamos que sigan a deleitarnos coas súas melodías  por moitos anos.

Para min o mundo da banda de música acabou un bo día sen sequera saber cando; foi simplemente que a vida me levou por outros camiños, supoño. O mesmo lles pasou a algún dos compañeiros e compañeiras. Cando no ano 2013 nos reuniron para tocar xuntos de novo, foi un soño feito realidade! Algúen dixo por aí que os soños non se cumpren? Eu dígovos que SI!


Aquí vai a andadura no ano 1983.

5 xaneiro – A Coruña
1 abril – Noia
14 maio – Noia
15 maio – Taragoña

20 maio – presentación de AMALGAMA no campo de fútbol de Taragoña

Esta é unha foto orixinal dos clarinetes que fora sacada para os afiches da orquesta AMALGAMA. Tívena gardada moitos anos e agora paréceme o momento ideal para compartir.
21 maio – banda toca en Asados
22 maio – banda en Carballeda de Avia (Ourense)
10 xuño – orquesta en Rianxo
14 xuño – orquesta en Membibre
19 xuño – orquesta en Boiro (Sala de festas)
25 xuño – orquesta en CCD Taragoña
26 xuño  - banda en Leiro pola mañán e orquesta pola noite
3 xullo – orquesta Amagama en Rarís (Santiago)
4 xullo – banda en Hio (Cangas)
6 xullo – banda en Boiro
10 xullo – en Negreira, banda pola mañán e orquesta pola noite
12 xullo – Allariz (Ourense), banda pola mañán e orquesta pola noite
15, 16 xullo – orquesta en Cangas de Narcea (Asturias)
18 xullo orquesta toca en Taragoña
23 xullo – banda toca en Taragoña
24  e 26 xullo – banda toca en A Ponte (Ourense)
27 xullo – banda toca en Santiago
31 xullo – orquesta toca en Serra de Outes
3 agosto – banda en A Matanza
6 agosto – orquesta en Arnoia (Ourense)
7 agosto – orquesta en Asturias
8 agosto – orquesta en Póboa de Sanabria
9 de agosto – orquesta en Ribadavia
14 agosto – en Bandeira, banda pola mañán e orquesta pola noite
15 agosto – orquesta toca en Amoeiro
16 agosto – banda en Tomiño
17 agosto – orquesta en Santa María de Roo
20  agosto – orquesta toca en provincia de Ourense
27 agosto – banda e orquesta en Noia
31 agosto – orquesta en Foz
10 setembro – banda en Rianxo pola mañán, orquesta en Parada do Monte pola noite
11 setembro – banda toca en Laíño
18 setembro – orquesta en Mazaricos
2 outubro – orquesta en provincia de Ourense
26 novembro – banda en Abanqueiro pola mañán e en Rianxo pola tarde
27 novembro – banda toca no Centro Cultural Taragoña en honor a Santa Cecilia


















Presentamos tamén unhas fotos do tempos das orquestas; a maioría dos compoñentes proveñen todos da nosa banda de música.





Esperamos que vos guste recordar con nós. Grazas por visitar o noso blog! Un saúdo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario