Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!


02 abril 2016

Que fermoso é recordar!

Aínda que este blog naceu para dedicarllo á Banda Infantil de Taragoña, a estas alturas, por falta doutro material e xa que saíu a conto a formación da orquesta AMALGAMA, imos explicar un pouco sobre o tema e velaquí a razón de escoller este nome; disque se lle puxo por ser unha fusión de profesores con alumnos, de personas máis maiores mezcladas coa xuventude, e de diversas cordas musicais nun só grupo, que hai que dicilo todo, foi un grupo cunha cantidade enorme de músicos; vaia, diríase que toda a banda pasa a ser esta orquesta. Hai que mencionar que xa moitos outros compoñentes da banda marcharan para formar outras orquestas. Amalgama tamén foi unha fusión de colorido porque cada corda levabamos a roupa de actuar dunha cor e aquilo resultaba moi festivo no escenario, aquelas vestimentas dos 80 eran únicas! É unha pena que non teñamos ningunha foto durante algunha actuación, pero eu si atopei algo que vos teño como sorpresa. A ver se vos trae bos recordos!


Un saúdo a todos e grazas por visitar o noso blog!

Este foi o deseño que se elexira como cartel publicitario.

Aquí se ve o afiche aberto mostrando as fotos; recordo que foran sacadas no xardín de Pachín pero aínda non tiñamos os uniformes.

Agora déixovos unha versión das fotos en aumento que aínda que non teñen moi boa calidade merecen ser recordadas.
 









Na entrada anterior está a foto orixinal con máis calidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario