Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!


31 mayo 2017

Máis lembranzas!



Un saúdo a todos!
Xa pasaron uns meses desde a última entrada que se fixo no noso blog. Hoxe voltamos cun par de novas reliquias atopadas nun currucho da miña casa onde nin me imaxinaba que poideran estar. Un folleto é dun festival no CCD no mes de decembro (no 1981 parece que foi) no que cooperou a coral de Noia con nós; outro daqueles exitosos festivais que se celebraban a miúdo nos locais do centro cultural.




Tamén vos mostramos unha peza chamada “Canto de los remeros del Volga”; co profesor España fora cando a tocamos alá polo ano 1978; asociada a esta peza teño unha anécdota que lembro persoalmente; despois de tocar esta pequena obra nun pobo que xa non recordo o nome, non houbera nin unha sola alma que aplaudise! Imaxino que non lle gustou a ninguén e responderon desta maneira tan pouco amable. A verdade sexa dita, non foi unha peza moi adecuada para tocar nunha romería á hora do concerto matinal e, de feito, non se volveu a incluir no repertorio.



Agora tamén me veu á memoria un día que non había moita xente á hora dun concerto do mediodía pero por suposto, había que cumplir co contrato e tocar igualmente; a Prudencio ocorríraselle que podiamos aproveitar para ensaiar un pouco (creo que era “La del Soto del Parral”) porque total aínda que metésemos a pata nin se ían enterar; lembro que o pasara moi ben; este detalle quedoume grabado.

Fai un meses anunciouse que se faría unha homenaxe a Sr. Manolo o Pinchudo pero non chegou a formalizarse esta reunión. Se temos máis detalles no futuro, xa volo anunciaremos.

Isto é todo por hoxe. Grazas por visitar o noso blog. Unha aperta! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario