Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



1977-2017 40º aniversario

Un saúdo a todos!

Hoxe vimos de novo para recordar que o mes que ven cúmprese o 40º aniversario da banda infantil de Taragoña (1977-2017). Parece mentira que xa pasaran catro décadas desde que a nosa formación musical fora creada! Obviamente cambiaron moito as vidas de todos nós neste intervalo de tempo pero tamén dalgún xeito todo cambiou co nacemento deste blog, pois grazas a el pudemos volver a reconectar e recordar a fermosa historia da nosa banda e a inmensa cantidade de aventuras vividas ó longo da nosa andadura musical.

Algúns de nós, antigos compoñentes da banda, estivemos a falar que de se podería organizar un pequeno concerto e esperamos que se poda levar a cabo se a axenda dos músicos actuais o permite e se contamos coa cooperación de todos vós.

Desde aquí queremos facer un chamamento xeral, xa sabedes que todos sodes benvidos.


Xa iremos notificando das novas que vaian xurdindo. Grazas polo voso tempo e dedicación!


No hay comentarios:

Publicar un comentario