Banda Infantil de Taragoña

BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.

Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.

Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!



Anuncio ensaio 2017

Hoxe tivemos a reunión que anunciamos e aínda que moita xente non pudo asistir, xa confirmou a súa colaboración  e xa se pode programar un concerto... así que alá imos!

Determinamos ter o 1º ensaio o vindeiro domingo 19 de novembro no local do Centro Cultural ás 11 da mañán.

Estamos encantados de volver a tocar xuntos! Vémonos! Un saúdo a todos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario