Grazas por visitar o noso blog. Volveremos nos próximos días! Un saúdo!
Banda Infantil de Taragoña
BENVIDOS Ó BLOG DA BANDA DE MÚSICA INFANTIL DE TARAGOÑA! En primeiro lugar mandar un saúdo a todos os que un día formamos parte desta banda de música e un cariñoso recordo para os que tamén formaron parte de ela e desgraciadamente xa non se encontran entre nós.
Mediante este blog queremos reunir de novo á familia musical e a todas aquelas persoas que participaron no proxecto da súa creación e desenvolvemento. Queremos que sexa unha homenaxe a uns tempos de amistade, de unión e de traballo constante.
Esperamos que vos guste recordar con nós e que non nos esquezades no presente!

Anuncio ensaio 2017
Hoxe tivemos a reunión que anunciamos e aínda que moita xente non pudo asistir, xa confirmou a súa colaboración e xa se pode programar un concerto... así que alá imos!
Determinamos ter o 1º ensaio o vindeiro domingo 19 de novembro no local do Centro Cultural ás 11 da mañán.
Estamos encantados de volver a tocar xuntos! Vémonos! Un saúdo a todos!
Determinamos ter o 1º ensaio o vindeiro domingo 19 de novembro no local do Centro Cultural ás 11 da mañán.
Estamos encantados de volver a tocar xuntos! Vémonos! Un saúdo a todos!
1977-2017 40º aniversario
Un
saúdo a todos!
Hoxe vimos de novo para recordar que o mes
que ven cúmprese o 40º aniversario da banda infantil de Taragoña (1977-2017).
Parece mentira que xa pasaran catro décadas desde que a nosa formación musical
fora creada! Obviamente cambiaron moito as vidas de todos nós neste intervalo
de tempo pero tamén dalgún xeito todo cambiou co nacemento deste blog, pois
grazas a el pudemos volver a reconectar e recordar a fermosa historia da nosa
banda e a inmensa cantidade de aventuras vividas ó longo da nosa andadura
musical.
Algúns de nós, antigos compoñentes da banda,
estivemos a falar que de se podería organizar un pequeno concerto e esperamos
que se poda levar a cabo se a axenda dos músicos actuais o permite e se
contamos coa cooperación de todos vós.
Desde aquí queremos facer un chamamento
xeral, xa sabedes que todos sodes benvidos.
Xa iremos notificando das novas que vaian
xurdindo. Grazas polo voso tempo e dedicación!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)